Principais Teorías Éticas e Conceptos Fundamentais
Clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en español con un tamaño de 3,02 KB
Ética de Kant
A filosofía moral kantiana supuxo unha novidade importante dentro da ética. Kant foi o primeiro en propor un sistema ético de carácter formal, e fixo a distinción entre éticas formais e éticas materiais. Critica estas últimas porque nunca poderán ser sistemas universalmente válidos polo feito de que os seus mandatos ou normas non proveñen do propio individuo senón doutra persoa: son éticas heterónomas. Critica as éticas hipotéticas porque non teñen valor por si mesmas, son un medio para alcanzar un fin. Kant mantén que se queremos construír un sistema ético con validez universal debemos atender só á forma dos nosos actos e non ao contido, a como actuamos non o que vaiamos a conseguir con iso. A moralidade dunha acción dependerá non do fin senón da boa vontade coa que se realice.
Acción Moral
Aquela que se pode considerar boa ou mala, correcta ou incorrecta.
Indeterminismo
É cando tomamos decisións libremente. Unha maioría de filósofos afirman que a maioría das decisións que tomamos facémolas libremente, dicimos nós o que queremos facer sopesando as consecuencias das nosas decisións.
Determinismo
Non todos os filósofos aceptan que tomamos decisións libremente; defenden que baixo as nosas supostas decisións se agochan causas, motivos e outros factores que descoñecemos e que condicionan as nosas eleccións.
Ética de Aristóteles
Pensa que todas as accións humanas tenden a un fin; por iso a súa doutrina ética é teleolóxica. Pero ademais dinos que ese fin que todos perseguimos é a felicidade; por iso a súa ética tamén é eudemonista. Consegue a felicidade, afirma que todo ser por natureza ten unha función na vida que o caracteriza e como o trazo propio do ser humano é a racionalidade, as persoas acadarán a felicidade dedicándose á actividade intelectual. O camiño cara á felicidade é a práctica da virtude e entende por virtude o termo medio entre dous extremos, por exceso ou defecto.
Ética Hedonismo
Foi fundado polo filósofo grego Epicuro. Todas as condutas dos seres humanos tenden á busca do pracer. A felicidade consiste no goce moderado dos praceres. Ten uns límites na medida en que non todos os praceres son igualmente válidos. Distingue praceres corporais (efémeros) e espirituais (duradeiros e os mellores para conseguir paz da alma).
Ética Cristiá
Tomé de Aquino está fondamente influenciada por Aristóteles, defendendo que todas as accións humanas tenden a un fin e que ese fin é a felicidade. A diferenza entre Aristóteles e Tomé é que para o primeiro o fin acádase neste mundo coa sabedoría e para o segundo a auténtica felicidade para un cristián acádase coa visión beática de Deus, que só se alcanza tras a morte.