Percorrido Histórico do Teatro Galego na Posguerra (1940-1970)

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,97 KB

O Teatro Galego na Posguerra

Despois da Guerra Civil, a publicación e representación das obras teatrais produciuse nos países aos que se exiliaron os intelectuais galeguistas.

Anos 40: Os Coros Populares

Nesta década, os coros populares, ademais de cantar, representaban algunha pequena obra de teatro. O réxime franquista permitíalles o uso do galego porque non era un teatro comprometido e mesmo ridiculizaba a personaxes galegos cun obxectivo de provocar a risa.

Anos 50: O Renacemento Lento

Iníciase unha lenta escrita e publicación de obras teatrais en galego, grazas á editorial **Galaxia**. Na revista Grial tradúcense obras de teatro da literatura universal. Nesta época predominan tres liñas temáticas:

O Teatro Vangardista

Autores destacados desta corrente foron **Otero Pedrayo**, **Jenaro Marinhas del Valle** e **Ánxel Fole**.

Ramón Otero Pedrayo

Que xa tiña publicado teatro na preguerra, publica nesta década O desengano do prioiro, unha obra na que se opoñen a vida e a morte, e esta representada pola industria de cadaleitos que se instala en Ribadavia, no Ribeiro.

Jenaro Marinhas del Valle

Concibiu o teatro como medio de educar o pobo, co obxectivo de que tivese criterio e puidese pensar, decidir, opinar... pola súa conta, libre de toda ditadura. A maioría das súas obras teñen como tema a **represión política e social** que exercía o franquismo sobre as cidades: A serpe, A revolta.

Ánxel Fole

Escribe un teatro cos mesmos temas típicos da súa narrativa: **morte**, **medo**, **supersticións**... todo mesturado con humor e retranca. Obra: Pauto do demo.

O Teatro Rexionalista

De temática ruralista, costumista, popular...

O Teatro da Angustia Existencial

Son pezas que reflicten a situación dramática que vivía a sociedade na ditadura e a consecuente desmoralización e pesimismo. Autores: **Manuel María**, **Xosé Franco Grande**.

O Grupo de Enlace

Son os autores que serven de conexión entre o teatro anterior e a renovación que supuxeron os **grupos de teatro independentes** dos anos 70.

Álvaro Cunqueiro

Resaltamos a Cunqueiro con Hamlet, que é unha recreación do Hamlet de Shakespeare. Na obra de Cunqueiro, Hamlet é o fillo biolóxico do asasino do rei. Publicou tamén A noite vai coma un río, no que un personaxe busca o amor pero só atopa soidade e decepción.

Eduardo Blanco Amor

As súas obras teatrais divídense en **farsas** e **autos**. As **farsas** son obras cheas de imaxinación, fantasía, elementos satíricos, que recordan o teatro do absurdo europeo. Os **autos** son pezas costumistas que recrean personaxes en situacións collidas do mundo real galego. As súas obras completas están recollidas en dous libros: Teatro para a xente e Farsas para títeres.

Anos 70: A Renovación do Teatro Galego

O teatro galego experimentou unha grande evolución grazas ao labor dos **grupos de teatro independente**, que se movían por todas as vilas de Galicia normalizando a lingua galega nas representacións teatrais. As compañías tiñan carácter itinerante e percorrían Galicia cun afán galeguizador.

O cambio de rumbo do teatro galego tivo lugar en **1973**, ano no que se celebrou a primeira mostra e o primeiro certame **Abrente**. Os grupos tiveron un punto de encontro para coñecerse, reuníronse todos os interesados no mundo teatral e déronse a coñecer autores e compañías de teatro. Ademais, realizaban coloquios e conferencias que contribuían a publicitar os textos, os autores e os directores.

O Grupo Abrente

Os autores do grupo Abrente, que recibe o nome do certame no que participaron, son **Manuel Lourenzo**, **Euloxio R. Ruibal**, **Francisco Taxes**, **Roberto Vidal Bolaño**, entre outros.

Características Comúns dos Autores do Grupo Abrente

  • Estiveron vinculados ao teatro non só como autores, senón tamén como directores e actores.
  • Impulsaron a **profesionalización**.
  • Crearon un teatro **comprometido coa realidade social e política** do país.
  • Traballaron pola **normalización do galego**.
  • Serviron de guía ás xeracións posteriores.

Autores Destacados dos Anos 70

Roberto Vidal Bolaño

Autor ao que se lle dedica este ano as Letras Galegas. Caracterizouse por incorporar ao teatro galego elementos populares como o **entroido**. Foi o fundador do grupo de teatro **ANTROIDO**, que foi o primeiro grupo de teatro galego profesional. Obras: Días sen gloria, As actas escuras.

Manuel Lourenzo

Fundou o grupo teatral **O Facho** e o **Teatro Circo**, do que naceu a Escola Dramática Galega. Fundou unha revista e unha escola de teatro chamada Casa Hamlet e recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática pola súa obra: Veladas indecentes.

Entradas relacionadas: