A Produción Literaria de Castelao e Dieste: Narrativa, Ensaio e Vangarda Galega

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,83 KB

A Obra Narrativa e Ensaística de Castelao e a Prosa de Vangarda

Alfonso R. Castelao

Obra Narrativa

Cousas
  • Conxunto de 45 narracións líricas que aparecen en 2 recompilacións (creación + orixinal).
  • Cada “cousa” conta unha breve anécdota de tipo popular acompañada dunha ilustración que complementa o contido.
  • Caracterízase polo humor, a tenrura, o sentimentalismo e o compromiso cos máis débiles.
  • Trazos básicos:
    • Unidade perfecta entre debuxo e texto.
    • Carácter sintético e carente de artificiosidade.
    • Combinación de realismo, lirismo e humor.
    • Protagonismo do pobo, co que se busca a complicidade.
Retrincos
  • 5 contos que recollen vivencias de carácter autobiográfico dispostas desde a infancia á madureza.
  • Cada relato é unha forma implícita de reflexión sobre a condición humana (ilusión, envellecemento...).
  • Historias cheas de afectividade, morriña e realismo.
  • Estrutura: disposición clásica (introdución, nó e desenlace).
Os dous de sempre
  • Única peza narrativa longa.
  • Desenvolve de forma paralela a biografía de dous personaxes: Pedriño e Rañolas, amigos desde a infancia que toman camiños diverxentes.
  • Pequena unidade narrativa que combina humor, lirismo e realismo.
  • Cada un representa un prototipo diferente de persoa:
    • Pedriño: home pasivo, acomodaticio, sen ambición (a Rá é a figura de portada).
    • Rañolas: home activo, inconformista e con ambicións (o Paxaro é a figura de portada).

Produción Ensaística

  • “As cruces de pedra na Bretaña” e “As cruces de pedra na Galiza”: investigación de conxunto sobre os cruceiros galegos aínda hoxe non superada.
  • “Sempre en Galiza”: ensaio histórico-político.
    • Consta dun Adro no que compara a realidade galega coa estremeña, e catro libros.
    • Perspectiva de nacionalismo progresista, reflexión sobre múltiples temas: autogoberno, defensa do idioma, exilio, sentimento de Galicia...

A Prosa de Vangardas

Rafael Dieste

Dos arquivos do trasno
  • Describe as premisas que van seguir os relatos do libro e que considera que debe ter todo relato breve.
  • Conxunto de 8 contos (outras edicións inclúen ata 20).
  • Conxunto de historias independentes, breves e envoltas nunha atmosfera de misterio, onde se transmite o carácter do home galego (sinxelo, bondadoso, nostálxico...).
  • Temas: retorno, crueldade, morte, emigración, soidade...
  • Presenza do mundo real xunto ao mundo imaxinario e marabilloso, mesturado con elementos líricos e mesmo humorísticos.

Entradas relacionadas: