Renovación de la Narrativa Galega: 1936-1975
Enviado por airamotcefrep y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,34 KB
PROSA 1936-1975
Mellor achega á narrativa → da ,am de dúas das grandes novelas da nosa literatura: A esmorga (E. Blanco Amor) e Memorias dun neno labrego (X. Neira Vilas). A narrativa do exilio ten unha clara preferencia pola temática da guerra civil.
Ramón de Valenzuela Otero
Publicou Non agarderei por ninguén, novela centrada nas peripecias de Gonzalo Ozores como guerrilleiro dos montes de Galicia e como soldado na fronte de batalla. A súa 2ª novela, Era tempo de apandar, complementa á 1ª. Tamén é autor de relatos curtos reunidos no volume O naranxo.
Antón Alonso Ríos
Participou como novelista coa obra Da saudade. Amore, arte e miticismo, na liña narrativa do “Grupo Nós”. Seguidamente relatou os vinte meses que botou percorrendo a Galicia de Franco disfrazado de esmolante portugués e a súa fuxida ao exilio na novela Memoria dun fuxido. Finalmente, publicou Nidia, onde a protagonista é unha monxa e vehiculiza unha infinidade de reflexións filosóficas, teolóxicas e morais.
Renovadores da prosa
Debido a diversos factores a prosa galega deixa de ter continuidade e ves truncado o camiño iniciado pola Xeración Nós. Deste xeito, a literatura galega instalarase no exilio e a partir dos anos 50, se vau iniciar unha progresiva recuperación grazas ao labor realizado polos homes vinculados ao proxecto Galaxia.
Ánxel Fole
Obra narrativa → influenciada por tres espazos rurais nos que se refuxiou nos primeiros anos da posguerra. Características da súa obra:
- Reflicte a realidade do pobo galego de montaña, incomunicado, pobre e atrasado, polo que hai unha crítica a esta situación. Móstrase comprometido con Galicia e con ganas de mudar a situación na que vive.
- Técnica semellante á narración dos contos populares galegos.
...
Eduardo Blanco Amor
Naceu en Ourense e emigrou a Bos Aires. Alí continua a súa formación e entra en contacto con intelectuais. Como correspondente de La Nación regresa a Galicia e contacta cos membros do Grupo Nós. Defende a causa republicana e colabora cos exiliados en actividades políticas e culturais. En 1965 regresa ao seu país natal e participa en actividades culturais.
Álvaro Cunqueiro
Novelas:
- Merlin e familia: arredor de Merlin (materia de Bretaña).
- As crónicas do Sochantre → 3ª persoa
...
Neira Vilas
Emigra a Arxentina polas dificultades económicas da posguerra. Alí entra en contacto cos ambientes galeguistas e destaca o seu traballo na defensa de Galicia. Os seus libros están moi influenciados pola súa biografía. Un dos temas máis tratados é o mundo da emigración e o mundo rural, centrándose no neno labrego e na súa visión da vida.
Nova Narrativa Galega (anos 50)
Autores marcados polo desexo dunha renovación na narrativa. A obra que abre o período é Nace unha árbore, de Rodríguez Mourullo en 1954, e a que o pecha Adiós María, de Xohana Torres en 1970. Os autores deste período propóñense os seguintes obxectivos: Renovación da narrativa galega → tentan superar os modelos establecidos. Mantemento dunha actividade cultural e poética galeguistas. Total compromiso coa lingua galega.