Orixes da Lingua Galega e Literatura Medieval

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 12,7 KB

Orixes e Influencias da Lingua Galega

Indoeuropeo

Indoeuropeo: linguas paraceltas: ano 800 a.C. berce, billa, galego. As linguas celtas: cabana, páramo.

Latín

O galego deriva do latín vulgar, que se estendeu por outras zonas do Imperio Romano. Isto, engadido a trazos das linguas existentes previamente no territorio, desenvolveu unha variedade peculiar do latín da que derivaría o galego. Gallaecia foi conquistada lenta e tardiamente, estaba moi afastada de Roma. Isto provoca que o galego presente, no conxunto das linguas romances, trazos conservadores, é dicir, máis achegados ao latín.

Superestrato

Superestrato: trazos que deixaron a lingua dos pobos que conquistaron este territorio trala caída do Imperio Romano:

  • Xermánico: suevos e visigodos (s. V e VI). Os ámbitos aos que se refire este léxico son:
    • Vida militar (guerra)
    • Natureza (manso, laverca)
    • Topónimos (Allariz)
    • Antropónimos (Alicia, Carlos)
  • Árabe: entrou na península no 711, pero en Galicia os asentamentos foron pouco duradeiros. A maioría do léxico árabe entrou no galego a través do castelán e portugués:
    • Agricultura (aceite, laranxa)
    • Construción (alicerce)
    • Vida doméstica (alcoba)
    • Vida militar (alférez)
    • Topónimos (Alfoz, Rábade)

Léxico Galego

Palabras patrimoniais (populares), cultismos e semicultismos: palabras patrimoniais son aquelas que forman parte do léxico do galego desde os primeiros momentos de formación da lingua (s. VIII) e aquelas derivadas e compostas directamente delas.

As palabras experimentaron cambios fonéticos que se produciron no paso do latín ao galego:

  • Perda do -N- intervocálico: luna/lua.
  • Perda do -L- intervocálico: caelu/ceo.
  • Palatalización de grupos consonánticos: PL-, FL-, CL-: flamma/chama, plenu/cheo, clave/chave.

Verbos

Indicativo

  • Presente (vivo)
  • Pretérito perfecto (vivín)
  • Copretérito ou pretérito imperfecto (vivía)
  • Antepretérito ou pretérito pluscuamperfecto (vivira)
  • Futuro (vivirei)
  • Pospretérito ou condicional (viviría)

Subxuntivo

  • Presente (el viva)
  • Pretérito (se vivises)
  • Futuro (se viñerdes)

Lírica Medieval Galego-Portuguesa

Cantiga de Amor

Orixe

Provén da cançó provenzal, manifestada por algúns dos nosos trobadores. Unha proba desta influencia na propia lingua dos poetas nestas composicións amosa un gran número de provenzalismos: sen (por sentido ou siso), cor (corazón), prez (prezo/valía), grez (grave/difícil).

O ideal do amor cortés que domina as cantigas de amor é tamén de orixe provenzal. Este baseábase na concepción do amor como servizo, o cal determinaba o comportamento sentimental na relación home-muller: o home como namorado estaba sometido á súa namorada coma un vasalo ao seu señor.

O amor cortés impón ao namorado unha serie de requisitos:

  • Mesura (trato respectuoso e delicado á amada)
  • Discreción (prohibición de divulgar o nome da dama, normalmente casada)
  • Largueza (xenerosidade)

Este preséntase como un sentimento frustrado, pola non correspondencia da dama no amor ou polo seu carácter inacesible. Como consecuencia chega a coita de amor, sufrimento do que o máximo expoñente é a morte.

Graos de aproximación á dama

  • Fenhedor (suspirante, limítase a suspirar pola amada, sen dirixirse a ela).
  • Precador (suplicante, atrévese a dirixirse á dama probando o seu amor).
  • Entendedor (aceptado, é correspondido no amor pola dama).
  • Drudo (amante, convértense en amantes físicos).

Voz poética

Voz en primeira persoa masculina, o home expón a súa coita amorosa por unha muller. A palabra senhor, con que se fai referencia á amada, adoita aparecer nos primeiros versos destas cantigas, converténdose na mellor marca do xénero.

Interlocutores

O destinatario é a dama, senhor, mais aínda que apareza este vocativo algunhas veces o namorado diríxese a un auditorio indeterminado, a amigos, a Deus ou ao amor.

Campos sémicos

  • Loanza da dama: aparece na primeira parte da cantiga.
    • Eloxio da beleza física: caracterización abstracta, fremosa senhor, bon parecer...
    • Eloxio da beleza moral: vai en función de cualidades como a bondade (boa, valor, prez) e a intelixencia e educación (razón, sabedora, mesurada, mansa, ben falar).
  • Amor do poeta: maniféstase a través de enunciados ao longo da composición: amar muito, querer ben, amor...
  • Campo sémico da reserva da dama: ofrece unha gama de realizacións variada. O segredo, a prudencia e a discreción presiden a relación de amor: mesura, razón, non dicir, desmesura...
  • A prohibición de vela ou de falarlle imposta pola dama ao poeta: alongar, mandar ir, facer partir...
  • O rexeitamento, a despreocupación pola sorte do namorado, a indiferenza: ser sañuda, irse, desamar, non lembrar...
  • A Coita de amor: é un campo sémico cunha gran coherencia e unidade no que se presentan diferentes graos de sufrimento por amor: o pranto, loucura ou morte por amor (coita, dor, penar, chorar...).

