Represión e Resistencia: O Contexto de Galicia durante o Franquismo (1939-1975)
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,48 KB
O Contexto de Galicia durante a Ditadura Franquista (1939-1975)
O Ámbito Social e Económico: Da Ruralización á Industrialización
En canto ao ámbito social e económico, despois da Guerra Civil (1936-1939), xorde a ditadura franquista. Esta época destaca debido á ausencia de liberdade, de liberdade de expresión, reunión e asociación. Tamén se anulan os dereitos políticos, culturais e relixiosos, nun período de retroceso social e político, no que se produce unha nova ruralización.
A Transformación Económica a Partir dos Anos 50
A partir dos anos 50 comeza unha industrialización moderna, onde se leva a cabo a construción de encoros e elévase a importancia do sector naval. Ademais disto, desenvólvense outros sectores como o sector de servizos, de produción cárnica, leiteira e madeireira.
Por outro lado, acentúase a emigración cara a Europa (Gran Bretaña, Francia e Suíza) e as áreas industrializadas de España, como son Cataluña e o País Vasco.
O Ámbito Político: Represión e Resistencia Clandestina
No ámbito político, trátase dunha etapa de duras represións, asasinatos, encarceramentos e exilios.
Resistencia Guerrilleira e Oposición (Anos 40 e 60)
A partir dos anos 40, xorden as resistencias guerrilleiras, onde, en Galicia, destacaba un home alcumado "O Piloto".
Xa nos anos 60 renace a oposición (de xeito clandestino) e unha tendencia cara á radicalización, onde predominan os grupos comunistas do movemento obreiro. Destacan as cidades de Vigo e Ferrol, creándose un nacionalismo moito á esquerda.
O Ámbito Cultural e Lingüístico
No ámbito cultural, case desaparecen as producións vangardistas e certos movementos culturais anteriores á Guerra Civil.
Por outro bando, o uso do galego redúcese nos rexistros informais, aínda que segue sendo a lingua maioritaria.
O Ámbito Literario: Silencio, Exilio e Rexurdimento
No ámbito literario diferéncianse varias etapas:
A Posguerra e o Exilio
A primeira delas sitúase na posguerra, onde a literatura autóctona encóntrase silenciada, pero ao mesmo tempo déuselle continuidade, grazas a aqueles escritores e empresas culturais que puideron fuxir (exilio). Tamén cabe dicir que unha parte importante da nosa literatura editarase e reeditarase en Bos Aires (Arxentina), Venezuela, Cuba ou México.
Os Anos 50: A Fundación de Galaxia
Nos anos 50 dáse un fito histórico: créase a Editorial Galaxia e publícase unha revista trimestral da colección Grial. Publíanse tamén obras moi importantes como Cómaros Verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño, ou a colección de poesía de Benito Soto, e danse a coñecer revistas bilingües, como Alba.
Os Anos 60: O Compromiso Social
Nos anos 60 destacan as asociacións culturais, O Facho (A Coruña) e O Galo (Santiago). Comeza unha poesía de tendencia sociocomunista, como por exemplo en Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro, seguindo a liña cívica iniciada por Curros no S. XIX.
Os Anos 70: Mudanza e Ruptura
Finalmente, nos anos 70, suprímese o socionacionalismo e comezan a verse indicios de mudanza, que coinciden coas folgas de Ferrol e Vigo. A finais da década, xorden colectivos poéticos renovadores, de tendencia máis rupturista, como por exemplo a obra Rompente.