A Orixe do Nacionalismo Galego no Discurso de Manuel Murguía (1886)

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,05 KB

O Discurso de Manuel Murguía e o Xurdimento do Nacionalismo Galego (1886)

O documento que comentaremos é o discurso pronunciado por Manuel Murguía no certame literario de Pontevedra o 2 de agosto de 1886.

Contexto Histórico: Nacionalismo e Rexionalismo

O discurso fai referencia ao nacionalismo galego durante o reinado de Alfonso XII (1875-1885). O nacionalismo foi un movemento que xurdiu ao longo do século XIX en Europa a partir do Romanticismo e o Liberalismo, que reivindican unha organización política propia para cada nación. No caso galego, pretendían unha secesión dun estado que xa existe.

Motivacións e Diversidade Lingüística

Os nacionalismos están motivados, entre outras razóns, pola gran diversidade cultural e lingüística en España. Como di o texto na liña 7, faise referencia ao galego, lingua que convive co castelán xunto co catalán e o vasco.

O texto sinala: "millón e medio que só fala galego". A maior parte da poboación galega dese momento só falaba galego, debido ao pouco coñecemento e a ter unha poboación analfabeta na súa maioría.

Desenvolvemento Político en España

Os nacionalismos desenvólvense en España xunto cos rexionalismos e xorden como reacción ao proceso do Estado liberal e o proceso de centralización do poder.

Xa durante o Sexenio Democrático comezouse a cuestionar o modelo centralista, chegando a implantarse incluso a República Federal, pero será despois, durante a Restauración, cando os nacionalismos collen impulso.

  • 1840: Comeza en Galicia para reivindicar as necesidades desta.
  • Anos 60: Continúa, revitalizando o galego.
  • 1880: Destaca o xurdir do Rexionalismo, que terá dúas tendencias principais:
  1. A liberal-democrática, defendida por Murguía, de base social-urbana.
  2. A tradicionalista e conservadora, defendida por Alfredo Brañas.

Impacto Posterior e a Cuestión Nacional

Os nacionalismos, ou tamén chamados a "cuestión nacional", irán medrando en importancia sobre todo a partir do Desastre do 98, aínda que Cataluña será o territorio que conte con maior presenza destas novas formas políticas capaces de enfrontarse aos partidos do turnismo.

Á súa vez, a preocupación do exército irá medrando, sendo un dos factores que levará ao golpe de estado de 1936.

Conclusión

En conclusión, o discurso fala do movemento nacionalista galego, movemento que, xunto aos demais (País Vasco, Cataluña e despois Valencia), pretendía unha organización política propia para cada nación. O documento fálanos da diversidade lingüística que existe en España e a necesidade de cultivar a lingua.

Entradas relacionadas: