O Rexurdimento Galego: Claves, Períodos e Protagonistas da Recuperación Cultural
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,42 KB
Claves do Rexurdimento Galego: Recuperación e Movemento Político-Ideolóxico
O Rexurdimento galego caracterizouse por dous eixes fundamentais: a recuperación da escrita literaria en galego e a aparición dun movemento político-ideolóxico que impulsou a lingua e a cultura.
Períodos do Rexurdimento
Período Precursor (1833-1862)
Autores que participaron no movemento provincialista e usaron o galego con anterioridade á aparición de Cantares Gallegos.
Período do Rexurdimento Pleno (1863-1888)
Autores que estableceron un sistema literario galego autónomo, acadando cotas moi altas de calidade nalgunhas das súas obras. Destacan figuras como Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal. Neste período, predomina a poesía.
Período da Depresión Finisecular (1889-1914)
Nesta etapa, enraízan a narrativa e o teatro. Destaca a fundación da Real Academia Galega. O período chega ao seu fin co nacemento das Irmandades da Fala, considerado o segundo Rexurdimento.
Obxectivos do Rexurdimento
Os principais obxectivos foron:
- Mudar a consideración negativa do idioma galego, empregando argumentos de prestixio, de utilidade e de identidade.
- Ampliar os ámbitos de uso do idioma galego, recuperando o espazo da literatura e da prensa periódica.
- Estudar e depurar o idioma galego, co xurdimento das primeiras gramáticas e dicionarios, e a elaboración dun modelo de galego culto ou estándar.
- Reivindicar o pasado histórico de Galicia.
Iniciativas Impulsoras
- Historiografía: Edición de obras que abordaron a nosa historia.
- Filoloxía: Aparición dos primeiros dicionarios e gramáticas do galego.
- Prensa Escrita: Edición de xornais, almanaques e revistas parcial ou totalmente en galego.
- Folclore: Recompilación por parte de autores de material literario oral popular.
- Música: Creación de orfeóns para difundir cantigas.
- Pintura e Escultura: Aparición de figuras importantes que procuraron no paisaxismo e costumismo nos cadros transmitir o auténtico ser de Galicia.
- Literatura: Recuperación de xéneros literarios escritos en galego coa convocatoria de certames literarios.
Os Precursores do Rexurdimento
Entre os precursores máis destacados atópanse:
- Álbum de la caridad: Obra emblemática.
- Nicomedes Pastor Díaz: Romántico e político liberal.
- Alberto Camino: Autor de poemas románticos, elexíacos, costumistas e de circunstancias.
- Francisco Añón Paz: Coñecido pola súa obra costumista, epigramática, áulica e social.
- Xoán Manuel Pintos: Autor de A gaita gallega.
- Os irmáns Antonio de la Iglesia (editor de Galicia) e Francisco María de la Iglesia (fundador do xornal Diario de Galicia).