El Pensamiento Ilustrado y el Reformismo Borbónico en Galicia
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,49 KB
As ideas fundamentáis do pensamento Ilustrado. .
A ilustración pode ser definida Como unha nova corrente de pensamento caracterizada pola utilización da razón para a Comprensión da realidade natural e social. Xurdiu en Inglaterra e Nas Provincias Unidas a fináis do s. XVII, Pero foi Francia o seu centro difusor, desde onde as súas ideas se extenden polo resto de Europa E por América no s. XVIII. Carece dunha teoría sistemática. As Súas ideas procedían da suma de diversos autores: Locke. Montesquieu, Rousseau ,Voltaire etc…. Non obstante, as súas carácterísticas doutrinais poden resumirse nos seguintes postulados:
- .O predominio da razón como Instrumento de obtención da verdade fronte a outras formas de coñecemento: a revelación, A tradición etc.. Diso dedúcese a utilización da crítica para denunciar aquilo que se Opón á razón.
- A defensa da autonomía do Poder político (monarquía) que debía controlar, sobre todo, o poder relixioso.
- A concepción da tolerancia relixiosa
- O interese polas actividades Productivas e mellora das condicións de vida das persoas para conseguir a felicidade.
- A importancia da educación para Lograr a felicidade e difundir o uso da razón. O proceso educativo debía ser dirixido Polo Estado.
O reformismo borbónico en Galicia
Denomínase Reformismo borbónico aos Cambios postos en marcha pola nova dinastía
reinante a partir de 1700, Baseados no reforzamento da monarquía absoluta, na
centralización administrativa e, xa Na segunda metade do século XVIII, dentro da
corrente do Despotismo ilustrado, Na aplicación do ideario ilustrado para mellorar o
país económicamente.Destacan nestes Propósitos os monarcas Fernando VI e Carlos III. No século XVIII Galicia terá unha Importancia estratéxica como baluarte marítimo na defensa do Imperio colonial Americano, fronte ao paso das armadas inimigas, especialmente a armada inglesa. Ante esta situación, os Borbóns e os seus gobernos interviñeron en Galicia con diversas Iniciativas entre as cabe salientar:
a) A matrícula de mar: Tratou de Racionalizar o recrutamento de mariñeiros levando un rexistro da xente do mar, Baseado na obriga de servir na Mariña de guerra que tiñan todos aqueles Mozos que logo quixeran exercer oficios relacionados co mar. Eran os “matriculados”, só eles podían ser pescadores. Os matriculados quedaban Libres de quintas e de impostos municipais. Esta medida facilitou a Penetración dos fomentadores cataláns en Galicia, que renovaron as artes de pesca e as Técnicas da salazón , provocando enfrontamentos cos pescadores locais pero tamén o Desenvolvemento económico das vilas costeiras.
b) O arsenal de Ferrol: En 1726, Xosé Patíño, decidiu Establecer en Ferrol a sede do Departamento Marítimo do Norte e Unha das bases das Armadas reais. A partir de 1746, co marqués De La Ensenada, iniciouse a construción dun arsenal que, Seguindo o modelo francés, reunía instalacións combinadas de estaleiros e almacéns De armas. Para a formación dos mandos militares da Armada creouse, en 1776, a Academia de Gardamariñas. Estas medidas tiveron un forte impacto Local: creouse unha cidade a partir dun pequeno núcleo de pescadores ao tempo que Se produciu unha gran transformación social e urbanística, coa construción de Novos barrios para acoller aos traballadores e aos oficiáis da Armada. Pero o impacto foi Máis alá do eido local xa que o establecemento do arsenal de Ferrol implicou a Creación dun núcleo industrial nun territorio de economía esencialmente agraria. A Velocidade coa que se levou a cabo a obra de Ferrol e a construción dos navíos, así Como a calidade das súas instalacións e a introducíón da máis avanzada tecnoloxía do momento Fixeron desta industria o mellor estaleiro de Europa da súa época. Ferrol foi un Exemplo das bondades do reformismo ilustrado.
c) A apertura do comercio Colonial: creouse a compañía de Galicia (1734), Servizo de Correos Marítimos (1764), Decreto de libre comercio (1765), Consulado Marítimo e Terrestre(1785)