Panorama do Teatro Galego Contemporáneo: Xeracións e Figuras Emblemáticas

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,98 KB

Xeracións Clave do Teatro Galego Contemporáneo

3. A Xeración dos 50: O Renacemento Baixo a Censura

  • 1950: Fúndase a Editorial Galaxia e comezan as publicacións en galego, sempre baixo o ollo da censura franquista.
  • Teatro concibido para ser lido por unha minoría intelectual (seguíase no franquismo, non había representacións públicas, só coros folclóricos).
  • Esta xeración inclúe nas súas obras personaxes da literatura universal.
  • Autores máis representativos:
    • Álvaro Cunqueiro: Autor da obra máis significativa do momento, O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, protagonizada por un personaxe de Shakespeare e con presenza da mitoloxía clásica.
    • Xohana Torres: Inclúe personaxes femininas como protagonistas das súas obras, por exemplo, A outra banda do Iberr.
    • Manuel María: Autor de pezas máis populares ás que chama Autos, como Auto do taberneiro.
    • Outros autores que destacan nesta xeración son Carballo Calero (con A sombra do Orfeu), Mariñas del Valle (con A revolta) e Daniel Cortezón (con Os irmandiños).

4. A Xeración do 65, Grupo Abrente ou Xeración de Ribadavia: A Consolidación do Teatro Independente

  • 1965: Comezan a xurdir as primeiras asociacións culturais que defenden o galego abertamente e nacen os primeiros partidos políticos galeguistas.
  • 1965: Manuel Lourenzo funda O Facho, o primeiro grupo de teatro independente de Galicia.
  • Esta xeración escribe teatro para ser representado, coa finalidade de achegalo ao pobo.
  • Nace o teatro independente: grupos teatrais que comezan a verse como un sector profesional.
  • 1973: Créase a Mostra de Teatro de Ribadavia, que verá nacer ao seu abeiro numerosos grupos de teatro independente ao longo de décadas.
  • O Concurso de Teatro Abrente, que nace coa mostra, favorecerá que se escriban textos teatrais e que se publiquen numerosas obras seleccionadas.
  • Autores destacados: Tres son os autores máis salientables desta xeración:
    • Manuel Lourenzo: Autor, director, actor e crítico teatral aínda en activo. Fundador do grupo O Facho (1965) e do Estudio de Teatro CasaHamlet (1983), unha referencia na formación de actores e actrices.

      Autor dunha ampla obra que podemos enmarcar en varios ciclos, entre os que destacamos:

      • O ciclo grecolatino: Presenza da mitoloxía clásica (ex: Fedra / Electra).
      • O ciclo da mitoloxía galega: (ex: Todos os fillos de Galaad).
      • O ciclo das mulleres apaixoadas: (ex: A paixón de Blanda Moore).
      • O ciclo experimental: (ex: Veladas indecentes).
    • Euloxio Ruibal: Teatro experimental con técnicas cinematográficas. Autor de numerosas obras, entre as que salientamos Zardigot, que ten como tema a Guerra Civil en Galicia e a violencia e opresión vivida; ou unha sátira cómica coma Azos de esguello.
    • Roberto Vidal Bolaño: Autor, actor, director, crítico teatral, promotor teatral e fundador de Teatro do Aquí. Escribiu unha extensa obra de diferentes temas, entre os que destacamos:
      • Temática simbólica con raíces populares: (ex: Laudamuco, señor de ningures).
      • Temática de tradición galega, con moita presenza do entroido: (ex: Ladaíñas pola morte do Meco).
      • Temática existencialista onde dá unha visión pesimista da vida: (ex: Saxo tenor).

Entradas relacionadas: