Protagonistas da Ilustración Galega e Tipoloxía das Perífrases Verbais

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,47 KB

Figuras Destacadas da Ilustración Galega

Entre os ilustrados máis importantes, ademais do Padre Feixóo, Sarmiento e Sobreira, cabe salientar os seguintes:

  • Antonio Raimundo Ibáñez (1749-1809): foi o fundador da fábrica de Sargadelos, o primeiro alto forno da industria española, e creou asemade unha fábrica de louza. Morreu linchado pola multitude en Ribadeo durante a guerra contra as tropas napoleónicas, acusado de "afrancesado".
  • Lucas Labrada (1762-1842): vinculado ao "Consulado del Mar" coruñés, escribiu a Descripción Económica del Reino de Galicia (Ferrol, 1804), unha especie de inventario das riquezas económicas e das vías comerciais da nosa terra.
  • Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1749-1806): cóengo compostelán, fundou a "Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago" (1784), promoveu a industria dos curtidos e a gandaría, combateu a mendicidade e propuxo a creación de bibliotecas e escolas para elevar a cultura do pobo.
  • Xosé Cornide de Saavedra Folgueira (1734-1803): participou nas principais institucións ilustradas galegas e centrou o seu labor investigador no mundo do mar e da pesca, con traballos como Memoria sobre la pesca de la sardina e Ensayo sobre una historia de los peces. Tamén se ocupou de temas arqueolóxicos e históricos, denunciando a política dos que querían "que Galicia sea País de Indias". Deixou tres poemas en galego e un incompleto Catálogo de palabras gallegas.
  • Francisco Xosé Somoza de Monsoriú: avogado de Oleiros e promotor do "Consulado del Mar", escribiu en 1775 a obra Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia.

Outros ilustrados galegos foron Francisco de Castro, Francisco Cónsul Jove, Vicente do Seixo, Xoán Fernández de Castro, Bernardo Hervella de Puga e Luís Marcelino Pereira.

As Perífrases Verbais

As perífrases verbais están formadas por un verbo auxiliar en forma persoal e un verbo principal en forma non persoal (infinitivo, xerundio ou participio).

Perífrases temporais

  • De inminencia: indican unha acción que se vai realizar no momento inmediato.
  • De futuridade: sinalan unha acción que se desenvolverá nun momento futuro.

Perífrases modais

  • De obrigatoriedade: expresan unha obriga ou necesidade.
  • De hipótese: formulan unha suposición ou probabilidade.

Perífrases aspectuais

  • Incoativas: indican o comezo da acción.
  • Imperfectivas: amosan que a acción aínda segue desenvolvéndose.
  • Perfectivas: indican que a acción está rematada.
  • Terminativas: sinalan que a acción está rematada pero nun momento anterior ao da fala.
  • Reiterativas: indican a repetición da acción expresada polo verbo.

Perífrase pasiva

A perífrase pasiva emprégase en construcións pasivas, onde o suxeito non realiza a acción, senón que a recibe. Fórmase co verbo auxiliar ser seguido do participio do verbo principal.

Entradas relacionadas: