A Revolución Rusa: Causas e Consecuencias

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,91 KB

A principios do século XX, o zar Nicolás II gobernaba sobre un territorio inmenso e moi poboado, pero era un dos estados máis atrasados de Europa. Rusia seguía sendo unha autocracia: o zar gobernaba e non estaba suxeito a ningunha Constitución. Os partidos políticos estaban prohibidos e a policía reprimía calquera oposición.

Economía

A economía rusa sostiñase nunha agricultura tecnicamente moi atrasada e cunha baixa produción. A industrialización só había en San Petersburgo, Moscú, Ucraína, o Mar Negro…

Sociedade

A sociedade era unha das máis desiguais de Europa. Na cúspide estaba a nobreza, que era a propietaria da maior parte da terra. No outro extremo estaban os campesiños, que vivían en condicións de extrema pobreza. En medio de ambos situábanse os kulaks, medianos propietarios que se enriqueceran acumulando terras. Nas cidades industriais concentrábase un importante contingente de obreros, a maioría traballaba en grandes empresas, percibía salarios baixos e vivía en condicións precarias. A burguesía era escasa e tiña pouca influencia.

Oposición ao zarismo

Dende finais do século XIX desenvolveuse unha crecente oposición á autocracia zarista. Os primeiros opositores eran coñecidos como populistas e propugnaban a destrución do zarismo e a construción dun socialismo de base agraria. Entre eles arraigou o anarquismo, que propugnaba o reparto da terra entre os campesiños. A principios do século XX creouse o Partido Socialista Revolucionario, que tiña unha gran influencia sobre os campesiños. O desenvolvemento do proletariado comportou a difusión do marxismo e fundouse o Partido Obrero Socialdemócrata Ruso. En 1904 este partido escindíuse en dúas alas: bolchevique, con Lenin como líder, e menchevique, que seguía as directrices da Segunda Internacional, os primeiros dispostos a tomar o poder pola forza.

A Revolución de 1905

En xaneiro de 1905 estourou un movemento revolucionario en San Petersburgo. Unha gran manifestación diante do palacio de Inverno, onde residía o zar, protestou contra o despotismo e a inxustiza social e demandou melloras. A protesta foi reprimida polo exército, Domingo Sangrento. A revolución obrigou ao zar a emprender algunhas reformas económicas e políticas que anunciou no Manifiesto de Outubro, no que se comprometía a respectar as liberdades públicas. O zar convocou unha Duma e propuxo unha reforma agraria co obxectivo de mellorar a produción agrícola. A creación da Duma propiciou o xurdimiento de partidos liberais de composición burguesa.

Unhas reformas insuficientes

As reformas iniciadas tras a revolución de 1905 quedaron moi lonxe de transformar as arcaicas estruturas sociais e políticas do imperio. O poder do parlamento era escaso e o zar e os seus ministros non eran responsables ante el. Pero en 1914 parecía que o zarismo superara os seus problemas. O poder do zar controlaba a Duma. Con todo, a participación de Rusia na Primeira Guerra Mundial creou unha coyuntura para un novo estalido revolucionario de maior envergadura que o de 1905.

A difícil coyuntura da guerra mundial

A economía rusa orientouse a abastecer ao exército. A maioría das fábricas transformáronse en industrias de guerra e o reclutamento de campesiños fixo diminuír a produción de primeira necesidade, comezaron a escasear, os prezos subiron. A escaseza e a fame estenderonse pola poboación. Para frear as críticas, o zar disolveu a Duma e o malestar político aumentou. Ante esta coyuntura, a situación revolucionaria desatouse de novo. O descontento político conduciu á revolución de febreiro de 1917.

Entradas relacionadas: