A Nova Narrativa Galega: Renovación Literaria e Autores Clave
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,05 KB
A Nova Narrativa Galega: Un Movemento de Renovación Literaria
Aparece a Nova Narrativa Galega (NNG), un conxunto de obras escritas por autores noveis que transformaron profundamente a narrativa ao superaren os modelos establecidos pola Xeración Nós e polos autores realistas da posguerra. Procuraron a innovación temática, inspirándose en autores como Kafka.
Experiencias Comúns dos Autores da NNG
Os autores da NNG presentan experiencias comúns no plano persoal:
- Nacen despois da guerra e contan cunha canle editorial clave: Illa Nova.
- Posúen formación universitaria e coñecemento directo das correntes máis importantes da cultura europea.
- Militan no nacionalismo de esquerdas, organizado na clandestinidade.
Características Temáticas e Formais da NNG
No ámbito literario, as obras destes autores requiren dun lector activo disposto a afrontar as dificultades que a lectura lles presente. As súas características temáticas e formais inclúen:
- Historia: As obras case carecen de acción.
- Temas: Abordan a angustia e o illamento do ser humano; a violencia, a tensión nas relacións humanas, a morte e o sexo, que deixa de ser un tema tabú.
- Narrador: Domina o narrador en primeira persoa, centrado na introspección ou na análise detallada das cousas.
- Personaxes antiheroicos: Individuos problemáticos e desarraigados que mostran o absurdo existencial. Non son descritos nin caracterizados; o lector debe observar a súa conduta.
- Espazo: Fóxese de localizacións concretas e coñecidas. Predominan os espazos urbanos e os ambientes pechados e asfixiantes.
- Tempo: Rómpese a linealidade temporal e ralentízase o tempo do discurso fronte ao da historia.
Evolución da NNG e Autores Destacados
Gonzalo R. Mourullo
É autor de dúas obras inaugurais da NNG:
- Memorias de Tains: Obra composta por oito relatos de forma epistolar, relacionados entre si, pois presentan fragmentos da historia de Tains (aldea galega en decadencia).
Xosé Luis Méndez Ferrín
É un dos poetas das Festas Minervais. Entre as súas obras destacan:
- Percival e outras historias e O crepúsculo e as formigas: Abordan temas propios da NNG, como a angustia, a soidade ou a existencia.
- A partir da aparición de Percival, o autor crea un mundo imaxinario e mítico propio nas súas obras.
- Arrabaldo do norte: Nela abundan as descricións detalladas dunha xeografía urbana desolada. Con esta obra, pecha o primeiro ciclo da súa narrativa inscrita na NNG.
María Xosé Queizán
- A orella no buraco: Desenvolve tres situacións da vida da protagonista: en París, nun porto galego e nunha pequena aldea.
Carlos Casares
- Vento ferido: É un conxunto de relatos protagonizados por adolescentes que viven inmersos na soidade, na violencia e no pesimismo. Emprega como técnica o monólogo interior.
- Xoguetes para un tempo prohibido: Novela chea de elementos autobiográficos e construída en forma dunha longa analepse. Nesta obra xa comeza a afastarse do movemento.
Xohana Torres
- Adiós María: Aborda a problemática da integración ao mundo urbano dunha familia rural desde a perspectiva dunha adolescente (monólogo interior).