Píxeles, Resolución y Formatos de Imagen: Mapas de Bits frente a Vectoriales en Educación Artística

Plástica y Educación Artística3,32 KB

Unidades de medida del píxel

  • As unidades de medida do píxel son:

    • Megapíxel (Mpx): é 1 000 000 de píxeles.
    • Gigapíxel (Gpx): son 1000 megapíxeles.

    Por exemplo, se temos unha cámara que tira fotos de 1600 x 1200 píxeles quere dicir que tira fotos de 1 920 000 píxeles; isto quererá dicir que temos unha cámara de 1,92 megapíxeles.

    Resolución de imaxe

    Como se pode deducir, a calidade da imaxe vén dada polos píxeles por pulgada: a maior resolución, maior calidade de imaxe. Por exemplo, unha imaxe de 150 ppp indica que en cada pulgada cadrada hai 150 x 150 píxeles (22 500 píxeles). É unha boa resolución para unha imaxe impresa; unha imaxe a 72 ppp é de menor resolución e ten menor capacidade de facer zoom nela para ver os seus detalles.

    Tamaño do arquivo da imaxe

    Cantos máis bits ten un arquivo, máis píxeles ten a imaxe.

    A importancia da resolución está directamente ligada á súa finalidade: se imos vela a través do monitor do ordenador, cunha resolución de 72 ppp será suficiente. En caso de imprimila, esta resolución debe ser maior (100 ppp, 150 ppp ou 300 ppp).

    O inconveniente é ter que traballar con imaxes moi pesadas, de 13 Mb, 130 Mb etc.

Os principais formatos de mapas de bits

  • .tiff: imaxes de alta calidade, destinadas á impresión.

  • .jpg: o formato máis utilizado en fotografía, especialmente na Internet. Son imaxes comprimidas, polo que se perde algo de calidade.

  • .gif: permite comprimir as imaxes sen perda de calidade. Cada vez máis utilizado na Internet.

  • .png: empeza a ser un dos máis utilizados na Internet pola súa grande capacidade de compresión sen perda de calidade. Ten maior calidade que o .gif. Só é soportado por navegadores recentes.

  • .psd: é o formato de Photoshop, que permite gardar as imaxes en capas.

Imaxes vectoriais

As imaxes vectoriais son as que están formadas por un ou varios obxectos xeométricos como liñas, círculos, polígonos, estrelas ou espirais. Os principais elementos dun vector son as curvas Bézier (curvas representadas matematicamente).

Pódense ampliar sen perda de calidade, ao contrario das bitmap, e están especialmente indicadas para utilizar con cores planas (non son adecuadas para representar texturas).

O paso dunha imaxe vectorial a unha con mapas de bits é moi sinxelo, mais pasar unha imaxe de mapa de bits a vectorial é moi complicado e laborioso.

A principal utilización dos vectores dáse no ámbito do deseño gráfico, na animación dixital 2D e 3D, para cine e videoxogos...

Os programas para realizar imaxes vectoriais máis usados son o Adobe Illustrator, Adobe InDesign, Corel Draw, Sketch (iOS) e Illustrator. En software libre podemos usar Sodipodi.

Os formatos máis utilizados

  • .cdr (de Corel Draw)

  • .ai (Adobe Illustrator)

  • .eps (Encapsulated Postscript: un dos mellores, compatible coa maioría do software de deseño)

Descargar

PDF Word HTML