A Revolución do Ferrocarril en Gran Bretaña: Como o Tren Redefiniu o Tempo e o Espazo
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,49 KB
Análise dos Cronogramas Históricos
O documento está composto por 4 imaxes: un mapa de Gran Bretaña coa localización dos principais núcleos urbanos e 3 cronogramas que refiren ao mesmo espazo xeográfico e ás mesmas cidades, se ben responden a distintos momentos históricos (1750, 1830 e 1855). As 4 ilustracións representan as distancias en unidades de tempo (días e horas, nos cronogramas) que separan estas cidades en relación á capital, Londres.
Os cronogramas son gráficas de coordenadas, de abcisa expresiva/non cuantificada e cunha ordenada que permite repartir o campo de cada gráfica en 3, 5 ou 10 sectores ou aneis respectivamente.
A representación do tema por medio de cronogramas maniféstase eficaz tanto para unha lectura específica como comparativa. Así, a distancia de 3 días que separaba Liverpool e Sheffield de Londres en 1750 redúcese a 16 horas para Sheffield en 1830 e a menos de 7 horas para Liverpool en 1855.
O punto anterior evidencia a transcendencia dos avances técnicos no sector do transporte, ata o punto de falarmos durante estas coordenadas espazo-tempo dunha revolución dos transportes e, concretamente, da era do ferrocarril, que son precisamente o título da U.T. 3 e do capítulo 3.2, aos que o documento reforza.
Comentario: A Era do Ferrocarril
- O ferrocarril xurdiu da conxunción da locomotora (máquina de vapor/carbón) e os raís (siderurxia/ferro).
- Stephenson construíu en 1814 unha locomotora para transportar carbón desde as minas. En 1825 inaugurouse a primeira liña de ferrocarril de carga en Inglaterra e, en 1830, a primeira de transporte de pasaxeiros (Liverpool-Manchester).
- Os avances técnicos fixeron do ferrocarril un medio de transporte cada vez máis rápido, seguro e barato, e as vías férreas multiplicáronse por todo o mundo (inclusive as transcontinentais, como o Transiberiano entre 1891 e 1905).
- Os novos transportes tiveron un forte impacto económico e social:
Impacto Económico e Social do Ferrocarril
- Potenciaron o desenvolvemento da minaría e da siderurxia.
- Desenvolveron a especialización económica e os intercambios (división do traballo mundial: manufacturas vs. materias primas).
- Modificaron a vida cotiá, permitindo o transporte de alimentos perecedoiros.
- Facilitaron as grandes migracións.