A Prosa Galega de Posguerra: Características e Autores Fundamentais da Nova Narrativa

Enviado por Valdo y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,07 KB

A Prosa da Posguerra Galega: A Nova Narrativa e as súas Características

1. A Nova Narrativa Galega: Características

Desde finais da década de 1950 ata comezos de 1960 xurdiu a denominada Nova Narrativa Galega, unha tendencia que asimila as correntes máis renovadoras que a novela europea e americana fora desenvolvendo ao longo do século XX.

No aspecto formal, aposta pola ruptura da cronoloxía lineal do argumento. Dálle relevancia ao monólogo interior que expresa o discurso mental dos personaxes.

No aspecto temático, presenta personaxes anónimos, marxinais e inadaptados, con tendencia á violencia e á autodestrución.

2. Autores Destacados da Nova Narrativa Galega

Neste movemento destacan: Xosé Luís Méndez Ferrín, Carlos Casares, María Xosé Queizán, Gonzalo Rodríguez Mourullo, Camilo Gonsar e Xohana Torres.

Xosé Luís Méndez Ferrín

Naceu en Ourense en 1938 e formou parte do grupo Brais Pinto. É un escritor polifacético que cultiva a poesía, a narrativa, o ensaio e o artigo xornalístico. Distínguense 3 etapas:

  • Unha etapa inicial, con libros de relatos como Percival e outras historias e O crepúsculo e as formigas.
  • Unha segunda etapa en 1970, con obras como Tagen Ata, Metáfora de toda Galicia e Retorno a Tagen Ata.
  • Desde 1980, combina fantasía, o simbolismo e o realismo, a recreación da materia de Bretaña, o compromiso político e a recuperación da memoria da represión franquista, con títulos como Arnoia, Arnoia (1987) e Arraianos (1991).

Carlos Casares Mouriño

Naceu en Xinzo de Limia en 1941 e faleceu en Nigrán en 2002. Distínguense 2 etapas:

  • Unha primeira etapa vinculada á renovación formal da Nova Narrativa, con obras como Vento ferido (1967) e Cambio en tres (1969).
  • Segunda etapa, recupera un enfoque narrativo máis tradicional, con Os escuros soños de Clio (1979) e Ilustrísima (1980).

Xosé Neira Vilas

Á marxe da Nova Narrativa Galega, tanto polos temas coma polo estilo, hai que situar a súa obra na década de 1970. Este autor naceu en Vila de Cruces en 1928 e en 1949 emigrou á Arxentina. Tras contraer matrimonio coa escritora cubana Anisia Miranda, trasladouse a Cuba e alí desenvolveu unha intensa actividade cultural. Desde 1944 reside na súa aldea natal. Inscríbese na tradición da novela realista de tema social.

A súa obra máis coñecida, Memorias dun neno labrego, ten unha estrutura sinxela e linguaxe popular. Destacan outras obras como: Xente no rodicio (1965), Historias emigrantes (1968) e Remuíño de sombras (1973).

Entradas relacionadas: