Procesos Xeolóxicos Externos e Modelado do Relevo Terrestre
Clasificado en Geología
Escrito el en
español con un tamaño de 3,62 KB
Procesos Xeolóxicos Externos e Modelado do Relevo
Acción Eólica e Formacións Desérticas
- Deflación: Cando o vento levanta arxila e area.
- Dunas: Acumulación de area. Os desertos de area denomínanse ergs.
- Barkhanas: Dunas con forma de media lúa.
- Regs: Cando a deflación produce campos de pedras.
- Abrasión eólica: Cando a area realiza un proceso de lixado.
Dinámica Glaciaria
O xeo produce unha intensa meteorización mecánica sobre as rochas, formando relevos escarpados. Nos circos glaciarios, a neve acumúlase e transfórmase en xeo.
O xeo forma a lingua glaciaria, que arrastra moitas pedras que constitúen as morrenas; existen morrenas laterais e morrenas centrais, e ao final da lingua hai unha morrena frontal. Os glaciares son masas de xeo que se desprazan desde a zona de acumulación de neve ata aquelas onde o xeo se funde. Existen dous tipos principais: glaciares de casquete e alpinos.
Augas Superficiais e Torrentes
As augas salvaxes son sen cauce fixo, posúen gran capacidade erosiva e de modelaxe en zonas de clima seco. Na conca de recepción, a erosión é moi intensa e poden formar cárcavas en zonas de forte pendente. As torres que quedan illadas pola erosión chámanse chemineas de fadas.
Partes dun Regato
Hai 3 partes do regato:
- Conca de recepción.
- Canal de desaugadoiro.
- Cono de dexección.
Dinámica Fluvial e Vales
- Desfiladeiros: Son vales fluviais estreitos e profundos.
- Cando un río traza meandros, amplía o seu val formando un val en artesa.
- Penechaira: Vales unidos con outros formando unha enorme superficie case plana.
Hidroxeoloxía e Modelado Cárstico
Os acuíferos son acumulacións de augas subterráneas que se poden explotar mediante pozos. A modelaxe cárstica é o conxunto das pegadas subterráneas e superficiais producidas pola disolución das rochas.
- Dolinas: Depresións producidas polo colapso de cavidades subterráneas.
- As salas ou grutas son grandes cavidades nas que se forman estalactitas (que se forman no teito) e estalagmitas (que crecen desde o solo).
- As simas son condutos verticais que conectan coa superficie.
Dinámica Costeira
As ondas producen a sobreescavación da base dos acantilados, o que produce a caída de bloques. A ondada modela o acantilado formando arcos, bloques illados e outras estruturas. Cando o vento dominante é oblicuo á costa, fórmanse correntes de deriva.
Conceptos Fundamentais de Xeodinámica Externa
- A erosión é a retirada de materiais desde o seu lugar de orixe.
- A meteorización é o conxunto de procesos debidos aos axentes atmosféricos que producen unha rotura e disgregación das rochas.
- Axentes atmosféricos: Todos aqueles fenómenos meteorolóxicos que inflúen nos estados das rochas.
- Axentes xeolóxicos: Son as máquinas que de forma natural modelan a paisaxe, transportan materiais e os acumulan en forma de sedimentos.