A Revolución Estética: Movementos e Autores Clave das Vangardas Galegas do Século XX
Clasificado en Español
Escrito el en
español con un tamaño de 3,52 KB
As Vangardas Galegas: Ruptura e Renovación
Nas primeiras décadas do século XX xorden en Europa diversos movementos artísticos que pretenden unha renovación total da arte. A característica central das vangardas é a defensa da “arte pola arte”; o obxectivo primordial é ser creativo, permitindo que os poemas sexan radicalmente distintos ao resto da produción tradicional.
Estes movementos teñen en común a ruptura coa tradición literaria. Comparten as seguintes características fundamentais:
- Actitude romántica e antisentimental.
- Defensa total da liberdade creativa e reivindicación da súa independencia e orixinalidade.
- Defensa da arte pola arte.
- Renovación da linguaxe literaria.
A Xeración do 25 e as Revistas Vangardistas
A Xeración do 25 foi fundamental para a difusión das novas correntes estéticas en Galicia. A súa actividade estivo ligada á publicación de diversas revistas e folletos:
- Alfar (A Coruña, 1920-27; Montevideo, 1927-29)
- Ronsel (Lugo, 1924)
- Cristal (Pontevedra, 1932-33)
- Resol (Santiago, 1932-36)
- Yunque (Lugo, 1932)
- Papel de color (Mondoñedo, 1933-35)
Principais Correntes Poéticas de Vangarda
Hilozoísmo
O Hilozoísmo ten como tema principal a natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións. O iniciador do Hilozoísmo foi Luís Amado Carballo, quen publicou dous libros de poemas: Proel (1927) e O galo (1928); e unha novela, Os pobres de Deus.
Neotrobadorismo
No Neotrobadorismo, os poetas novos introducen na súa poesía numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos da lírica medieval. Os principais representantes desta época foron:
- Fermín Bouza Brey co poemario Nao Senlleira (1933).
- Álvaro Cunqueiro con Cantiga nova Hilozoísmo que se chama riveira (1933) e Dona do corpo delgado (1950).
- Xosé María Álvarez Blázquez, Cancioneiro de Monfero (1953).
Creacionismo
O Creacionismo caracterízase polo uso de moitas figuras retóricas. O principal poeta foi Manuel Antonio, que publica De catro a catro en 1928, un poemario formado por 19 poemas.
Outros Poetas Vangardistas Destacados
- Álvaro Cunqueiro:
- Cubismo: Mar ao norde (1932).
- Surrealismo: Poemas do si e non (1933).
- Eduardo Blanco Amor: Romances galegos (1928), Poemas en catro tempos (1931).
- Manuel Luís Acuña: Fírgoas (1933).
- Luís Pimentel: Folleto de oito poemas, Triscos (1950), Sombra do aire na herba (1959), Barco sen luces (1960).
A Prosa de Vangarda
A prosa tamén experimentou unha profunda renovación coas vangardas, destacando a figura de:
- Rafael Dieste (1899-1981):
- Dos arquivos do trasno (1926): conxunto de relatos de misterio que retratan a psicoloxía da xente galega.
- A fiestra valdeira (1927): comedia de carácter simbólico na que aborda o tema da identidade cultural.