Patrimonio Cultural Galego: Estética, Nacionalismo e a Vangarda Artística dos Novos
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,43 KB
O Feísmo: Maltrato da Paisaxe e Degradación Estética
O feísmo, tamén coñecido como maltrato da paisaxe, é un termo que serve para designar un estilo arquitectónico ou urbanístico de trazos esteticamente problemáticos. Son construcións humanas que degradan a contorna e opóñense aos canons estéticos propios do lugar e da tradición arquitectónica, porque ou ben a descoñecen ou a desprezan.
Correntes do Nacionalismo Galego: Tradicionalismo e Democracia
Podemos distinguir dúas principais correntes dentro do nacionalismo galego:
Nacionalismo Tradicionalista
A primeira denominarémola nacionalismo tradicionalista (representado por figuras como Risco, Pedrayo, Filgueira Valverde). Esta corrente avogaba polo control de Galicia polas elites intelectuais, apostaba por valores non democráticos, pola preeminencia do catolicismo e consideraba que o gran obxectivo do nacionalismo debería ser a conservación destes valores e a defensa da cultura.
Nacionalismo Democrático
A outra corrente sería o nacionalismo democrático (con expoñentes como Castelao ou Bóveda), que se centra na acción política e no pobo como suxeito da democracia nun estado independente.
A Xeración dos Novos: Vangarda e Realismo na Arte Galega
Contexto e Obxectivos Artísticos
Trátase de dúas obras pertencentes á Xeración dos Novos (ou Os Renovadores), un grupo de artistas inscritos na corrente do realismo que predominou nos anos da Segunda República. Entre eles atopábanse Carlos Maside ou Luis Seoane. Estes artistas, que tiñan como mestre a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, buscaban representar a sociedade galega do seu tempo coas técnicas e recursos estilísticos da arte contemporánea.
A Xeración dos Novos supón a culminación da chegada da pintura galega ás vangardas, alumeando a nova pintura galega.
Artistas Destacados e Obras Emblemáticas
Carlos Maside
Maside mestura o expresionismo alemán, o gravado popular e a arte da estampa xaponesa. Trata de darlle dignidade ao galego, superando certas ópticas. Destacan entre a súa produción obras como Muller sentada ou As Lavandeiras.
Manuel Colmeiro
Outro dos Novos foi Manuel Colmeiro, que segue na onda de superar o costumismo e dotar as súas pinturas dun sentido social. Podemos destacar A Morte ou O Vagón. Mesmo este autor ten elementos que o conectan coa abstracción.
Obras Propostas para Estudo
As obras propostas son:
- Obra A: Tienda
- Artista: Carlos Maside
- Cronoloxía: 1929
- Estilo: Vangarda histórica galega
- Material e técnica: Óleo sobre táboa
- Dimensións da táboa: 69,5 cm x 51,5 cm
- Localización: Colección de Arte
- Obra B: Mariscadoras
- Autor: Luis Seoane
- Cronoloxía: 1969
- Estilo: Vangarda histórica galega
- Material e técnica: Óleo sobre tea
- Dimensións do lenzo: 114 cm x 146 cm
- Localización: Colección de Arte ABANCA