Perspectivas Críticas e Conceptos Esenciais: Unha Mirada á Sociedade e a Lingua Galega
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 8,81 KB
A Fusión de Concellos: Vantaxes e Impacto no Financiamento Local
A fusión de concellos é un proceso que se iniciou nos últimos anos, como o caso de Compostela, Teo e Ames. A nova organización municipal traería unha serie de vantaxes significativas:
- As cidades con máis de 75 mil habitantes reciben unha parte dalgúns impostos estatais.
- A redución de gastos non prexudica as prestacións dos servizos.
- A redución das estruturas políticas nun 70%.
Argumentos a Favor da Fusión Municipal
Os argumentos principais son o aumento do financiamento. Coa fusión, os concellos reciben máis recursos económicos do Estado, o que permite ter máis e mellores servizos e estruturas co mesmo custo que agora.
En segundo lugar, a redución de gastos. Se aplicamos unha concentración de servizos e temos en conta a lei das economías de escala, conseguimos un custo inferior, evitando facer a mesma tarefa en tres lugares diferentes ao mesmo tempo e por tres empresas distintas.
En terceiro lugar, a optimización das estruturas políticas. Reduciríanse nun 70%, o que repercutiría favorablemente nos orzamentos municipais.
En conclusión, a fusión é un beneficio, xa que os 150 mil habitantes disporían de maior financiamento proveniente dos impostos estatais e dun gasto eficiente.
As Redes Sociais: Conectividade, Comunicación e Beneficios
As redes sociais son un grupo de persoas que están conectadas entre si por parentesco familiar, amizade ou por interese común. Poden funcionar de varias maneiras: a nivel social ou persoal, e en relacións de negocios de empresas e organizacións gobernamentais.
As redes sociais teñen aspectos positivos, como contactar con amigos. Isto serve de moita axuda se queres falar cun amigo que vive lonxe e tamén pola instantaneidade, xa que cando envías unha mensaxe, á outra persoa chégalle ao momento.
A Corrupción no Fútbol: Un Negocio Cuestionable e a Súa Ética
Tese Central: O Fútbol como Negocio Fraudulento
O fútbol está a converterse nunha máquina de facer diñeiro, e as persoas que o dirixen utilizan métodos fraudulentos no seu propio beneficio.
Argumentos que Sustentan a Tese
- As pesquisas do FBI e da Fiscalía Xeral dos EUA que demostran a sistemática corrupción do mundo do fútbol.
- As sancións aos presidentes da FIFA e da UEFA.
- As empresas patrocinadoras deciden deixar de estar vinculadas ao fútbol pola corrupción.
En conclusión, a paixón coa que se vive o fútbol non deixa ver que ese deporte é unha posta en escena na que só unhas poucas persoas se enriquecen, deixando de lado a ética.
Dispositivos Electrónicos no Ensino: Ferramentas para a Aprendizaxe e a Innovación
O uso de dispositivos electrónicos nos centros de ensino é un asunto que se debate nas últimas décadas. Eu penso que son útiles e positivos. Con eles pódense facer traballos e envialos ao momento aínda que non esteas na casa, buscar palabras no dicionario dun xeito máis rápido que no dicionario en papel, consultar dúbidas ao profesor fóra do horario escolar ou conseguir as tarefas para o día seguinte se non asistes á clase. Con eles disponse de ferramentas para poder facer unha boa presentación dun traballo, engadindo imaxes, utilizando varios tipos de letra e máis cousas.
En Cataluña, o uso de dispositivos móbiles na aula nin se prohibe nin se obriga, pero se fomenta como instrumento educativo. Os centros educativos teñen autonomía para decidir.
Léxico e Conceptos Fundamentais da Lingua Galega
ÉXODO: Saída do pobo hebreo de Exipto na procura da terra prometida; ou saída masiva que unha poboación fai dun sitio para outro.
EXILIO: Exiliar; ou período de tempo que se bota nese lugar.
EXILIAR: Expulsar a alguén da súa patria por motivos políticos; ou abandonar a súa patria por motivos políticos.
EMIGRAR: Deixar o país de orixe para ir a outro.
EMIGRACIÓN: Acción de emigrar.
DIÁSPORA: Dispersión de comunidades xudías polo mundo; ou dispersión dun pobo ou etnia por motivos políticos ou relixiosos.
ÉNCLISE: Fenómeno gramatical que é a unión dunha palabra átona coa precedente.
MESÓCLISE: Intercalación do pronome átono entre o radical e a desinencia dos tempos verbais.
PRÓCLISE: Unha forma átona apóiase no acento da palabra que lle segue.
PARÓNIMA: Palabras que soan igual ou case igual, pero significan cousas diferentes (ex: angosto-agosto).
HOMÓFONA: Palabras que soan igual pero se escriben diferente e significan cousas diferentes (ex: vota-bota).
ABALAR: Mover unha persoa ou cousa.
AVALAR: Asegurar con garantía.
VALÓN: Pertenecente a Valonia.
BARRO: Terra con auga.
VARRO: Forma do verbo 'varrer'.
BASTO: Maleducado.
VASTO: Moi extenso.
BEN: Adverbio de modo ou cantidade.
VÉN: Forma do verbo 'vir'.
BOAS: Feminino plural do adxectivo 'bo'.
VOAS: Forma do verbo 'voar'.
BOBINA: Cilindro para enrolar fío.
BOVINA: Relativo ao touro, boi ou vaca.
BOS: Forma do verbo 'ir' (vós ides).
VOS: Pronome átono.
CABO: Extremo dunha corda.
CAVO: Forma do verbo 'cavar'.
HABER: Ter lugar algo.
A VER: Preposición 'a' máis o verbo 'ver'.
NABAL: Campo de nabos.
NAVAL: Relativo á navegación.
BALAR: Emitir balidos (referíndose ás ovellas).
VALAR: Cercar con valo.
VATE: Poeta.
BILLA: Cano con chave para abrir ou pechar a saída dun líquido.
VILLA: Poboación pequena, máis pequena ca cidade e máis grande ca aldea.
BEN: Proveito, utilidade.
VEN: Forma do verbo 'vir' ou 'ver'.
BOTAR: Facer chegar un obxecto a un sitio por un impulso.
VOTAR: Emitir un voto.
PREBE: Adobo líquido (aceite, manteiga, sal, etc.).
PREVÉ: Forma do verbo 'prever'.
CONVIVENCIA: Acción de convivir.
CONIVENCIA: Tolerancia ou consentimento dun superior ante unha falta ou delito.
FEBLE: Falto de vigor.
FEBRE: Subida da temperatura corporal.
HIBERNAR: Estado de sono profundo.
INVERNAR: Pasar o inverno nun lugar.
VETO: Exercer o dereito a vetar unha lei.
VOTO: Dereito a expresar a vontade nunha elección ou decisión.
ÓVALO: Curva pechada de forma ovoide, convexa.
ÓBOLO: Moeda antiga grega; ou pequena cantidade de diñeiro ou axuda.
DEVASTAR: Destruír causando grandes estragos.
DESBASTAR: Quitar as partes ásperas ou sobrantes a algo.
HAI: Forma do verbo 'haber'.
AÍ: Adverbio de lugar.
EH: Interxección.
É: Forma do verbo 'ser'.
HASTA: Pau de ferro recto e forte.
ATA: Preposición ou conxunción.
APREHENSIÓN: Captura ou detención.
APRENSIÓN: Sentimento de temor ou receo.
REBELAR: Incitar á rebeldía.
REVELAR: Descubrir algo; ou facer visible unha imaxe fotográfica.
PARÓNIMAS: Palabras que soan igual ou case igual, pero significan cousas diferentes.
ACTITUDE: Modo de actuar ou comportarse.
APTITUDE: Calidade de quen demostra capacidade para algo.
ABELLA: Insecto que vive en colmeas e produce mel.
OVELLA: Mamífero femia do carneiro.
ABSORVER: Facer que un corpo reteña un líquido ou outra substancia.
ABSOLVER: Considerar a alguén libre dunha culpa ou acusación.
BASCULAR: Oscilar en sentido vertical arredor do punto de equilibrio.
VASCULAR: Relativo a vasos ou condutos polos que circulan líquidos nun ser vivo.