Clasificación

Presenza de Refrán
  • Cantigas de refrán: presenta versos que se repiten en todas as estrofas, decote no seu final. Estes versos constitúen o refrán. Son composicións próximas polos seus elementos reiterativos e paralelísticos.
  • Cantiga de mestría: non ten refrán, está composta por varias estrofas de 6 ou 7 versos. A influencia provenzal é maior, xúntanse os recursos estilísticos.
Distribución da Rima
  • Cobras unisonantes: repiten as mesmas rimas en idéntica distribución en todas as estrofas.
  • Cobras singulares: rimas diferentes na mesma distribución para cada estrofa.
  • Cobras dobras: repiten as mesmas rimas en idéntica distribución cada dúas estrofas.
  • Cobras alternas: repiten unha mesma combinación de rimas para as estrofas pares e outra para as impares.

Recursos

  • Dobre: repetición dunha palabra ou grupo en posicións simétricas dunha estrofa.
  • Mordobre: repite en posicións simétricas o mesmo lexema con variacións nos afixos ou nos morfemas.
  • Finda: versos finais que se sitúan ao remate da cantiga a xeito de conclusión. Nas cantigas de refrán, mantén a mesma rima que aparece no refrán. Nas cantigas de mestría segue a rima da derradeira estrofa.

Cantiga de Escarnio e Maldicir

  • Cantigas de escarnio: é unha sátira encuberta, empréganse os dobres sentidos, eufemismos, a ironía.
  • Cantiga de maldicir: ataque directo cunha linguaxe clara e sen ironía. As palabras non teñen interpretacións ambiguas, o trobador chama ás cousas polo seu nome.

Campos sémicos

  • Aldraxe: articulase en diferentes series léxicas.
  • Alimentario: ridiculiza a miseria e a avaricia que presiden a mesa dalgúns tipos sociais.
  • Polémica social: un dos campos sémicos máis complexos e articulados da poesía satírica e implica todos os sectores e grupos sociais.
  • Sexual: definido por dúas series léxicas: órganos sexuais e prácticas eróticas.

Clasificación

  • Sátira política: xorde a raíz dun suceso ou situación política concreta (comportamento cobarde dos soldados e cabaleiros nas guerras, tradicións e disputas...).
  • Sátira moral: expresa reflexións morais, poucas veces cun carácter xeral, conteñen recriminacións pola desaparición das antigas virtudes, abusos dos poderosos, corrupción...
  • Sátira social e persoal: o obxectivo é un determinado grupo social, o poeta adoita simbolizar nun individuo a todo o grupo: o infanzón representa a nobreza.
  • Sátira literaria: son moitos os escarnios que se dirixen mutuamente trobadores e xograres (escaseza de habilidade poética).

Recursos

  • Equívoco: utilización de palabras con dobre significado, o poeta emprega voces que ademais do seu sentido directo posúen outro, xeralmente obsceno.
  • Ironía: afirma o contrario do que se pensa, o trobador consegue enfatizar dun xeito xocoso unha determinada idea.

Xéneros Menores

Os xéneros menores son as modalidades da lírica medieval que foron cultivadas con menor asiduidade cos tres grandes xéneros (cantigas de amigo, amor, escarnio e maldicir).

Tipos de xéneros menores

  • Pastorela
  • Tenzón
  • O pranto
  • Cantiga de seguir

Pastorelas

Composición que relata o encontro dun cabaleiro cunha pastora nun lugar idílico.

Tenzón

Composición dialogada entre dous poetas que van defendendo estrofa a estrofa a súa opinión sobre un tema. Temas frecuentes: aldraxes dos xograres (crítica á súa pretensión de ser trobadores), afirmacións presuntuosas dos trobadores ou censura a distintas persoas.

Prantos

Cancións de dor e loanza a partir da morte dun persoeiro. Teñen unha estrutura común: lamento pola morte da persoa, loanza das virtudes do defunto e eloxio do sucesor do morto ou oración por el.

Cantigas de Santa Maria

  1. Número: 427
  2. Autoría: Rei Afonso X o Sabio, pero en realidade este monarca foi o coordinador dun equipo que el mesmo dirixiu, o equipo integrado por informantes, tradutores, poetas e músicos.
  3. Tipos de Cantigas: ordenación no Cancioneiro: cantigas narrativas e cantigas líricas. Cada 10 cantigas, as 9 primeiras son narrativas e a 10ª lírica.
  4. Diferenza entre os dous tipos de cantigas que diferenciamos: as cantigas narrativas relatan milagres da Virxe. As líricas son cancións de loanza a esta.

Prosa Galega Medieval

As nosas obras en prosa na época medieval son case todas traducións de obras doutras linguas. Débese a que nos primeiros séculos da Idade Media a prosa escribíase en latín. Cando as monarquías se interesaron por crear unha prosa na lingua nacional, Galicia estaba ligada á coroa de Castela, e non tiña corte propia.

Tipos de Prosa

  • Narrativa
  • Historiográfica
  • Haxiográfica
  • Xurídica
  • Didáctica

Ciclos Temáticos

  • Ciclo clásico (guerra de Troia: Crónica Troiana / Historia Troyana).
  • Ciclo artúrico ou materia de Bretaña (Arturo e cabaleiros da Táboa Redonda: Livro de Tristán / Merlín).

Características da Prosa Historiográfica

  • Valor propagandístico (case sempre encargadas por reis).
  • Introdución de elementos fantásticos con valor histórico (Crónica de Santa María Iria).

Temática da Prosa Haxiográfica e Xurídica

A prosa haxiográfica trata temas relixiosos. Temos traducións de textos xurídicos latinos, casteláns e franceses (Tratado de Albeitaría).

Entradas relacionadas: