Panorama da Literatura Galega Contemporánea: Poesía e Prosa do Século XX e XXI
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 11,92 KB
Modelo de Carta de Candidatura Profesional
Subject: Application for [Job Title] Position
Dear [Mr./Ms. Last Name] / Dear Hiring Manager,
I am writing to apply for the position of [Job Title], which I saw advertised on [where you found the job posting]. I am very interested in this opportunity and believe that my background and personal qualities make me a strong candidate for the role.
I have experience in [field or area of work], and I have developed skills in [relevant skills, e.g., communication, teamwork, organisation, etc.]. In addition, I have worked on [brief mention of relevant tasks, studies, volunteer work or projects], which helped me grow both personally and professionally.
I am highly motivated and enthusiastic about contributing to your team. I am eager to learn, take on new challenges and apply my knowledge in a practical setting. I also believe my positive attitude and commitment would be valuable to your organisation.
Thank you for considering my application. I would welcome the opportunity to speak with you in more detail and look forward to your reply.
Yours sincerely / Yours faithfully
[Your Name]
Email: [Your Email]
Phone: [Your Number]
Panorama da Literatura Galega Contemporánea
Poesía Galega dos Anos Oitenta: Autores e Tendencias
A poesía dos anos oitenta en Galicia marca unha ruptura coa estética socialrealista anterior, caracterizándose pola presenza de referencias culturais, a intertextualidade e unha gran atención á forma. Os poetas deste período exploran temas intimistas como o amor, a morte e a soidade, así como cuestións sociais e culturais, cun enfoque que inclúe a reflexión metaliteraria. A súa obra tamén se enriquece coa influencia doutras artes e ciencias, creando un discurso poético máis aberto e complexo.
- Xosé Luís Méndez Ferrín (obra clave: Con pólvora e magnolias, 1976).
- Arcadio López-Casanova (Mesteres).
- Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) é un poeta pertencente á xeración dos 80. A súa obra destaca polo rigor formal, a linguaxe coidada e complexa, a preferencia polo poema longo, a introspección e unha certa tendencia á narratividade. Nos seus versos trata temas como as vivencias persoais, a memoria familiar e cuestións sociais e políticas, como o horror do franquismo, a catástrofe do Prestige ou a guerra de Irak. En 2003 recompilou unha parte importante da súa produción no volume Ancoradoiro. Obra poética (1983-2003). Entre os seus libros posteriores destacan Vilar dos fillos (2004), Tempo do pai (2008) e A boca da galerna (2012). Ademais da poesía para adultos, cultivou a poesía infantil con obras como Lúa de pan (2002) e tamén desenvolveu creacións no ámbito da poesía visual.
- Manolo Rivas (A Coruña, 1957). Poeta, narrador e xornalista, inicia a súa obra poética con Libro do Entroido (1979) e destaca por unha linguaxe directa e versolibrista. Libros como Ningún cisne (1989), O pobo da noite (1996) ou Do descoñecido ao descoñecido (2003) ofrecen unha visión irónica e crítica da realidade. Desde A desaparición da neve (2009), en edición tetralingüe, a súa poesía toma novos vieiros, con obras como A boca da terra (2015), de ton ecoloxista, e O que fica fóra (2021), con poemas breves e incisivos.
- Alfonso Pexegueiro González foi unha figura clave na renovación da poesía galega, especialmente coa obra Seraogna (1976). Fundador do grupo Rompente e da AELG, a súa poesía rompe coa estética socialrealista e bebe das vangardas, empregando imaxes surrealistas, intertextualidade, collage e escrita automática. Destacan libros como Mar e naufraxio, Circos de auga, O pabellón das hortensias azuis, A illa das mulleres loucas e Blasfemias de silencio (2000), onde recolle parte da súa obra. O seu estilo é radical, anticonvencional e tamén intimista.
- Pilar Pallarés (Culleredo, 1957). No seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), combina poemas intimistas e sociais, seguindo a liña de autores como Luís Seoane e Celso Emilio. Con Sétima soidade (1984), rompe co socialrealismo e expresa un intimismo marcado pola soidade e o illamento. No Livro das devoracións (1996), aborda temas como o desamor, a soidade e a morte. En Tempo fósil (2018), reflicte sobre a perda da casa familiar e as paisaxes afectivas, obra pola que obtivo o Premio Nacional de Poesía en 2019.
- Lois Pereiro (1958-1996), tamén da xeración dos 80, é coñecido pola súa poesía rebelde, inconformista e expresionista. Obras como Poemas 1981/1991 (1992) e Poemas para unha loia (1997) abordan a enfermidade, a morte e a loita contra o poder.
- Miguel Anxo Fernán-Vello. A súa poesía, centrada en temas como o amor e a paisaxe, destaca polo rigor formal e a musicalidade. Obras como Seivas de amor e tránsito (1984) e Territorio da desaparición (2004) reflicten estas preocupacións.
- Ana Romaní (1962) destaca pola súa poesía intimista e feminista, con temas como o mar e a reivindicación do universo feminino. Obras como Palabra de mar (1987) e Love me tender (2005) abordan tamén a violencia machista e a crítica social.
- Xela Arias (1962-2003) coñecida pola súa poesía experimental e antipatriarcal. O seu primeiro libro, Denuncia do equilibrio (1986), e Intempériome (2003) exploran temas como a maternidade e a experimentación coa linguaxe. A súa obra foi reunida postumamente en 2018.
- Chus Pato (1955) é unha autora destacada pola súa poesía rupturista, feminista e política. Os seus primeiros libros, Urania (1991), Heloísa (1994) e Fascinio (1995), mesturan voces e rexistros multiculturais. Continuou a súa produción con obras como m-Talá (2000) e Charenton (2004), dentro dunha pentaloxía que se caracteriza pola súa escrita complexa e inconformista. A súa poesía é fragmentaria e require a colaboración do lector para desvelar os seus múltiples significados. Recibiu o Premio Nacional de Poesía 2024 por Sonora (2023).
Poesía Galega dos Anos Noventa: Novas Voces e Pluralidade Estética
Nos anos 90, o panorama poético galego experimenta unha gran dinamización, combinando a continuidade dos poetas da Xeración dos 80 cunha nova xeración de autores, os chamados "Poetas dos 90". Esta década destaca pola súa pluralidade estética, a eclosión de novos grupos e voces e a presenza activa de autoras que reivindican o feminino. A poesía destes anos reflicte unha mellora na forma e un maior enfoque no "intimismo da experiencia", utilizando linguaxe directa e coloquial. O versolibrismo e a experimentación son predominantes, mentres que tamén se aborda a poesía comprometida desde sensibilidades alternativas, como o feminismo ou o antimilitarismo. A relectura feminista de mitos e tradicións culturais tamén marca a poesía desta época.
- Olga Novo (Vilarmao, 1975) iniciou a súa traxectoria con A teta sobre o sol (1996), Nós nus (1997) e A cousa vermella (2004). A súa poética, complexa e transgresora, destaca polo feminismo e a súa visión da experiencia erótica e da natureza. En Cráter (2011), reflexiona sobre a infancia, a aldea e o proceso creativo. Feliz Idade (2020), galardoada co Premio Nacional de Poesía, evoca a memoria do seu pai falecido e a súa filla, explorando temas de identidade e cosmogonía familiar.
- Yolanda Castaño (Santiago, 1977) Comezou con Elevar as pálpebras (1995), seguido por Delicia (1998) e Vivimos no ciclo das erofanías (1998), explorando a sensualidade e o pracer. Con O libro da egoísta (2003), profundiza nas identidades e a beleza como máscara. A súa obra continúa evolucionando con títulos como Profundidade de campo (2007) e A segunda lingua (2014). Recentemente, publicou A falsa autónoma (2025), onde aborda as desigualdades sociais e a dignificación do traballo creativo.
A Prosa Galega de Finais do Século XX e Inicio do XXI
A comezos dos anos 80, xorde a "Promoción dos Premios", un grupo de novelistas que buscan consolidar e expandir os límites do xénero. Entre os autores destacan:
- Víctor F. Freixanes
- Xavier Alcalá
- Úrsula Heinze
- Alfredo Conde
- Xosé Manuel Martínez Oca
Víctor Fernández Freixanes, no seu debut O triángulo inscrito na circunferencia (1982), explora temas de mitoloxía e loita entre o Ben e o Mal, presentes tamén en outras obras como O enxoval da noiva e A cidade dos Césares. Tras un silencio de anos, regresa en 2010 con Cabalo de ouros, ambientada na posguerra galega.
Xavier Alcalá comeza cun realismo sociolóxico, destacando Fábula (1980), que aborda a Guerra Civil e a Transición. Despois explora a emigración e a narrativa de aventuras en América Latina con obras como Nos pagos de Huinca Loo e Cárcere verde. No seu terceiro ciclo, volve ao xénero histórico con novelas como Código Morse e Alén da desventura.
Alfredo Conde pasa do realismo social, como en Contubernio catro do Tomé S. (1978), á novela histórica, destacando Xa va o griffón no vento (1984) e Romasanta (2004). Recentemente, en 2019, publicou Un vento que pasa, que reflexiona sobre a finitude.
Narradores Destacados de Finais do Século XX e Inicio do XXI
Suso de Toro (1956) é un autor clave da narrativa galega dos anos 90, cunha escrita experimental e crítica á sociedade urbana. Nas súas primeiras obras, como Caixón desastre (1983) e Polaroid (1986), utiliza unha narrativa fragmentaria e personaxes marginalizados. Con Land Rover (1988) e Tic-tac (1993), desafía as expectativas do lector, e en Círculo (1998) explora o "collage". Posteriormente, as súas obras como Conta saldada (1996) e Non volvas (2000) céntranse nas identidades femininas. En 2002, publica Trece badaladas, unha novela gótica, e en 2005, Home sen nome, sobre a represión franquista. Despois de retirarse en 2010, regresa con Sonámbulos (2014) e Fóra de si (2018), centrada nun neurocirurxián. En 2020, publica Un señor elegante, baseada na biografía do médico antifranquista Ramón Baltar.
Manuel Rivas (1957) é un dos escritores galegos máis destacados. Comeza coa obra Todo ben (1985) sobre fútbol, pero o éxito chega con Un millón de vacas (1990), que mestura humor e lirismo. A súa visión de Galiza, irónica e humana, reflexiona sobre o rural e o urbano en novelas como Os comedores de patacas (1991) e Salvaxe compaña (1993), onde incorpora mitoloxía popular. En O lapis do carpinteiro (1998) narra unha historia de amor na Guerra Civil. Outras obras importantes son Os libros arden mal (2006), Todo é silencio (2010), As voces baixas (2012) e O último día de Terranova (2015). En 2011, publica O máis estraño e en 2018, Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, que exploran o cárcere e o narcotráfico.