Panorama de la Literatura Gallega de finales del siglo XX y comienzos del XXI

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,6 KB

La Prosa

Despois da morte de Franco en 1975 produciuse un avance normalizador do galego, vai consolidando un público lector interesado sobre todo no xénero narrativo. Nesta época establecemos 4 períodos: transición ata 1980, década dos 80, a dos 90 e a narrativa do novo milenio.

- Nos primeiros anos do posfranquismo xorde un grupo de novelistas impulsados polos premios de narrativa, que destaca polo formato de novela longa, memorialista ou de revisión do pasado histórico: A nosa cinza de Xavier Alcalá. Xorde ademais a narrativa comercial.

- Os autores da xeración dos 80 caracterízanse por: gran variedade temática e técnica e variedade ideolóxica. Nunca antes publicáranse tantas obras narrativas, deuse unha profesionalización do escritor galego. Entre as temáticas predominan a histórica e memorialista. Por exemplo, O triángulo inscrito na circunferencia (1982) de Víctor Freixanes, novela que transcorre na Compostela do século XIX. Na liña de introspección psicolóxica destacou O reloxo da torre (1983) de Marina Mayoral. Na tendencia policial atopamos Crime en Compostela de Reigosa.

- Neste grupo xeracional destacou a obra centrada na análise do noso presente histórico, onde se explica o conflito entre o urbano e o rural e o tradicional e o moderno. Destacou Suso de Toro con Caixón desastre (1983), usando lingua coloquial.

- Xa na década dos 90, Suso de Toro en Tic-Tac (1993), ensaia a novela experimental de técnica vangardista, caracterizada polo fragmentarismo e cunha análise da sociedade actual. Destacou tamén Manuel Rivas que desenvolveu unha narrativa marcada polo lirismo e a perspectiva humanista: O lapis do carpinteiro (1998).

- Nesta década xorden novos escritores que se centran na nosa realidade actual conflitiva, así Fran Alonso publica en 1993 Tráiler na que reflicte a tensión modernidade-tradición da sociedade actual. Tamén Cid Cabido fai crítica do sistema capitalista que orixina un mundo absurdo.

- Os escritores da xeración dos 90 continúan coa novela histórica. Xosé Miranda en 1998 publica Morning star, ambientada no ambiente revolucionario de 1846. Outros xéneros foron a novela de intriga detectivesca no que destaca Aníbal Malvar con Un home xaceu aquí (1993); a novela de ciencia ficción, como Soños eléctricos (1992) de Ramón Caride.

- A narrativa no comezo deste milenio destaca polo protagonismo da figura feminina que denuncia os roles patriarcais, destacou O club da calceta de María Reimóndez. Post-it de Iolanda Zúñiga presenta un narrador introspectivo que expresa os problemas dunha xeración cunha sensación de fracaso. Esta autora con Periferia inicia a novela polifónica, tecida cunha mestura de textos posmoderna. Cajaraville, con De remate no 2015, desenvolveu unha novela fragmentada con textos e materiais de diversa procedencia: blogs, poemas, correos... Destacou tamén o ensaio galego centrado na análise da realidade galega desde diferentes perspectivas, as súas liñas temáticas: o ensaio político, filosófico, feminista, literario, teolóxico e histórico.

O Teatro

- A chegada da democracia tras a morte de Franco supuxo un cambio radical na literatura. A recuperación comeza a producirse na década dos 70, nesta etapa consolídanse autores da Xeración Abrente, como Manuel Lorenzo, Vidal Bolaño ou Euloxio Ruibal. Estes e outros novos autores posibilitan a progresiva normalización do teatro, do mesmo xeito que as compañías que os dramaturgos de Abrente crean, como Antroido, Artello Teatro, Teatro do Noroeste.

- Nesta época distinguimos 3 etapas. A primeira caracterízase pola formación de compañías profesionais de teatro. A segunda, determinada pola institucionalización da actividade teatral. En 1984 créase o Centro Dramático Galego e no 1989 o Instituto Galego das Artes Escénicas. A terceira é a etapa do desenvolvemento, multiplícanse as compañías e ponse en marcha a Rede Galega de Teatros e Auditorios en 1996.

- As liñas temáticas do teatro de fins do século XX e comezos do XXI:

  • A crítica social: condénanse aspectos da sociedade case sempre tinguidos cunha crítica de humor: Xesús Pisón, Cid Cabido.
  • O culturalismo: caracterízase pola reflexión sobre si mesmo e polas relacións que establece entre a arte e a vida: Fernán-Vello, Lino Braxe.
  • O neorruralismo: esta corrente enlaza coa tradición de preguerra a través da modernización e actualización destes temas: Raúl Dans.
  • A intertextualidade: trátase da volta aos clásicos da dramaturxia universal coa pretensión de entreter, como é o caso de Cándido Pazó, Miguelanxo Murado.
  • O teatro histórico: traballado por Agustín Magán nas Mostras de Ribadavia e continuado por Millán Picouto.

- Distinguimos varias xeracións. A xeración dos 80 vai abandonando o teatro da temática social para abordar novos problemas. Caracterízase por darlle importancia ao individuo, ao subxectivismo e intimismo; sitúan os textos no ámbito cotián, incorporan o humor e fan teatro culto.

- Naceron na década dos 50 e entre eles destaca Xesús Pisón, que se inicia con Pauto (1983), sátira que condena o poder da Igrexa. Fernán-Vello escribe teatro culturalista e intimiste onde destaca a reflexión pesimista da condición humana, en A tertulia das máscaras (1981).

- A segunda xeración é a dos 90, nados nos 60, as características que comparten son: preocupación polo aspecto formal e por facilitar a representación dos seus textos, a preferencia pola comedia, o lúdico. Destacou Raúl Dans, con liñas temáticas da identidade do ser humano e o seu papel na sociedade, no mundo urbano e rural. Tamén destacou Cándido Pazó, que integra na súa obra elementos renovadores dun teatro interactivo, escribiu Raiñas de Pedra.

- O teatro do século XXI ten como característica fundamental a tendencia lúdica no que predomina a ironía e a parodia como medio para reflexionar sobre temas da actualidade. É o caso de Pelos na lingua, divertido espectáculo-collage que fala en clave positiva da situación crítica que está a vivir a lingua galega.

Entradas relacionadas: