Que es un problema social?
Clasificado en Historia
Escrito el en
español con un tamaño de 2,59 KB
Bienio Progresista ( 1854-56)---------------------------------
Espartero e O´Donnell dirixíndose ao pobo de Madrid Este gobernó de coalición restaura a Milicia Nacional, disolvé as Xuntas revolucionarias que se formaran nas cidades e expulsa de España á Raíña Nai María Cristina acusada de intrigas e corrupción. Unha das primeiras medidas foi a de convocar eleccións a cortes constituíntes baixo a leí electoral de 1837, que ampliaba o sufraxio censatario, co obxectivo de elaborar unha nova constitución que tiña que substituír á de 1845. Será a denominada Constitución non nata de 1856 xa que non chega a promulgarse. Recollía o ideario progresista: soberanía nacional, restrición da autoridade real, senado electivo, Milicia Nacional, sufraxio ampliado, elección directa dos alcaldes polos veciños, liberdade relixiosa... Unha das primeiras leis aprobadas por estas cortes foi a "Leí de desamortización xeral civil e eclesiástica", máis coñecida como a Desamortización de Madoz, polo nome do ministro de Facenda que a promoveu. Esta desamortización poñía a venda os bens dos Concellos, tanto os de propios como os de comúns. Tamén afectaba aos bens das Ordes Militares e de institucións de beneficiencia. Esta leí supuxo un duro golpe para a economía dos Concellos que perderon gran parte dos ingresos cos que contaban para facer fronte aos gastos de personal e beneficencia, e para os campesiños pobres e xornaleiros que quedaron sen a posibilidade de traballar as terras comunais. O empeoramento das súas condicións de vida explica as revoltas agrarias da segunda metade do século XIX, especialmente en Andalucía. Cos cartos obtidos pola venda dos bens desamortizados o Estado impulsou o desenvolvemento do ferrocarril, para o cal foi preciso elaborar primeiramente a Leí de Ferrocarrís de 1855. Esta leí sentou as bases para a formación da rede ferroviaria española. En trece anos construíronse 50.000 quilómetros de vías, o que supuxo a expropiación de moitas terras. Estudaremos a introdución do ferrocarril no tema dedicado a economía do s.XIX As diferenzas entre Espartero e O´Donnell, o malestar social traducido en motíns de consumos; a conflitividade obreira coa convocatoria da primeira folga xeral en Barcelona demandando o dereito a asociarse e os enfrontamentos entre progresistas e os moderados provocarán unha crise de 18 gobernó que aproveitará O´Donnell para dar un Golpe de Estado e desprazar do poder a Espartero e aos progresistas.