Rosalía de Castro: Explorando Cantares Gallegos e Follas Novas na Literatura Galega
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,44 KB
Cantares Gallegos: Un Retrato do Pobo
- Reproduce o verdadeiro espírito do pobo galego.
- Volume de poesía folk que responde aos postulados da denominada Xeración do 68 e ao ascenso da lírica popular en Europa e España.
- Exercicio de sororidade, visibilizando a marxinación das mulleres das clases populares.
Prólogo de Cantares Gallegos: Declaración de Intencións
- Reivindica a validez da lingua galega para a escrita literaria.
- Denuncia a marxinación de Galicia e a explotación dos galegos.
- Reflicte a imaxe negativa de Galicia e as dificultades para escribir sen un modelo literario establecido.
Tipos de Poemas en Cantares Gallegos
- Poemas Costumistas: Reflicten a idiosincrasia e a personalidade colectiva do pobo galego, abordando aspectos da vida cotiá tradicional.
- Poemas Sociais: Denuncian a situación dos galegos nese tempo, a pobreza do campesiñado, os desprezos e o drama da emigración.
- Poemas Intimistas: Expresan vivencias e sentimentos persoais, como a soidade e a desgraza.
Recursos Métricos en Cantares Gallegos
- Sinxeleza na forma e uso da lingua popular.
- Emprego de paralelismos, anáforas, repeticións e antíteses.
- Utilización do verso da muiñeira e outras formas populares de arte menor.
A Lingua de Rosalía de Castro
A lingua empregada por Rosalía de Castro presenta trazos distintivos (como a gheada e o seseo), buscando reflectir as cousas da nosa terra e da nosa lingua. Rosalía recupera para o galego a categoría de lingua literaria, dignificándoa.
Estrutura e Temática de Follas Novas
Estrutura de Follas Novas
- O poemario divídese en 5 partes, que agrupan os poemas por temática ou estilo:
- Vaguedades (20 poemas)
- Do Íntimo (36 poemas)
- Varia (40 poemas)
- Da Terra (9 poemas)
- As Vivas dos Vivos e as Viúvas dos Mortos (31 poemas)
- Poesía Intimista: Invadida polo pesimismo, mostra sentimentos como o desacougo, a saudade, a intranquilidade e o desamor.
- Poesía Social: Denuncia o atraso económico de Galicia e o drama da emigración. Céntrase especialmente nas mulleres campesiñas, ás que admira e coas que se solidariza.
Temática Principal de Follas Novas
a) Visión Intimista
- Sentimento de soidade e desamparo.
- Amor condenado ao fracaso.
- Protagonismo do odio, o resentimento e a vergoña.
- A morte como única realidade da condición humana.
- A saudade como creadora dunha metafísica existencial.
b) Visión Social
- A situación da muller escritora: Rosalía á marxe das tendencias e modas da época.
Métrica en Follas Novas
- Variedade e complexidade métrica.
- Estilo sinxelo.
- Uso do símbolo como recurso expresivo.
Século XIX: Contexto Social e Cultural
- O papel da muller estaba restrinxido a estar na casa e coidar a familia.
- O galego era considerado unha lingua rústica, non apta para a escrita literaria.
- Galicia era percibida con atraso e unha imaxe negativa, froito dos Séculos Escuros.
- O pobo sufría abusos (como impostos excesivos) que conlevaban á emigración masiva.