Obras Fundamentais da Literatura Galega Contemporánea
Clasificado en Español
Escrito el en
español con un tamaño de 3,69 KB
Eduardo Blanco Amor – A esmorgaEsta obra presenta unha historia de carácter realista ambientada en Auria, representación literaria da cidade de Ourense. O tema principal adoita ser a marxinación social, a violencia e a degradación moral dos personaxes, así como a denuncia da sociedade e da brutalidade das forzás da orde. A narración aparece en primeira persoa a través de Cibrán, que relata os feitos nunha declaración ante un xuíz. A obra estrutúrase como unha fita magnetofónica na que só coñecemos as respostas do protagonista, mentres que as preguntas do xuíz se deducen. Emprega unha linguaxe popular e coloquial que achega Realismo á narración e reflicte a fala da xente común./ Ánxel Fole – Á lus do candilOs relatos de Ánxel Fole sitúanse normalmente na Galicia rural, especialmente nas montañas luguesas. O autor recrea a vida, as crenzas e as tradicións populares, incorporando elementos de misterio, medo e lendas da cultura galega, como a Santa Compaña ou tesouros agochados. A técnica narrativa baséase na tradición oral, polo que os contos producen unha sensación de oralidade, como se fosen historias contadas arredor da lareira. Ademáis, emprega a narración enmarcada, é dicir, historias dentro doutras historias. A linguaxe reproduce a fala popular da zona e combina Realismo con elementos fantásticos e humorísticos. Carlos Casares – Ventó feridoEsta obra está formada por relatos breves que presentan situacións cotíás nas que aparece a violencia ou a crueldade humana. Moitas veces os protagonistas son nenos ou adolescentes que viven experiencias duras ou traumáticas. A narración adoita realizarse en primeira persoa, cun estilo sinxelo, directo e moi expresivo. O ambiente é realista e os relatos adoitan rematar cun final impactante ou tráxico que provoca unha forte impresión no lector. Xosé Luís Méndez Ferrín – O crepúsculo e as formigasFerrín é un dos autores máis representativos da Nova Narrativa Galega, movemento que pretende renovar a narrativa mediante a incorporación de novas técnicas e temas. Nas súas obras aparecen personaxes marxinais, antiheroes ou individuos desorientados que viven en ambientes sórdidos ou claustrofóbicos. Ademáis, é frecuente a presenza do mundo interior e do subconsciente dos personaxes. A narración pode romper a orde temporal tradicional e empregar técnicas experimentáis influenciadas pola literatura europea e americana. Álvaro Cunqueiro – Merlín e familiaA narrativa de Cunqueiro carácterízase pola mestura entre realidade e fantasía. O autor recupera personaxes da tradición literaria universal, como o mago Merlín, e trasládaos a escenarios galegos, producindo unha galeguización destes mitos. As súas historias adoitan incluír relatos dentro doutros relatos e combinan elementos da tradición culta coa cultura popular. Ademáis, o ton humorístico e imaxinativo é unha das carácterísticas principais da súa obra, escrita cunha linguaxe sinxela e fluída. Xosé Neira Vilas – Memorias dun neno labregoEsta obra presenta unha visión da Galicia rural da posguerra a través dos ollos dun neno, Balbino. O tema principal é a vida dura no campo, marcada pola pobreza, as desigualdades sociais e a falta de oportunidades. A narración ten un carácter social e autobiográfico, xa que recrea experiencias da infancia no medio rural. O estilo é sinxelo e emotivo, e o uso dun narrador infantil permite mostrar a realidade desde unha perspectiva inocente pero crítica.