A Poesía Galega do Século XX: De Cabanillas á Xeración do 25 e as Vangardas
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,65 KB
A Obra Poética de Ramón Cabanillas
...revista que leva o mesmo nome). É autor dunha ampla obra poética que adoita agruparse en dous apartados: **poesía lírica** e **poesía narrativa**.
Poesía Lírica
Dentro da primeira inclúense obras como *No desterro*, *Vento mareiro*, *Da terra asoballada* ou *A Rosa de Cen Follas*. Nelas distinguiremos tres liñas temáticas:
- Poemas intimistas: Por influencia dos poetas románticos, afloran sentimentos como o amor (presente en *A Rosa de Cen Follas*), ou o sentimento dorido da vida (presente nalgunhas composicións de *Vento Mareiro*).
- Poesía combativa ou de reivindicación: Moi na liña de Curros, pero sen o seu anticlericalismo, Cabanillas recolle os postulados reivindicativos do **agrarismo** e das **Irmandades**.
- Poemas costumistas: Afástase da estética decimonónica que se limitaba a reproducir tipos e costumes. Moderniza o xénero introducindo novidades das novas correntes europeas, como os **mundos exóticos** (trazo propio do modernismo) ou o **humor**, que utiliza na descrición dese mundo rural.
Poesía Narrativa
Neste apartado inclúese *Na noite estrelecida*, considerado pola crítica como un dos mellores poemas da nosa literatura, tanto pola súa calidade estética como polo seu valor simbólico, ao tratar o tema da demanda do **Santo Graal** e o **Ciclo Artúrico**. Aparece estruturado en tres sagas, e situado nun ambiente galego. De carácter narrativo son, tamén, *Samos*, no que describe a vida e historia deste mosteiro, e *O bendito San Amaro*, considerado como unha especie de biografía poética deste santo.
A Poesía de Vangarda en Galicia (Xeración do 25)
A renovación lírica, no **primeiro terzo do século XX**, chegará da man dos poetas novos das vangardas, tamén coñecidos como a **Xeración do 25**. Esta xeración está constituída polos escritores nados arredor de 1900, que pretenderon romper coa lírica anterior e darlle un aire de modernidade á nosa poesía, incorporando a estética das vangardas europeas.
Autores Representativos
Entre eles podemos mencionar:
- Manuel Antonio
- Amado Carballo
- Fermín Bouza Brey
- ...etc.
Características e Difusión da Vangarda Galega
Os movementos de vangarda xorden en Europa, no primeiro terzo do XX, coa pretensión de renovar os diferentes eidos da creación artística e, moi especialmente, a poesía. O poeta vangardista vaise inspirar no mundo que o rodea, facendo del unha realidade nova. Todos adoitan expresar as súas ideas estéticas a través de manifestos.
Manifestos e Revistas
En galego, o único manifesto vangardista foi o Manifesto máis alá, asinado por **Manuel Antonio** e **Álvaro Cebreiro**. Pero os nosos poetas vangardistas tamén utilizaron como medio de difusión da estética vangardista as revistas, a maior parte delas bilingües, como *Alfar* e *Resol* (a primeira na Coruña e a segunda en Santiago), *Ronsel* (en Lugo nos anos 20) e *Cristal* (en Pontevedra), entre outras.
Os movementos de vangarda, que se caracterizan pola súa **heteroxeneidade**, tiveron proxección na literatura galega do momento e, moi especialmente, no xénero lírico, grazas ao camiño aberto pola **Xeración Nós**, de quen herdaron esa actitude universalizadora.
Condicionantes Galegos
Non obstante, os nosos poetas non se arredaron totalmente da tradición nin da **idiosincrasia galega**, debido á influencia de dous factores:
- O espírito nacionalista das **Irmandades da Fala**.
- A relación cos poetas portugueses e, en concreto, co **saudosismo** (movemento de vangarda que rende culto ao sentimento da *saudade*).
Estes dous condicionantes fixeron que os poetas galegos non chegaran a deshumanizarse do mesmo xeito que o fixeron, no resto de Europa, os cultivadores dos diferentes –ismos europeos.
Clasificación da Poesía Vangardista Galega
Inicialmente podemos clasificar os poetas vangardistas galegos en dous apartados diferentes:
- Seguidores dunha corrente vangardista moderada cunha base tradicional.
- Seguidores dunha vangarda plena, cunha poesía máis novidosa.
O Neotrobadorismo
Dentro do primeiro grupo podemos mencionar o **Neotrobadorismo**, que xorde na década dos 20 debido á descuberta da poesía medieval e á súa difusión por parte do **Seminario de Estudos Galegos**. Este movemento caracterízase por recuperar os procedementos estilísticos propios das cantigas medievais,