A Orixe da Lingua Galega: Do Latín Vulgar á Romanización da Gallaecia

Clasificado en Latín

Escrito el en español con un tamaño de 2,62 KB

Orixe e Formación da Lingua Galega

A lingua galega é o resultado da evolución no noroeste da Península Ibérica do latín que foi traído polos romanos nos séculos II e I a. C. Non se trataba do latín culto utilizado na literatura, senón do latín vulgar falado polos lexionarios, os funcionarios, os comerciantes e os colonos, a poboación que serviu de axente fundamental da romanización no noso territorio.

Esta área adquiriu o status de provincia romana co nome de Gallaecia durante o reinado do emperador Diocleciano (284-305), e abranguía, ademais de Galicia, todo o norte de Portugal até o río Douro e as provincias de Asturias, León e Zamora.

As Linguas de Substrato Prerromano

Antes da chegada dos romanos, habitaban este territorio pobos de orixe indoeuropea, entre eles, os celtas, que se organizaban en tribos e habitaban en castros ou citanias durante a etapa denominada como cultura castrexa.

Estes pobos vivían da agricultura, a pesca e a gandaría, e descoñecían a moeda e a escritura. Ao falaren linguas ágrafas, calquera testemuño directo destas linguas perdeuse por completo durante o proceso de romanización. A romanización supuxo a asimilación por parte destes pobos da cultura e os costumes dos romanos, así como a substitución das súas linguas polo latín.

Definición e Influencia do Substrato Prerromano

O substrato prerromano é o conxunto de trazos que deixaron as linguas autóctonas prerromanas no latín vulgar que se falaba na Gallaecia. Estes vestixios deixaron rastros significativos na:

  • Toponimia: nomes de lugares.
  • Léxico: palabras relacionadas con plantas, accidentes xeográficos e a vida cotiá e a natureza.

O Latín como Lingua de Estrato na Gallaecia

As tribos castrexas caracterizáronse nun primeiro momento por unha aberta hostilidade contra os invasores romanos. Mais, dende o momento en que o emperador Augusto completa a conquista definitiva de toda a Hispania no ano 29 d.C., a poboación indíxena comezou a manifestar gradualmente o seu desexo de se asimilar á cultura romana.

Este lento e profundo proceso de asunción dos costumes e o modo de vida romano recibe o nome de romanización.

Co tempo, o latín adquiriu o status de lingua de prestixio, e apareceron as primeiras inscricións latinas na Gallaecia. A partir do século III, prodúcese a definitiva imposición do latín como lingua dominante na rexión.

Entradas relacionadas: