Panorama da Literatura Medieval Galego-Portuguesa
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,37 KB
Contexto Histórico e Literario Medieval
Situación Lingüística no Século XII
O latín segue sendo a lingua literaria por excelencia en todo occidente. En Al-Andalus florece unha importante escola poética en lingua árabe e o hebreo mantén certo cultivo literario nos numerosos núcleos xudeus espallados pola Europa meridional. As linguas romances viven nun estado de linguas ágrafas, relegadas polo inmenso prestixio cultural do latín.
Os Cantares Épicos
Definición
Son obras que narran as fazañas de heroes lendarios, situados na orixe de pobos ou dinastías reais europeas.
Época en que florecen
Florecen desde o século VIII no mundo cultural xermánico e acrecéntase co afianzamento da sociedade feudal militar e fortemente xerarquizada.
Sinala 5 cantares épicos
- Cantar dos Nibelungos
- Cantar de Hildebrando
- Cantar de Ludovico
- Lenda de Beowulf
- Chanson de Roland
Adaptacións romances da época xermana
Chanson de Roland e Cantar de Mio Cid.
Cambio nos Gustos Literarios a mediados do Século XII
Que causas fan mudar os gustos literarios a mediados do século XII?
- A relaxación dos hábitos guerreiros.
- Un refinamento dos costumes e unha revalorización do papel social da muller.
- Un período de forte crecemento económico e demográfico.
Orixe da Cultura Trovadoresca
Como, cando e onde xorde a cultura trovadoresca?
No sur de Francia, nun feixe de señores feudais, pero comparten unha mesma lingua: a langue d'oc. O foco inicial sitúase na corte de Poitiers, e remonta aos tempos do duque Guillerme IX.
Expansión da Moda Provenzal
Por que rexións europeas se estende a moda provenzal?
Francia, Alemaña e Italia.
O Esplendor da Época Compostelá (Séculos XII e XIII)
Causas do Esplendor
No século XII e XIII, Galiza vive unha fase de esplendor debido a unha serie de causas cuxos resultados foron os cancioneiros e a arte románica. Indica as causas que levaron a estes resultados.
Dimensión económica
O excedente agrario acumulado, pódese agora investir no comercio e na artesanía.
Aparición do fenómeno urbano
A reaparición do fenómeno urbano e o arranque da historia das cidades europeas. No contexto social, ese aspecto maniféstase cun aumento da burguesía.
Dimensión política
A culminación política do reino de Galiza débese á aristocracia. Este feito foi posible grazas á colaboración de Xelmírez. Á raíz do primeiro terzo do século XIII, o centro desprázase cara á meseta castelá e a Andalucía ao ritmo da conquista dos reinos musulmáns. Grazas a este conxunto de factores, a literatura galega exprésase mediante o románico compostelán, unha brillante prosa latina e a liña dos cancioneiros.
Por que denominamos a esta era "Época Compostelá"?
Pola importancia que tivo esta cidade, xa que a ela chegaban peregrinos da cristiandade europea e porque era o centro de poder político e espiritual de Galiza; tamén constituíu unha vía comercial e converteuse en capital.
Figuras da Creación Poética: Xograres e Trovadores
Distinción entre Xograres e Trovadores
Xograres e trovadores levan a cabo a actividade de composición e interpretación das cantigas. Que distinción hai entre os dous grupos, canto á escala social, relación entre ambos, na súa actividade...?
Trovador
Membro da nobreza que compoñía cantigas como unha ocupación no seu tempo de lecer. Canda súa, xurdiron outros poetas e compositores que levaron a cabo esa ocupación (dende unha perspectiva profesional) e para diferencialos dos trovadores, chamóuselles Segrel.
Xograr
Interpretaban a composición dos trovadores. Algúns deles chegaron a compoñer as súas propias cantigas, reclamando para si a calidade de trovadores.
Notas sobre a Análise Métrica
Realiza a análise métrica das dúas primeiras estrofas.
Métrica
13, 13, 7, 13, 13, 7, 13, 13, 7, 13, 13, 7.
Rima
AAR, BBR, AAR, BBR. A rima entre estrofas é alterna: rima a primeira coa terceira e a segunda coa cuarta.
Outras características
Paralelismo (literal). É unha cantiga de amigo autóctona tradicional, porque ten refrán. Leixaprén (2-7 e 5-10).