Panorama da Prosa Galega (1936-1976): Autores e Correntes Literarias
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en español con un tamaño de 4,66 KB
A Prosa Galega de 1936 a 1976: Un Percorrido Literario
A Prosa no Exilio
- Ramón de Valenzuela: Non agardei por ninguén (1957)
- Silvio Santiago: Villardevós (1961)
- Antón Alonso Ríos
A Prosa Galega de Posguerra
Primeira Novela Galega tras a Guerra Civil
- A xente da Barreira (1951) de Carballo Calero.
Características da Narrativa de Posguerra
- Continuadora da Xeración Nós.
- Temática da guerra e a represión franquista.
- Uso da imaxinación e do conto popular.
- Orientación cara ao realismo social.
Autores Destacados da Posguerra
Eduardo Blanco Amor
Obra principal: A esmorga (1959).
Características do seu realismo social:
- Foco no espazo urbano.
- Aborda a problemática das clases máis desfavorecidas.
- Uso do perspectivismo.
- Emprego da lingua popular.
Álvaro Cunqueiro
Obra principal: Merlín e a familia (1955).
Características do seu mundo mítico:
- Síntese de realismo e fantasía.
- Incorpora mitos doutras tradicións.
- A paisaxe en función simbólica positiva.
- Mestura de lingua culta e lingua popular.
- Influenciado por narracións tradicionais.
Ánxel Fole
Obra principal: A lus do candil (1953).
Características dos seus contos:
- A Galicia rural como protagonista.
- Continúa a tradición da narrativa popular oral en temas e técnicas.
- Mestura de humor e medo, realidade e fantasía.
- Recrea a fala das terras luguesas.
A Narrativa Galega a Partir dos Anos 60: A Nova Narrativa Galega
Características xerais da Nova Narrativa Galega:
- Narrador en primeira persoa.
- Pluriperspectivismo.
- Protagonista desarraigado e abrumado.
- Espazo indeterminado e intanxible; o espazo urbano domina sobre o rural.
- Importante simboloxía.
- Ruptura do tempo do discurso e do relato.
- Temas recorrentes: a angustia e o illamento do home, a rebeldía e a loita pola liberdade individual e colectiva.
Autores da Nova Narrativa Galega
Xosé Luís Méndez Ferrín
- Nova Narrativa: O crepúsculo e as formigas (1961).
- Sociopolítico: Retorno a Tagen Ata (1971).
- Fantasía: Arnoia, Arnoia (1987).
Outras características da súa obra:
- Recreación de personaxes e ambientes da Materia de Bretaña.
- Exploración do absurdo, da angustia humana e da violencia destrutiva.
- Desenvolvemento dunha mitoloxía propia e persoal.
- Plurisignificación e lingua rica e expresiva.
Carlos Casares
- Nova Narrativa: Vento ferido (1967).
Características da súa obra:
- Combinación de realidade, fantasía, lirismo e humor.
- Lingua sinxela e áxil de léxico transparente e unívoco.
María Xosé Queizán
- Nova Narrativa: A orella no buraco (1960).
Características da súa obra:
- Foco no realismo e nos temas sociais.
A Épica Rural
Xosé Neira Vilas
- Memorias dun neno labrego (1961): protagonista infantil.
- A muller de ferro (1969): protagonista adulto.
- Historias de emigrantes (1969): temática da emigración.
- Home de pau (1999): ambientada no mundo urbano.
Características da súa obra:
- Uso de múltiples técnicas narrativas.
- Emprego dunha linguaxe de fala popular.