Rexurdimento galego: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros — obras e legado

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,12 KB

Rexurdimento galego: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Manuel Curros

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro é a figura máis importante do Rexurdimento e de toda a historia da literatura galega. A súa obra en galego comprende tres títulos: os dous poemarios, Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880). Naceu en Santiago no ano 1837 e morreu en Padrón en 1885. A lingua de Rosalía responde a un galego baseado na lingua oral.

Eduardo Pondal Abente

Eduardo Pondal Abente naceu o 8 de febreiro de 1835 en Ponteceso. É para algúns o primeiro poeta galego moderno que independiza a literatura galega do seguidismo da literatura castelá. A súa obra en galego comprende tres títulos: os dous poemarios, Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880), e un conto que deixou inédito, Conto gallego, publicado póstumamente en Bos Aires. Tamén podemos incluír dentro da súa produción en prosa en galego os dous proemios aos seus poemarios.

Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez naceu en Celanova o 15 de setembro. É unha das tres grandes figuras do Rexurdimento, xunto con Rosalía e Pondal, sendo os tres os responsables, xunto con outros de menor relevancia, da recuperación do cultivo literario da lingua galega. Se temos que escoller un elemento caracterizador de Curros, sería o compromiso político e social desde a ideoloxía progresista, republicana e federal. Curros foi un poeta social.

Entre as súas obras en galego destacan: Aires da miña terra (1880) e O divino sainete (1888). O seu primeiro poema escrito en galego foi “Cántiga” (1869).

Follas novas (1880)

Follas novas (1880) é o seu segundo e derradeiro libro en galego (no prólogo xa anuncia que non volverá a escribir en galego). As temáticas de Follas novas teñen un abano máis amplo que o de Cantares, e ademais das temáticas que xa aparecían no seu primeiro libro en galego, imos atopar aquí un intimismo radical, a denuncia social, a angustia existencial, a reflexión relixiosa e mesmo a metapoética. De feito, en Follas novas podemos atopar unha liña continuadora da estética predominante en Cantares —aquela que desenvolve poemas de carácter popular e temática costumista— e outra liña renovadora, completamente nova na poesía galega, onde incluiríamos os poemas de temática metafísica e existencial, cunha visión subxectiva marcada pola saudade e o pesimismo.

Queixumes dos pinos (1886)

Queixumes dos pinos (1886) é a súa obra máis importante e con ela conságrase como bardo do pobo galego. O conxunto inicial de 30 poemas irase ampliando nas sucesivas edicións. Aquí maniféstase claramente un simbolismo idealizante. Posúe dúas veas poéticas: por unha banda a cívica, xirando arredor do celtismo, o bardismo e o espartanismo (valoración positiva do espírito marcial e machista); por outra banda a lírica, con poemas que tratan sobre a muller (como obxecto de pracer ou como idealización da beleza) e sobre a natureza (especialmente a paisaxe de Bergantiños). Un dos aspectos máis polémicos na obra de Pondal é o seu tratamento violento, depredatorio e degradante que se lle dispensa á muller en nalgún dos seus poemas.

Aires da miña terra (1880)

Aires da miña terra (1880) é unha colección de poemas moi diversos, que foi incrementándose en sucesivas edicións. A principal temática é a social; estes poemas constitúen a parte máis numerosa do libro, de acordo coas liñas ideolóxicas de defensa da xustiza social, da liberdade e do progreso. Pretende contribuír á transformación social poñendo en evidencia as causas do atraso do país (falta de liberdade, incultura, superstición, intransixencia da Igrexa, a miseria…). Existen tamén poemas de carácter intimista, dedicados ao nacemento e á morte do seu fillo, á morte da nai e un poema dedicado á morte de Rosalía. Por último, recolle tamén neste libro os tres poemas costumistas cos que gañara o premio en Ourense. A obra foi censurada publicamente e denunciada perante a autoridade xudicial polo bispo de Ourense por crer que algún dos poemas atacaban directamente á Igrexa. Este feito contribuíu á súa gran popularidade.

O divino sainete (1888)

O divino sainete (1888) é un poema narrativo de carácter cómico e burlesco que parodia a Divina Comedia de Dante. Consta de nove partes: unha “introdución” e oito “cantos”. Narra unha peregrinación que Curros realiza a Roma co motivo do xubileo do papa León XIII, en compañía doutro poeta galego, Francisco Añón, que exerce como guía (como Virxilio na D.C.). Os vagóns do tren levan o nome dos sete pecados capitais e, nos diversos vagóns, sitúa personaxes identificables da sociedade ourensá do momento. Unha vez en Roma, Curros recoméndalle ao Papa que renuncie á riqueza terreal.

Entradas relacionadas: