La Revolución Neolítica: Transformación Económica, Social y Tecnológica en la Península Ibérica

Geografía3,76 KB

Neolítico: Más Que Una Innovación da Técnica Lítica

Paso da pedra tallada á pulida, o Neolítico foi unha verdadeira revolución das actividades económicas. O home, cuxas condicións climatolóxicas eran xa como as actuais, deixou de ser cazador ou recolector (economía predadora) para converterse en agricultor ou gandeiro (productor).

Esta revolución neolítica representaba un cambio extraordinario na vida do home por canto permitíalle producir bens de consumo en función das súas necesidades, co que non quedaba limitado ás pequenas posibilidades da caza ou da recolección. Coas novas técnicas o home podía crear un excedente o que lle permitiu iniciar unha división do traballo e con el reestruturar o grupo social doutro xeito. O Neolítico baseábase pois na invención e adopción de novas técnicas:

  • A) A agricultura: con uso do barbeito ou do sistema itinerante, e o cultivo de cereais (trigo, centeo, cebada) ou de plantas industriais (liño).
  • B) A gandería: que vai permitir domesticar o uro salvaxe (boi), o porco, a ovella ou a cabra.

Tanto a agricultura como a gandería permitiron asentarse nunhas terras determinadas, sen o nomadismo constante do cazador paleolítico: o home faise sedentario, co que rematou agrupándose en comunidades, formando poboados. A orixe destes cambios encóntrase na chegada ás costas mediterráneas de pobos de Oriente Próximo. Desde o litoral, o proceso de neolitización foise estendendo ao resto da Península. Máis tarde, produciuse tamén a chegada de influencias neolíticas através do continente europeo.

Etapas do Neolítico Peninsular

O Neolítico peninsular adoita dividirse en dúas etapas:

  • Primeira Fase (6000-3500 a.C.): Os asentamentos realizáronse en covas e desenvolvéronse fundamentalmente na costa mediterránea, desde Cataluña ata Andalucía. Desenvólvese a cultura da cerámica cardial, caracterizada pola súa decoración realizada con cunchas de berberecho (Cardium edule).
  • Segunda Fase (3500-2500 a.C.): Apareceron verdadeiros poboados que agora se situaron en zonas máis chas e axeitadas para o cultivo. No sueste peninsular este período final coñécese como Cultura de Almería.

Consecuencias da Vida en Comunidade

A vida e o traballo en comunidade permitiron:

  • A) Un maior desenvolvemento técnico: nas ferramentas de traballo (eixada, gadaña, arado...); nos medios de conservación (cestaría e cerámica); nos sistemas de transporte (roda); nas construccións de tipo comunal (Megalitismo: dolmen, mámoa, menhir...); e nas primeiras industrias de consumo (tecido).
  • B) Unha inicial división do traballo: aínda que sen abandonar o traballo agrícola-gandeiro, xorden os especialistas, ceramistas, tecedores, máis tarde os metalúrxicos.
  • C) A aparición e desenvolvemento do comercio.
  • D) Unha confirmación das prácticas relixiosas, culto aos mortos. O desenvolvemento da tradición funeraria manifestouse na aparición do megalitismo. Trátase de culturas que construían monumentos para enterramentos colectivos.

Cambios Sociais e Económicos

Os cambios sociais e económicos foron moi importantes. Todo iso esixía unha organización social máis complexa, determinada pola división do traballo e polo control do excedente alimentario. Estes factores contribuíron ao xurdimento dunha primeira xerarquización social.

Descargar

PDF Word HTML