Poesía Galega Posguerra: Xeracións e Autores Clave

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,51 KB

Contexto Histórico e Literario (1936-1960s)

En Galicia, desde 1936, non se publica un libro de poemas ata 1947, 'Cómaros verdes'. En 1949 sae en Pontevedra a Colección Benito Soto, dirixida por Celso Emilio Ferreiro, e en 1950 créase a editorial Galaxia.

Xeracións Poéticas Galegas da Posguerra

Podemos falar de 3 xeracións literarias diferentes:

  • 1. Xeración do 36 (Nados 1910-1920)

    Son os poetas nacidos entre 1910-20; a Guerra Civil cólleos na xuventude. Son poetas de culturas e estilos diferentes. Destacan Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, etc.

  • 2. Promoción de Enlace (Nados 1920-1930)

    Son os poetas nacidos entre 1920-30. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e afastada da cultura europea. Destacan Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novás, etc.

  • 3. Poetas das Festas Minervais (Nados 1930-1940)

    Son os nacidos entre 1930-40; non coñecen a Guerra Civil. Destacan Manuel María, Uxío Novoneira, Xohana Torres, etc. Neles existe unha conciencia de grupo e participan nas Festas Minervais Universitarias ou na creación do grupo Brais Pinto.

Tendencias Poéticas

Estes autores seguen as tendencias anteriores: hilozoísmo, neotrobadorismo, creacionismo, surrealismo... Logo aparecerán formas novas como o intimismo ou clasicismo.

Escola de Tebra ("Poesía do Neboeiro")

Destaca a Escola de Tebra ou 'poesía do neboeiro': poesía intimista e pesimista da vida.

Realismo Coloquial e Socialrealismo

A finais dos 50 xorde o realismo coloquial, que abre paso á poesía socialrealista.

Poetas Destacados

1. Celso Emilio Ferreiro (Xeración do 36)

Liñas temáticas/estilísticas:

  • Intimista: influenciada polo existencialismo; un presente pesimista, cheo de soidade e desacougo, nostalxia da infancia perdida en Celanova. Escribiu poemas amorosos para 'Moraima'.
  • Satírica: corrosiva e crítica que lembra as cantigas de escarnio medievais ou o Quevedo máis mordaz.
  • Socialrealista: unha linguaxe coloquial e directa. Temas: a Guerra Civil, a explotación dos traballadores, o imperialismo, a ameaza nuclear ou o racismo. 'Longa noite de pedra' (1962) é unha das obras máis reeditadas. O seu título converteuse nunha metáfora da ditadura franquista.

2. Uxío Novoneira (Poetas das Festas Minervais)

A súa poesía é paisaxística e persoal, contemplada desde unha perspectiva case mística, de fusión coa natureza; describe a natureza espida do Courel, onde o ser humano é un elemento mínimo dentro da intensidade cósmica. Hai preocupación social e política. Destaca a obra 'Os eidos'.

3. Xosé Luís Méndez Ferrín

'Con pólvora e magnolias' (1976) supón un camiño novo na literatura galega, achegando novos temas cunha nova linguaxe poética. Combina a poesía revolucionaria -a pólvora- co lirismo intimista (o pasado, o amor, a morte...) e o luxo estético -as magnolias. Usa o versolibrismo e referencias culturais: o celtismo, poesía medieval...

4. Manuel María

Autor de moitas obras e poemas musicados na segunda metade do século XX. Temas: o amor, a física, a historia, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, a mitoloxía...

Entradas relacionadas: