Uso de pronombres TE y CHE

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,29 KB

Sempre se refiren a segunda persona de singular, TE fai de Obxecto Directo (O.D) e CHE fai de Obxecto Indirecto (O.I)

Non pode haber dous O.D nin dous O.I nunha mesma oración.

Nunca se comeza a frase cun pronome.

Nas oracións subordinadas que leven o pronome "que, che" vai antes do verbo.

TRUCOS para saber cando poñer TE ou CHE

*CHE: O.I e cambiámolo por "lle"

*TE: O.D e cambiámolo por o/a/os/as

O pronome normalmente vai detrás do verbo pero hai excepcións como cando as frases son negativas e frases interrogativas e exlamativas.

O pronome te utilízase cando ten a función de CD, propio dos verbos transitivos, xa que alude ao ser ou ao obxecto sobre o que recae a acción verbal.

Se convertemos a oración en pasiva, o CD pasa a ser o suxeito.

O  pronome che utilízase cando ten a función de CI, xa que indica o destinatario da acción expresada polo verbo. Por exemplo: Díxenche a verdade.

Un truco moi rápido para diferenciarmos os pronomes te e che é substituír eses pronomes de segunda persoa polos de terceira.

Se podemos cambiar ese pronome por o/lo/no ou a/la/na, quere dicir que o pronome vai ser de CD. Polo tanto, temos que poñer te.

Se podemos substituílo por un lle, significa que é un pronome de CI e que debemos utilizar o che.


Identificar o lexema/raíz/morfema léxico

achega o significado léxico e está presente noutras palabras do campo léxico (espí-a, espi-ar). contra-espi-onaxe

Identificar o morfema flexivo de xénero

pode ser un morfema cero Ø. contraespionaxe-Ø

Identificar o morfema flexivo de número

pode ser un morfema cero Ø. contraespionaxe-Ø

Identificar os prefixos

morfemas derivativos (se os hai): van sempre antes do lexema. contra-espionaxe

Identificar os sufixos

morfemas derivativos (se os hai): van sempre despois do lexema. contraespion-axe

Identificar o infixo

(se o hai): vai sempre entre o lexema e outro sufixo. contraespi-on-axe. É necesario para engadir o sufixo, non achega significado, a palabra espión non existe.

No caso de formas verbais, ademais dos posibles prefixos e o lexema, hai que segmentar os morfemas de modo-tempo e número-persoa. Ex. desandabamosdes-and-a (VT)-ba (modo-tempo) -mos (número e persoa).

Entradas relacionadas: