A Obra Narrativa de Castelao: Un Percorrido Polas Súas Pezas Clave

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,67 KB

Castelao: Unha Visión Profunda da Súa Obra Narrativa

A Narrativa de Castelao

A obra narrativa de Castelao é un piar fundamental da literatura galega do século XX, caracterizada pola súa orixinalidade, o seu profundo humanismo e a súa capacidade para mesturar o humor coa crítica social e a tenrura.

Un ollo de vidro (1922)

Publicado na colección Céltiga, este libro leva o subtítulo «Memorias dun esqueleto». No prólogo, Castelao diríxese ao lector explicando como atopou as memorias do esqueleto que veñen a continuación.

Son unha serie de secuencias narrativas unidas polo feito de estaren contadas por un mesmo narrador, o esqueleto, que lembra sucesos da súa vida pasada a dous colegas dun cemiterio urbano a través do seu ollo de vidro.

Destaca unha dose de tenrura no tratamento do tema de ultratumba que non se atopa, por exemplo, na obra de Risco.

A obra acaba prometendo unha nova entrega cun cemiterio rural como escenario. Para iso, o narrador leva o ollo de vidro a un amigo enterrado no adro dunha igrexa co mandado de que lle conte canto vexa.

Cousas (1926, 1929, 1934)

Cousas é un conxunto de prosas breves con ilustracións, publicadas con anterioridade na prensa. O primeiro libro apareceu en 1926 e a segunda colección en 1929. En 1934 publicouse unha edición que recolle as dúas anteriores.

A «cousa» constitúe a fórmula literaria máis orixinal e característica de Castelao; é unha fórmula literaria presente en toda a súa obra narrativa, ata o punto de que podemos explicar a estrutura de Un ollo de vidro, Retrincos e Os dous de sempre como «cousas» máis ou menos distendidas, xustapostas, coordinadas ou subordinadas, segundo o profesor Carballo Calero.

Exemplos de «Cousas»

  • O pai de Miguelino.
  • A Marquesiña.
  • Panchito.
  • O neno de manteiga... ¡Ai, mamaíña!
  • A nena que dicía fiúncho.

Retrincos (1934)

É unha colección de cinco contos que se nos presentan como autobiográficos e que recollen cinco momentos da vida de Castelao, ordenados cronoloxicamente:

  1. O segredo: Un gaucho morre na pulpería da Pampa e o pai pídelle que non lle diga nada á nai para non alarmala.
  2. O inglés: Un inglés fanfarrón que se burla del por debuxar barcos con moitas chemineas. Cando ocorre o desastre de Cuba, vólvese a burlar, e Castelao decide matalo, pero cando decide facelo queda durmido e o inglés xa marchara ao espertar.
  3. Peito de Lobo: Castelao, estudante, fai un cabezudo que representa a cara dun mariñeiro «cunha espiña na cara», que se alporiza ao recoñecerse na reprodución e quere vingar a aldraxe. Co tempo, foise amigando con Castelao, e o vello foi avellentando ao tempo que o cabezudo de latón se ía deteriorando.
  4. O retrato: Chaman a Castelao para acudir a un neno moribundo; el cre que o chaman para actuar como médico e ao final o que quere o pai é que o inmortalice nun retrato antes de que morra. Fai un retrato realista, e ao pai non lle gusta, e pídelle que lle faga outro rindo. Ao final, fai un retrato imaxinario do neno sorrinte e cheo de saúde. Ao saír pola porta, morre o neno, e desde aquela o pai dicía que o que lle morrera era o fillo máis guapo e mostráballes a todos o retrato.

Entradas relacionadas: