Reumen la cripta del apostol

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,19 KB

O libro comeza cun prologo no que conta a historia de cómo os apóstolos de Xacob: Teodoro e Atanasio, cumpren a misión de transportar os restos mortais do seu mestre as terras de Galicia, onde debe de ser enterrado. Tendo que superar unha serie de retos e complicacións conseguen enterralo no que agora coñecese como Santiago de Compostela.

A historia en si conta a historia de catro rapaces: Xacobe, Jaume, Paula e Candela. Estes comezan unha excursión do colexio que levaraos dende o porto de Somport ata Santiago de Compostela, percorrendo o camiño de Santiago alternando tramos a pe e tramos andando. O primeiro dia da viaxe comeza en somport. Xacobe non se dera levantado a tempo e perdera o bus, esa mesma noite tivera un estraño sono no ue aparecía un misterioso personaxe vestido cunha capa branca e coa cruz de Santiago (flor de lis) debuxada na espalda. Coa presentación dos monitores un deles, Enrique, dálle mala espiña a Xacobe, ese monitor ten unha cicatriz en forma de cruz na fronte, a mesma que tiña o personaxe do soño de Xacobe. Durante os días seguintes Xacobe descobre na mochila de Enrique unha capa branca coa cruz debuxada na espalda o cal faille sospeitar, mais adiante nas ruínas dun hospital que estaban a visitar descobre unhas palabras escritas con xiz que poñen CAELA NIDA NOZ, que resulta ser un anagrama que di Santo Domingo de la Calza, a proxima parada da excursión onde Paula e Xacobe manteñen un momento moi intimo nos sofás do alberge, Xacobe estaba apunto de confesaerlle o que sentia a Paula pero esta adormece. Na seguinte etapa da viaxe Xacobe case cae por un burato que fixérase aos seus pes cando cruzaba unha ponte, nese mesmo instante paraceulle ver como os soldados da raiña Lupa intentavano atrapar, era como se el fose un dos apostolos de Xacob. Cando o grupo chega a redecilla del Camiño, son levados a unha igrexa onde o parroco failles unha breve pero aburrida explicación sobre o Apostolo Santiago, cando unha das profesoras fai unha pregunta referíndose a credibilidade da historia do Apóstolo o monitor enrique marxa todo enoxado e non volven saber del. Esa mesma tarde Paula atopa un anaco de papel firmado por enrique que conten outro anagrama “PECADO:¿ECO REMOTO?” ao final da viaxe en bus ata Burgos chega a conclusión de que di ¿todo e como parece?. En Burgos creen atopar a Enrique disfrazado pero como non están seguros non din nada as profesoras.
Cando o grupo estaba durmindo no alberge de Carrion do Condes dase a alerta de que ai un incendio no alberge, chaman aos bombeiros e Xacobe desaparece, despois de investigar descobre que Xacobe non estaba no alberge no momento do incendio. E que Xacobe fora secuestrado por Enrique e unha muller que o acompañaba, o seu plan era reencarnar o espíritu do apostolo santiago no corpo de Xacobe, pois el era o elixido. Enrique era o discipulo de Xacob, Atanasio que volverase inmortal a cambio da encomendar a tarefa de gardar a tumba do seu mestre. Ao final cando Enrique esta a punto de consegilo a muller que vai con el cambia de opinion e decide salbar a Xacobe. O libro remata cunha escena dos catro amigo no parque charlando tal como comezara.

Entradas relacionadas: