Ramón Cabanillas: Vida, Obra e Influencias

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,76 KB

Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas (Cambados, 1876 – 1959)

Estudou en Cambados e Compostela. En 1910 embarcou cara a Cuba e traballou nun teatro propiedade do Centro Galego. Polo contacto cos galeguistas emigrados, empezou a escribir en galego. Regresou en 1915 e comezou a colaborar activamente coas Irmandades da Fala. En 1920 ingresa na RAG, e en 1929 na RAE. En 1936, coa guerra, estaba en Madrid. Ao final da súa vida regresou a Cambados.

Produción Poética

Etapas

  • 1910-1915: Etapa de formación ou pregaleguista. Combina a evocación descritiva e nostálxica do seu país por parte dun emigrante co poeta anticaciquil e cívico propio da 2ª etapa. Carácter agrarista, estética modernista e ideoloxía celta de Pondal.

Obras: No desterro, Vento mareiro.

  • 1915-1920: Etapa decisiva ou galeguista. Colabora coas Irmandades da Fala e o compromiso co país é total. Actúa de concienciador do pobo. Nesta etapa apréciase con claridade a influencia de Curros Enríquez. Poeta da raza.

Obras: Da terra asoballada, A man da Santiña (teatro. Galego para ámbitos cultos e non só choqueiros)

  • 1920-1931: Etapa mítico-saudosista cun achegamento á Xeración Nós e ao Saudosismo portugués (movemento de vangarda que se desenvolveu nos anos 20. Sostiña que o primeiro paso para a esperanza do futuro é o coñecemento do pasado. Pretenden recuperar e manter a memoria histórica. Autores: Teixeira de Pascoaes, L. Coímbra.).

Obras: O Mariscal (teatro). Reconstrúe o pasado desde a Idade Media a través da figura de Pedro Pardo de Cela, líder da revolta dos Irmandiños; Na noite estrelecida. (Materia de Bretaña)

  • 1939-1959: Etapa da 2ª madurez. (Hai uns anos baleiros por mor da guerra). Abandona a poesía combativa por unha de introspección e contemplación da beleza.

Obras: Camiños no tempo, Versos de alleas terras e tempos idos (1955), Samos, Da miña zanfona (1954)

Influencias

  • Das figuras do Rexurdimento: de Rosalía o intimismo e o costumismo, de Pondal o costumismo e o uso do mundo celta, e de Curros a liña cívica e social co movemento agrario, pero en outra época e reivindicando, no caso, a redención dos foros.
  • A corrente modernista de ámbito iberoamericano (Rubén Darío), no escapismo: uso de tempos e lugares remotos, da sensorialidade, dos versos longos, da simboloxía, do debuxo, do coidado formal, a musicalidade.
  • Dos poetas románticos europeos (Heine, Bécquer, Baudelaire), no intimismo.

Obra Poética

O poeta é autor dunha ampla obra poética:

Poesía Lírica

Expresión do seu eu lírico en múltiples direccións (intimismo, costumismo…). No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada (1917), A rosa de cen follas (1927), Da miña zanfona.

Dentro deste apartado hai catro grandes orientacións:

  • Reivindicación cívica: o antecedente máis claro da poesía combativa é Curros. As primeiras composicións cívicas de Cabanillas concordan ideoloxicamente co agrarismo da época (a loita anticaciquil e contra os foros, a denuncia do sufrimento do labrego).
  • O intimismo: herdada dos románticos como Bécquer ou Rosalía; en Cabanillas tamén aflora sensibilidade amorosa, conmoción ante a natureza ou sentimento dorido ante a vida.
  • O costumismo: máis alá da tendencia do século XIX de só reproducir tipos e costumes. Para el, a temática costumista supón indagación e reivindicación das raíces da cultura e lle engade certas novidades formais (conexión co modernismo) e trazos de tenrura e humor, para reclamar o pasado glorioso.
  • O modernismo: nalgúns poemas busca a evasión; ambientación exótica ou medieval, forza sensorial e musicalidade. Non interfire no contido.

Poesía Narrativa

Relatos épicos ou didácticos, cun forte lirismo: O bendito San Amaro, Na noite estrelecida (1926), Camiños no tempo, Samos.

O bendito San Amaro é sobre ese santo da tradición do Salnés. Samos é un relato didáctico e descritivo sobre este mosteiro.

O título máis importante é Na noite estrelecida, que xorde no momento de máximo esplendor do galeguismo erudito e europeizante: o galego introdúcese en Europa pola Materia de Bretaña, tema recorrente na literatura europea occidental, para relacionala con Galicia. Está relacionado coa Trindade e a relixión (o rei Artur, o santo Grial…) e composta por tres sagas ou partes:

Estrutura de Na noite estrelecida
  • A espada Escalibor: Artur desencravaa e é coroado rei. Preséntanse Merlín e os cabaleiros da Mesa Redonda.
  • O cabaleiro do Sant Grial: o rei encoméndalles a procura do Grial e Galaaz atópao en Galicia.
  • O soño do rei Artur: Galaaz volve xunto a Artur para comunicarllo. Este despídese e parte nunha viaxe, anunciando a súa volta para os tempos de gloria profetizados por Merlín.

É unha exaltación lírica de Galicia, cunha carga ideolóxica nacionalista clara: a partir duns elementos céltico-artúricos, perséguese a dignificación do pasado e dos valores culturais.

Estilo e Métrica

Sobre o estilo, está cargado de forte simbolismo relixioso e unha densa adxectivación, propia da influencia modernista. E sobre a métrica, hai sobre todo romances, romances heroicos (versos máis longos) e pareados alexandrinos.

Entradas relacionadas: