Reformismo Borbónico en Galicia: impacto y limitaciones

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,02 KB

Reformismo Borbónico en Galicia

Denomínase Reformismo borbónico aos cambios implementados pola nova dinastía reinante a partir de 1700 baseados no establecemento dunha monarquía absoluta, a centralización administrativa e, na segunda metade do s.XVIII, co Despotismo ilustrado, na aplicación do ideario ilustrado coa intención de elevar o nivel cultural e científico-técnico do país coa intención de obter melloras no eido económico. Destacan neste plano Fernando VI e Carlos III.

Reformas en Galicia

A posición estratéxica de Galicia na defensa do Imperio colonial fixo que os Borbóns trataran de reforzala como baluarte, principalmente contra os ingleses, a través dunha serie de reformas. Destaca a Ordenanza da matrícula do mar do Marqués de la Ensenada na que se trataba de racionalizar o recrutamento de mariñeiros levando un rexistro da xente do mar segundo as funcións que dominaban e o seu nivel de experiencia. O seu impacto foi bastante limitado e foi eliminada en 1802.

Creouse tamén a figura do Intendente de Galicia na Coruña como organizador das reformas, pero sen dúbida destaca a creación do arsenal de Ferrol e dos estaleiros por parte do Marqués de la Ensenada convertindo a Ferrol na principal cidade fortificada no Noroeste penínsular tendo un papel clave na defensa das rutas coloniais. Creouse a Academia de Garda Mariñas e O Ferrol creceu demográficamente de xeito exponencial mediante un trazado hipodámico.

Impacto en Galicia

A cidade da Coruña veuse tamén beneficiada pola apertura durante o reinado de Carlos III do Servizo de Correos marítimos e, sobre todo, pola autorización do comercio colonial con América dentro do proxecto de finalización do monopolio de da Casa de contratación de Sevilla polos Borbóns. Neste novo papel de baluarte do Imperio colonial Galicia viuse asolada polos ataques ingleses durante esta época destacando a Batalla de Rande durante a Guerra de Sucesión, a invasión inglesa de Vigo e Pontevedra en 1719 ou o ataque a Ferrol de 1800.

Limitaciones y reacciones

Pese a todo, o impacto da Ilustración foi bastante limitado y o impacto de reformismo viuse truncado polo brote da Revolución francesa e o medo a difusión das ideas do liberalismo por parte de Carlos IV, limitando de maneira moi significativa, incluso reaccionando contra os ilustrados de finais de século. Por outra banda a Ilustración en Galicia ten coma principal representante a Benito Feijóo e as propostas en xeral foron moi moderadas poñendo o acento no atraso económico e na necesidade de modernizar Galicia potenciando a industria, a pesca e a agricultura e gandería.

A análise do atraso económico levou a toma de conciencia por partes destes ilustrados da excentralización de Galicia respecto ao conxunto do Reino o cal podemos afirmar que foi unhas das primeiras tomas de conciencia da realidade diferencial de Galicia e a defensa da súa lingua e dos seus particularismos.

Entradas relacionadas: