Sectores Produtivos: Industria, Enerxía e Minaría na Actualidade

Clasificado en Química

Escrito el en español con un tamaño de 9,67 KB

Definicións Clave

  • Industria: transforma os recursos naturais e crea novos produtos.
  • Produción de enerxía: requírese para realizar un traballo.
  • Minaría: conxunto de actividades que emprega diferentes métodos para a extracción de minerais que son necesarios para a industria e a construción.
  • Construción: crea diferentes tipos de edificios e infraestruturas.

Clasificación das Industrias

As industrias clasifícanse mediante diferentes criterios:

  • Segundo os produtos que fabrican: industrias de base (siderúrxica, petroquímica); industrias de bens de equipo (maquinaria para outras industrias, material de construción) e de uso e consumo (alimentaria, téxtil).
  • Segundo o seu desenvolvemento técnico: industrias maduras (siderurxia, téxtil...) e industrias de tecnoloxía punta (microelectrónica, robótica...).
  • Segundo o volume de materias primas que manexan: industrias pesadas (como as de base e de equipo), industrias semipesadas e industrias lixeiras (como as de bens de consumo).
  • Segundo o seu tamaño: grandes (máis de 1000 traballadores), medianas (de 50 a 1000) e pequenas (menos de 50).

Evolución Histórica da Industria

1770 - Primeira Revolución Industrial

  • Fonte de enerxía: carbón.
  • Máquina de vapor (James Watt), máquinas de fiado e tecido, e enerxía hidráulica.
  • Ferrocarril e barco de vapor.
  • División do traballo.
  • Fábrica con maquinaria e traballadores non expertos.
  • Mecanización da produción.

1870 - Segunda Revolución Industrial

  • Fontes de enerxía: petróleo e gas.
  • Enerxía eléctrica, motores eléctricos e de explosión, aceiro.
  • Automóbil, avión...
  • Grandes fábricas con produción en masa.
  • Primeira cadea de montaxe (fordismo).
  • Taylorismo.

1945 - Terceira Revolución Industrial

  • Fonte de enerxía: uranio.
  • Enerxías alternativas (eólica, solar...).
  • Reactor nuclear, TIC e robótica.
  • Avión reactor, tren de alta velocidade, coche eléctrico...
  • Petroquímica, plásticos.
  • Automatización e electrónica.
  • Multinacionais, toyotismo, deslocalización e I+D+I.

1990 ata hoxe - Industria 4.0

  • Expansión de enerxías renovables e novos materiais.
  • Maquinaria e produtos intelixentes.
  • Transportes autónomos, eficientes e non contaminantes (vehículos eléctricos, híbridos...).
  • Uso de novas tecnoloxías (Internet...).
  • Fábricas robotizadas e hiperconectadas.

A Industria 4.0

A Industria 4.0 caracterízase pola transformación dixital dos procesos de produción industrial, a partir do emprego de novas tecnoloxías conectadas.

Materiais Revolucionarios

Destacan os nanomateriais como o grafeno grazas á investigación, ao desenvolvemento e á innovación (I+D+I).

Vantaxes da Produción Industrial

  • A redución de custos de produción.
  • O aumento da produtividade e da calidade dos produtos.
  • A aparición de novos produtos, como tecidos intelixentes.

Desafíos para o Emprego Industrial

  • A redución de perfís profesionais onde se desenvolvían tarefas físicas, repetitivas e de escasa cualificación.
  • A demanda de perfís profesionais especializados formados para este sector.

Factores de Localización Industrial

Factores Naturais

A proximidade das materias primas e fontes de enerxía permite abaratar custos de produción.

Factores Económicos

As infraestruturas de transportes son necesarias para conectar a produción industrial cos mercados de consumo e coas industrias complementarias.

Factores Políticos

Aqueles espazos que ofrecen vantaxes comerciais e fiscais e contan con plans de ordenación que faciliten a dispoñibilidade do solo industrial. Pola súa parte, a lexislación tamén inflúe na atracción de industrias.

Factores Sociais

As industrias máis avanzadas requiren unha escasa e altamente cualificada man de obra, mentres que as menos avanzadas precisan abundante man de obra con escasa cualificación.

Fontes de Enerxía

As fontes de enerxía son aqueles recursos naturais dos que é posible obter enerxía para o seu uso (industrial, transportes...).

Clasificación das Fontes de Enerxía

  • Segundo a súa dispoñibilidade: fontes de enerxía non renovable, pois as súas reservas son limitadas (petróleo, carbón, uranio ou gas natural), e fontes de enerxía renovable, cuxas reservas son ilimitadas (eólica, hidráulica, solar, mareomotriz).
  • Segundo a súa orixe/transformación: distínguense enerxías primarias, obtidas directamente da natureza (a solar, o carbón ou o petróleo), e enerxías secundarias, procedentes da transformación dunha enerxía primaria (gasolina, electricidade...).

Enerxías Non Renovables

Carbón

Foi a principal fonte de enerxía ata hai unhas décadas. Segue sendo moi empregado como combustible en centrais térmicas que xeran electricidade.

Petróleo

Emprégase como fonte de enerxía no transporte, para obter electricidade, e como materia prima na industria petroquímica (plásticos e asfaltos).

Uranio

Metal radioactivo empregado como combustible nas centrais nucleares. Xera elevada temperatura para producir electricidade.

Gas Natural

Moito menos contaminante que o carbón e o petróleo, a súa utilización medrou como combustible para calefacción e centrais térmicas.

Enerxías Renovables

Eólica

A enerxía do vento recibiu un grande impulso dende hai unhas décadas, co abaratemento de grandes aeroxeradores ou muíños de vento que producen corrente eléctrica.

Hidráulica

Dende os encoros aprovéitanse os saltos de auga para mover turbinas que xeran electricidade. As centrais hidroeléctricas son até hoxe a fonte de enerxía renovable e limpa máis empregada e antiga.

Solar

É aproveitable directamente como enerxía térmica (calefacción) e tamén para producir electricidade, ben con células fotovoltaicas ou en grandes centrais termoeléctricas.

Xeotérmica

Aproveita a calor mediante perforacións da terra. Explótase para a climatización de vivendas.

Biomasa

Moitos produtos orgánicos (leña, palla...), empréganse como combustible de calefacción, centrais eléctricas ou biodiésel. Son enerxías renovables, pero a súa combustión pode contaminar.

Enerxías do Mar

O mar ofrece un gran potencial de enerxía dinámica (ondas, mareas) que pode aproveitarse mediante xeradores eléctricos (enerxía mareomotriz, undimotriz...).

A Minaría

A minaría é a actividade encargada de obter recursos minerais da natureza para o seu posterior uso industrial. Ademais de proporcionar fontes de enerxía, subministra materias primas.

Tipos de Minaría

  • Minaría enerxética: proporciona petróleo, gas natural, carbón e uranio.
  • Minaría metálica: extrae metais preciosos (ouro, prata...), metais para a industria tradicional (ferro) e os obtidos de terras raras (terbio...), hoxe indispensables na industria electrónica.
  • Minaría de minerais non metálicos e rochas: destacan os que abastecen a industria química ou as pedras preciosas. As rochas constitúen a materia prima para a construción e a fabricación de cementos e cerámicas.

Terras Raras

O grupo das terras raras está formado por 17 elementos da táboa periódica fundamentais na fabricación de multitude de produtos tecnolóxicos. Non son terras exactamente, senón metais de transición. Son relativamente habituais na codia terrestre, pero atópanse dispersos e raramente en concentracións explotables economicamente. Na actualidade, o abastecemento destes minerais resulta moi importante para a industria moderna.

Entradas relacionadas: