O Réxime de Primo de Rivera en Galicia: Impacto, Apoios Sociopolíticos e o Fin da Restauración

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,07 KB

A Ditadura de Primo de Rivera e o Fin da Restauración

A Ditadura de Primo de Rivera preséntasenos como o corolario final do período da Restauración. Cun sistema político acabado, sen ningunha posibilidade de reactivación interior, unha tentativa de goberno autoritario aplaudiuse como a única posibilidade para manter un sistema baseado na Monarquía. Mais resultou un período que só adiou oito anos a chegada da II República.

Programa e Medidas Iniciais do Réxime

O programa de acción de Primo de Rivera era verdadeiramente simple e contaba cun grande respaldo popular: orde social, combate ao caciquismo e reorganización da política. Como dixemos, viuse nesta saída autoritaria de base corporativa a única oportunidade de iniciar “unha política nova” que puxese fin ao réxime canovista de liberalismo oligárquico.

As primeiras medidas do ditador foron:

  • Suprimir os vellos partidos.
  • Pechar as cámaras parlamentarias, perseguindo os líderes destacados do vello sistema.
  • Constituír novos órganos de poder local e provincial, entregando os concellos e deputacións a un novo persoal político.
  • Os gobernos civís foron desempeñados por militares, entendidos como politicamente “neutros”.

Foi a primeira grande renovación das elites políticas da España do século XX, unha anticipación do franquismo.

O Impacto da Ditadura en Galicia

En Galicia foron desprazados os tradicionais caciques. A retórica rexeneracionista de que cumpría limpar a política tivo unha grande aceptación popular, mesmo dende os sectores máis nacionalistas. Mais este entusiasmo durou pouco: Risco, que colaborara coa ditadura nos primeiros momentos, rexéitao ao ver quen constituían as novas elites políticas.

Piares Sociopolíticos do Réxime en Galicia

En Galicia o réxime de Primo de Rivera sustentarase en tres piares sociopolíticos principais:

  1. Os agrarios.
  2. Os mauristas.
  3. Os rexionalistas (aos que temporalmente se unirán os nacionalistas conservadores).

Un dos nexos máis fortes entre estes grupos foi o catolicismo, porque foi nos sindicatos e organizacións católicas onde se recrutou a grande parte das elites políticas do réxime.

O Papel dos Rexionalistas e Mauristas

O protagonismo dos rexionalistas foi efémero, porque ante o fracaso de crear unha Mancomunidade galega, ao estilo da catalá, estes abandonaron de inmediato o apoio ao réxime.

Foron os mauristas, formados por mozos católicos non implicados na política do aquendamento, quen, xunto cos católicos, foron o fundamento do réxime primoriverista. Tiñan un certo aire rexionalista, sendo a personalidade máis emblemática José Calvo Sotelo, que acompañou como ministro durante toda a ditadura, exercendo unha grande influencia en Galicia, en especial na provincia de Ourense.

Entradas relacionadas: