Significado del titulo el alma al diablo
Clasificado en Plástica y Educación Artística
Escrito el en
español con un tamaño de 29,72 KB
1. IDENTIFICACIÓN DA OBRA TÍTULO: A fontana MOVEMENTO: Ready-made. Vangardas Históricas. Dadaísmo CRONOLOXÍA: Primeiro terzo do S. XX. 1917 AUTOR: Marcel Duchamp TÉCNICA: Lousa LOCALIZACIÓN Colección Arturo Schwarz Milán. Italia.2. TRATAMENTO FORMAL, ESTILÍSTICO E ICONOGRÁFICO Este ready-made, que poderíamos entender como unha escultura, é en realidade un urinario masculino de lousa branca invertido que Duchamp enviou para unha exposición. A obra é unha provocación e un desafío antiartístico que rompe coas barreiras da arte. Duchamp expresa así a súa desilusión coas formas tradicionais como a pintura e a escultura. Aspectos a destacar desta obra clave do Dadaísmo: Con esta obra nace o ready-made, o “xa feito” ou “obxecto atopado”. Duchamp crea un novo obxecto ao descontextualizar un urinario, facendo anti-arte convertida en arte. Rexeita a idea de que a arte e o artista teñen unha natureza especial. Ao asinar un produto comercial, opónse á sacralización da obra como creación única. Rexeita a Idea de Beleza. A estética non importa, senón o sentido. Inventa unha arte conceptual e intelectual. Democratiza o soporte. Fronte aos materiais nobres, permite o uso de excrementos (Manzoni), corpos (Body-Art), son (John Cage), etc. Introduce o xogo e a ironía, interactuando co espectador. Pode interpretarse como unha choiva dourada moderna ou un útero materno. Función e significado:En 1917, Duchamp enviou Fonte baixo o pseudónimo R. Mutt ao Primeiro Salón da Sociedade de artistas independentes de Nova York. O seu obxectivo era claro: desafiar os valores estéticos establecidos e parodiar o snobismo burgués. Estudos recentes indican que a obra foi un agasallo de Elsa von Freitag.Achega:Este ready-made dadaísta está considerado por expertos como a obra máis influente do século XX. Dada nace en Zurich, no Cabaret Voltaire (1916), fundado por Hugo Ball, con artistas como Hans Arp ou Tristan Tzara. Ao tempo, en Nova York, Duchamp, Man Ray e Picabia crean un grupo paralelo.Legado:Duchamp anticipa a arte conceptual. O seu espírito de ruptura influirá nas décadas de 1960 e 1970 en correntes como a escultura cinética, o happening e a Pop Art.
1. IDENTIFICACIÓN DA OBRA TÍTULO: O berro MOVEMENTO: Pintura. Vangardas históricas. Precursor Expresionismo CRONOLOXÍA: Fináis S XIX. 1893 AUTOR: Eduard Munch TÉCNICA: Óleo e témpera sobre cartón LOCALIZACIÓN: Galería Nacional Oslo. Noruega.2. TRATAMENTO FORMAL, ESTILÍSTICO E ICONOGRÁFICOMunch buscou expresar os sentimentos máis profundos do ser humano e os recunchos da alma, esencia da súa obra pictórica. Neste óleo aparece unha escena ás aforas de Cristianía (Oslo), cun fiorde ao fondo. O que debería ser un lugar idílico convértese nun pesadelo. En primeiro plano, unha figura atormentada, de rostro axitado e esquelético, cóbrese os oídos, non para berrar, senón para evitar un berro externo ou interior. Ao fondo, dúas figuras negras, indiferentes, reforzan a soidade.Compositivamente, a figura central está en primeiro plano, sobre unha ponte cunha violenta diagonal que contrasta coas formas sinuosas do ceo e do fiorde. As diagonais da varanda e estrada conducen a vista cara as figuras do fondo. As formas ondulantes e vibrantes semellan reverberar co son do berro, xerando tensión.Plásticamente, destacan as pinceladas en espiral e remuíños que unen paisaxe e figura, creando unha sensación de vertixe e tolemia. As cores violentas e irreais (amarelos, laranxas, vermellos, violetas, azuis e negros) transmiten angustia e ansiedade vital. Hai un forte contraste entre ceo e costa. A figura deformada, sen detalles, parece derreterse, transmitindo agonía. Inspirouse nunha momia peruana vista en 1889 en París.Función e significado: exemplo de pintura expresionista. É un dos cadros máis angustiosos de toda a Hª da Arte e está inspirado nunha experiencia vital relatada polo propio autor: Existen catro versións da obra. Achega: Eduard Munch xunto Ensor serán os fundadores do movemento expresionista. Munch estaba obsesionado coa morte e a súa obra é a que mellor expresa o sentido tráxico da vida, a angustia da civilización e do ser humano Occidental do S. XX. A obra é, sen discusión, unha icona universal. Legado: A súa influencia é esencial na arte xermánica de comezos do S. XX, especialmente no grupo alemán Die Brücke (A ponte).
1. IDENTIFICACIÓN DA OBRA TÍTULO: A rúa MOVEMENTO: Pintura. Vangardas históricas. Expresionismo CRONOLOXÍA: Primeiro terzo do século XX. 1913 AUTOR: Ernst Ludwig Kirchner TÉCNICA: Óleo sobre lenzo LOCALIZACIÓN: MOMA. New York. EEUU.2. TRATAMENTO FORMAL, ESTILÍSTICO E ICONOGRÁFICONeste óleo sobre lenzo represéntanse dúas mulleres, prostitutas elegantes, avanzando pola beirarrúa de Berlín. Son protagonistas centráis, símbolo da decadencia e mercantilismo da sociedade occidental. O home á dereita ignóraas, e as figuras do fondo, inclinadas cara ao exterior do lenzo, simbolizan a masificación social.A composición estrutúrase nun triángulo clásico mediante as liñas oblicuas da beirarrúa, xerando profundidade, aínda que a perspectiva se ve cortada polas múltiples figuras anónimas do fondo, impedindo que a mirada avance. O espazo urbano resulta opresivo, dominado por unha masa abafante de peóns e homes indistinguibles, seres sen identidade.Plásticamente, destaca o uso de liñas angulosas e cortantes, ata nos rostros que semellan máscaras. A anatomía está xeometrizada e o sombreado por raías aporta unha sensación inquietante. As formas angulosas e inclinadas transmiten movemento, en consonancia co expresionismo e influencias do Futurismo italiano. As pinceladas son soltás e dinámicas. A cor xoga un papel clave: vermellos e azuis complementarios intensifican a angustia. O vestido da muller da esquerda contrasta coa roupa escura dos homes, acentuando o illamento.Función e significado: En 1911 Kirchner trasladouse a Berlín e paseaba constantemente por pola cidade. Froito desta experiencia xorde, entre 1913 e 1915, Escenas de rúa de Berlín, consideradas clásicos da modernidade -foron presentadas polo nazismo como arte dexenerada-. O obxecto do cadro non é a representación da cidade senón a experiencia psicolóxica do individuo nesas cidades caóticas e superpoboadas, a deshumanización da vida nas grandes metrópoles e a angustia da vida moderna. Achega: os fundadores do movemento expresionista serán Ensor, coa súa primeira obra A entrada de Cristo en Bruselas de 1888 e Eduard Munch. Sen embargo, o país onde o expresionismo alcanza a súa maior intensidade é Alemaña podendo distinguir dúas escolás: Die Brücke (A ponte, 1905) con sede en Dresde e máxima figura Kirchner e Der Blaue Reiter (O Xinete azul, 1911) con sede en Muchich e máximo representante Kandinsky. Legado: Este movemento influirá nas vangardas posteriores e sobre todo no gravado, na xilografía, influíndo en autores como Castelao.
1. IDENTIFICACIÓN DA OBRA TÍTULO: A alegría de vivir MOVEMENTO: Pintura. Vangarda histórica. Fauvismo CRONOLOXÍA: Primeiro terzo do S. XX. 1905-1906 AUTOR: Henri Matisse TÉCNICA: Óleo sobre lenzo LOCALIZACIÓN: Fundación Barnes, Merion, Filadelfia, EEUU 2. TRATAMENTO FORMAL, ESTILÍSTICO E ICONOGRÁFICOEste óleo sobre lenzo representa a Arcadia, un lugar imaxinario da Idade de Ouro onde pastores viven en harmonía coa natureza. Nunha paisaxe frondosa e irreal, con auga ao fondo, varias figuras espidas aparecen en diferentes planos. Destacan unha parella de amantes no primeiro plano e un grupo de danzantes formando un círculo no centro, imaxe que Matisse repetirá en A danza. O espazo, recoñecible pero esquemático, está bañado por cores irreais e arbitrarias que crean un ambiente fantástico.A composición é equilibrada e clásica, cun triángulo compositivo que centra o círculo dos danzantes. Os outros grupos forman unha elipse que, combinada coas mulleres recostadas, xera un efecto de centralización e dispersión visual ao tempo.Desde o punto de vista plástico, destaca a cor como base expresiva do fauvismo. Influenciado por Gauguin e Van Gogh, Matisse emprega cores intensas e vivas para expresar emocións. As cores puras traducen a alegría da Arcadia. Os corpos rosados contrastan cos ocres, verdes e azuis da paisaxe, e nas árbores usa complementarios como verde e vermello. As figuras están delineadas por contornos sintéticos e arabescos sensuais, ofrecendo formas vibrantes e distorsionadas. A pesar da arbitrariedade aparente, a obra remite á arte clásica e transmite harmonía e felicidade.Función e significado: a obra expúxose no Salón dos Independentes, en 1906. Inspírase directamente no cadro de Cezanne As grandes bañistas, do que toma o tema e a composición. Achega: O fauvismo pode considerarse como un dos primeiros movementos de vangarda. Matisse, Derain, Dufy, Vlaminck e outros compañeiros dan a coñecer a súa obra no Salón de Outono de París, en 1905, e levantan a polémica. Será o crítico de arte Louis Vauxcelles, o que bautice ao grupo co termo Fauves, feras, pola violencia cromática e a liberdade no uso da cor que presentaban as obras que as afastaba da representación da realidade. Legado: Matisse terá unha gran influencia na realización das Señoritas de Aviñón, de Picasso. Influirá nas vangardas posteriores.
1. IDENTIFICACIÓN DA OBRA TÍTULO: Retrato de Ambroise Vollard MOVEMENTO: Pintura. Vangardas históricas. Cubismo analítico. (1909-1911). CRONOLOXÍA: Primeira terzo do Século XX. 1910 AUTOR: Pablo Picasso TÉCNICA: Óleo sobre lenzo LOCALIZACIÓN: Museo Pushkin, Moscú. Rusia.2. TRATAMENTO FORMAL, ESTILÍSTICO E ICONOGRÁFICO Esta obra encaixa no Cubismo analítico. No verán de 1909 en Horta de Ebro, Picasso intensifica a xeometrización da paisaxe, creando unha nova linguaxe formal que transforma a visión dos obxectos: o Cubismo. O óleo representa a Ambroise Vollard. O rostro está máis definido, recoñecendo ollos pechados, nariz, barba e calva. O corpo, en cambio, disólvese en planos xeométricos, integrándose co fondo, que tamén se fragmenta en tons grises. Desde o punto de vista compositivo, a figura aparece centrada en visión frontal, fundida nun espazo sen profundidade. Picasso elimina a perspectiva clásica, creando unha fusión entre figura e fondo a través de múltiples planos. Desde o punto de vista plástico, emprega planos xeométricos irregulares, sen curvas, cunha complexa trama de liñas. Esta fragmentación conecta coas ideas de Cézanne sobre as formas básicas. Picasso introduce múltiples puntos de vista, combinando visións frontais e laterais para crear unha nova realidade visual autónoma. A cor redúcese a tonalidades neutras: grises, ocres e azulados escuros.
Esta monocromía contrasta co Fauvismo e Impresionismo, centrando a atención na estrutura. A luz non ten un foco definido e cada plano se ilumina con matices propios.Función e significado: retrato de Ambroise Vollard, un dos máis importantes marchantes de arte e protector de artistas como Picasso, Renoir, Cezanne, Van Gogh, Gauguin. Picasso con esta obra destrúe a tradición pictórica anterior eliminando a representación monofocal e introducindo a simultaneidade de visións que libera ao cadro das limitacións da representación tradicional. Achega: Braque e Picasso inician xuntos dende 1907 o proceso que lles conduce á creación do Cubismo. O crítico Louis Vauxcelles, bautiza o movemento recollendo un comentario de Matisse, no que acusa a Braque de reducilo todo a cubos. Outros pintores cubistas son Juan Gris ou Ferdinard Leger. A etapa do Cubismo analítico á que pertence esta obra é entre 1909 e 1911. No Cubismo analítico a obra adquire un sentido decorativo porque a forma, na súa deconstrucción achegase cada vez máis a abstracción. Legado: o Cubismo inscríbese na tendencia obxectiva xeométrico-racional. Parte de Cézanne e co Futurismo, conduce á Abstracción Xeométrica. Sen embargo, a figura de Picasso proxéctase na arte do S. XX máis alá do Cubismo, tendo unha influencia fundamental na arte contemporánea, é o gran Titán creativo do S. XX.
1. IDENTIFICACIÓN DA OBRA TÍTULO: O Guernica ESTILO: Pintura. Vangardas Históricas. Cubismo, Surrealismo, Expresionismo CRONOLOXÍA: Segundo terzo do S. XX. 1937 AUTOR:Pablo Picasso. TÉCNICA: Óleo sobre lenzo LOCALIZACIÓN: Museo Reina Sofía. Madrid. España.2. TRATAMENTO FORMAL, ESTILÍSTICO E ICONOGRÁFICOInspirado no bombardeo de Guernica en 1937 durante a Guerra Civil española, Picasso crea un óleo sobre lenzo que denuncia a barbarie da guerra e se converte nun símbolo universal. A escena, nocturna e claustrofóbica, mostrá nove figuras cun fondo reducido a ruínas, cada unha representando un drama humano.Compositivamente, a obra segué o modelo clásico do cadro de batalla, estruturada como tríptico e dividida en catro paneis. O espazo central está dominado por unha pirámide luminosa xerada pola bombilla-ollo. As figuras distribúense en friso: no extremo dereito, unha figura grita entre as lapas, evocando a obra de Goya; no segundo pano, unha muller co quinqué e outra de pernas pesadas simbolizan o terror e a dificultade da fuxida; no centro, o cabalo ferido representa o pobo español; á esquerda, a nai coa súa criatura morta, como unha nova piedade, transmite dor absoluta. O touro representa a resistencia e no primeiro plano destaca un guerreiro caído cunha espada rota. A pomba agonizante simboliza a paz destruída.Plásticamente, destaca a monocromía en branco, negro e gris que recordá ás imaxes xornalísticas e intensifica o dramatismo. A escena está chea de distorsións, figuras fragmentadas e angulosas, influenciadas polo Cubismo e o expresionismo, con certo simbolismo surrealista.
Función e significado: O Guernica é o resultado dun encargo que o gobernó da II República española fixo Picasso para a Exposición Internacional de París de 1937. Picasso inspirouse para o tema do cadro nunha noticia sobre o bombardeo publicadas, entre outros diarios, polo periódico francés L'Humanité. Coa presentación na exposición, o mural converteuse nun retrato-denuncia da guerra. O Guernica permaneceu fóra de España ata a democratización do país, por expreso desexo do autor. Co regreso do cadro trouxéronse debuxos, bosquexos e estudos para o cadro definitivo que se converteu nun símbolo da barbarie da Guerra Civil e a premonición da II Guerra Mundial e a loita contra o fascismo. Achega: segundo a análise do Museo Reina Sofía, o Guernica é un símbolo atemporal e universal, que abriu un debate artístico sobre a representación de conflitos bélicos. Picasso non acudiu a un tema do pasado, e empregou no xénero da pintura de historia un tema para o seu lenzo no presente e nun episodio antiheroico. Co Guernica Picasso crea unha obra capital, un documento gráfico e supón a síntese e a superación do Surrealismo, do Cubismo e das deformacións expresionistas, é a súa obra icona. Legado: A figura de Picasso proxéctase na arte do S. XX máis alá do Cubismo, tendo unha influencia fundamental na arte contemporánea, é o gran Titán creativo da arte contemporánea
1. IDENTIFICACIÓN DA OBRA TÍTULO: A persistencia da Memoria MOVEMENTO: Pintura. Vangardas históricas. Surrealismo CRONOLOXÍA: Primeiro terzo do S. XX. 1931 AUTOR: Salvador Dalí TÉCNICA: Óleo sobre lenzo LOCALIZACIÓN: MOMA. Museo de Arte Moderna de Nova York. USA.2. TRATAMENTO FORMAL, ESTILÍSTICO E ICONOGRÁFICONesta obra, Salvador Dalí presenta unha paisaxe onírica ao amencer, inspirada nunha praia de Port Lligat, evocando a súa mocidade en Cadaqués. A escena está marcada por un autorretrato pseudomórfico en forma de ameba, que aparece tamén en cadros anteriores como O gran masturbador. Sobre o autorretrato, destaca un reloxo brando. Á esquerda, sobre unha mesa, hai outros dous reloxos: un pequeno e pechado, no que se amontoan formigas na súa esfera, e un enorme e brando cunha mosca encima, marcando as sete menos cinco. Unha rama xira desde a mesa, e un terceiro reloxo pende dela. Ao fondo, a praia aparece rodeada de acantilados rochosos, cun mar que se confunde co ceo cuberto de nubes brancas.Composición:A obra presenta unha liña de horizonte alta, que divide o espazo en dúas metades desiguais (ceu e praia). A diagonal da mesa guía a mirada cara ao fondo, mantendo unha perspectiva tradicional, pero no contexto dun espazo irreal e inabarcable.
Plástica:O debuxo é de gran precisión, acadando un Realismo académico. Os obxectos están deformados e as súas proporcións non son reais. A luz divide a obra en dúas partes: unha sombreada e tenebrista no primeiro termo, e unha segunda parte, no fondo, con luz moi branca e irreal. Predominan os tons cálidos (ocres, marróns, amarelos) e azuis, que dan profundidade á escena. A obra transmite unha sensación de desolación, cunha atmósfera irreal.Función e significado: a obra é un exemplo do método paranoico-crítico de Dalí con imaxes simbólicas nacidas dos seus delirios: as formas brandas, os insectos, a putrefacción, a morte ou o sexo. Segundo Dalí, o paranoico asóciase con brando e o crítico con duro. Os reloxos brandos aluden ao paso do tempo. O reloxo que atrae as formigas como a carne en descomposición pode aludir á morte. Dalí está interesado na reconstrución das imaxes dos soños e na posibilidade de descifrar as ideas do subconsciente. Achega: O Surrealismo, é un movemento de vangarda que nace en Francia en 1924, Manifestó Surrealista de André Bretón. O Surrealismo intenta aflorar o inconsciente reprimido. Podemos destacar dúas modalidades: a Liña obxectiva ou figurativa, que utiliza unha técnica case fotográfica a á cal pertencen Dalí, Magritte ou Maruja Mallo, e a Liña antiobxetiva con Miró, Ives Tanguy que chega aos límites da abstracción. Dalí converte imaxes do seu mundo privado, íntimo e persoal en xenéricas, en iconas de inquedanzas universais. Legado: Dalí terá enorme influencia no mundo do cine, da publicidade e do deseño.
1. IDENTIFICACIÓN DA OBRA TÍTULO: O carnaval do Arlequín MOVEMENTO: Pintura.Vangardas Históricas. Surrealismo CRONOLOXÍA: Primeiro terzo do S. XX. 1924 e 1925 AUTOR: Joán Miró TÉCNICA: Óleo sobre lenzo LOCALIZACIÓN: Galería de Arte Albright-Knox, Buffalo. USA.2. TRATAMENTO FORMAL, ESTILÍSTICO E ICONOGRÁFICOEsta obra de óleo sobre lenzo presenta un conxunto de imaxes surreais que combinan siluetas, formas e cores con construcciones xeométricas fantasiosas. No centro, unha liña vertical branca delimita unha figura que lembra a unha botella (Aladino), da que sae unha fumareda branca coroada por un autómata tocando a guitarra. No eixe horizontal, destaca un gran brazo negro rematado nunha man branca que parece sosteñer unha escada de madeira. A súa veciña, o arlequín con bigote, xunto a dous gatos xogando cunha bola de lá baixo dunha mesa. Por baixo da mesa, nada un peixe amarelo, e ao lado, dous ovos brancos, de onde parece xurdir unha bolboreta ou libélula azul. Na esquina superior dereita, a fiestra mostrá un grande triángulo negro que, segundo Miró, sería a Torre Eiffel.Composición:A composición está organizada arredor de dous eixos, un vertical e un horizontal, que dividen o cadro exactamente ao medio. A metade inferior e superior tamén están diferenciadas por cores distintas, reforzando a estrutura da obra. A pesar de que a escena parece absurda e caótica, hai unha perspectiva clara, especialmente na habitación, a fiestra e a mesa. Nos debuxos preparatorios, Miró amosa unha gran atención á disposición das figuras, algúns dos cales provén de influencias de pintores como Brueghel e El Bosco..
Plástica:A técnica usada é meticulosa e detallada, lembrando aos mestres flamencos antigos. Os obxectos que Miró usa frecuentemente, como a escaleira, os paxaros, o sol e as estrelas, son signos que pasan por un proceso de transformación lenta que os leva á abstracción. As cores predominantes son as primarias e son aplicadas de forma plana, sen ningunha modulación ou gradación. A sensación xeral da obra é dunha realidade onírica e barroquizante, cun espazo tridimensional convencional pero, á súa vez, imbuído dunha inxenuidade que fai que todo se sinta surrealista.Función e Significado:A obra foi presentada na Exposition de la Peinture Surréaliste de 1925, onde acadou un gran éxito. Segundo o propio Miró, a pintura é unha representación das alucinacións que experimentaba debido á fame que sufría. Isto permitiulle explorar o lado máxico e subconsciente das cousas, algo que é carácterístico do Surrealismo, movemento ao que Miró pertence.Achega:O Surrealismo, nacido en 1924 co Manifestó Surrealista de André Bretón, busca explorar o inconsciente reprimido. Dentro deste movemento, Miró representa a liña antiobxectiva, en contraposición á liña obxectiva ou figurativa de artistas como Dalí e Magritte. O traballo de Miró crea un mundo iconográfico baseado na natureza, pero que constantemente se simplifica e se abstrae, transformándose en ideogramas visuales.Legado:Miró influíu enormemente no mundo do cine, a publicidade e o deseño. A súa estética tamén deixou unha forte pegada en artistas como Antoni Tàpies, e a súa obra segué sendo un referente fundamental no Surrealismo e nas vangardas artísticas do século XX
1. Aparello almofadado: obra ou muro construído con cantarías que teñen a súa parte frontal labrada en relevo coas xuntas en bisel ou rebaixadas. 2. Arco rebaixado: Arco que ten a curva inferior á circunferencia. 3. Estatua ecuestre: a que representa unha persoa a cabalo e frecuentemente conmemora a líderes militares e gobernantes. Son representativos da arte romana-destaca a estatua de Marco Aurelio- e do Renacemento e Barroco. 4. Planta basilical: Planta lonxitudinal carente de transepto que pode ter divisións internas por medio de columnas. Propia da arquitectura romana foi adoptada pola igrexa paleocristián. 5. Perspectiva lineal: sistema de representación espacial no que as liñas de fuga converxen cara un punto central coñecido como punto de fuga. As liñas das figuras son cada vez mais pequenas para suxerir distancia do espectador. A invención desta perspectiva data do S. XV con F. Brunelleschi. CINQUECENTO 1. Esfumado/sfumato: técnica pictórica que consiste en empregar o trazo do lapis ou pincel para rebaixar a contorna suavizando os perfís das figuras. Foi empregado por Leonardo da Vinci. 2. Liña serpentinata: Fórmula compositiva caracterizada por marcar o movemento xiratorio da figura. Carácterística do helenismo e manierismo. 3. Perspectiva aérea: tipo de perspectiva que intenta representar a atmósfera que envolvé aos obxectos, debuxando os do fondo más desdibuxados e con cores frías con fin de producir una impresión real da distancia. A invención desta técnica débese a Leonardo da Vinci.
4. Retrato: tema artístico que representa a unha persoa en concreto ou un grupo de persoas. Pode amosar tanto o aspecto físico como a personalidade dos retratados. Barroco 1. Claroscuro: Distribución das luces e das sombras nunha pintura modelando as formas por gradación tonal para suxerir relevo e profundidade. 2. Cadro de Historia: xénero pictórico que ten a súa inspiración nas escenas relativas a mitoloxía, historia –antiga, cristiá…- ou acontecementos recentes, nas que se narra un acontecemento concreto. O:3. Cadro de xénero pictórico que representa con gran Realismo escenas da vida cotíá como mercados, festas, escenas de interiores, tabernas, rúas...Tamén coñecidos como cadros costumistas. 4. Columna salomónica: Columna típica de estilo Barroco que ten o fuste con desenvolvemento helicoidal (en espiral). 5. Estilo: Conxunto de trazos orixinais e persistentes dun artista, dunha época, dunha escolá ou dunha zona xeográfica, que permiten identificar as obras como feitas por el ou neles. Así podemos falar do estilo de Velázquez, do estilo mozárabe, do estilo impresionista ... O termo deriva do termo estilo - stilus-, punzón de madeira. 6. Natureza morta/bodegón: Xénero pictórico no que se representan como temas seres inanimados, animáis mortos, vexetais ou obxecto. Aparece en diferentes estilos. Pódese destacar o seu desenvolvemento durante o Barroco. IMPRESIONISMO 1. Cor complementaria: cores do espectro visible dispostas diametralmente equidistantes no círculo cromático. Obtéñense mediante a contraposición dunha primaria cunha cor secundaria formada polas outras dúas primarias: azul e laranxa, vermello e verde e amarelo e violeta.
1. IDENTIFICACIÓN DA OBRA TÍTULO: Táboa Nº 1 MOVEMENTO: Pintura. Vangardas histórica. Neoplasticismo. Abstracción Lírica CRONOLOXÍA: Primeiro terzo do S. XX. 1921 AUTOR: Piet Mondrian TÉCNICA: Óleo sobre lenzo LOCALIZACIÓN: Museum Ludwig, Colonia. Alemaña.2. TRATAMENTO FORMAL, ESTILÍSTICO E ICONOGRÁFICOMondrian, máximo representante da abstracción xeométrica, buscou eliminar toda referencia á realidade para centrarse en elementos puros: liñas verticais e horizontais, cadrados e rectángulos. A súa obra non apela aos sentidos, senón ao pensamento racional.Compositivamente, estrutura o lenzo a través de subdivisións rigorosas con liñas negras grosas que forman planos rectangulares. Non hai perspectiva nin tridimensionalidade. A composición está desequilibrada polo gran cadrado vermello descentrado cara o ángulo superior dereito, que actúa como foco visual. A sensación aparente de estabilidade convértese en dinamismo, ao estar as liñas inacabadas, dando a impresión de continuidade máis alá do lenzo.Plásticamente, emprega cores primarias (vermello, azul, amarelo) e non-cores (branco, negro, gris), aplicadas de xeito plano, sen gradacións nin mesturas. As liñas negras illan cada plano evitando a fusión óptica. A pincelada é precisa, limpa e totalmente subordinada á orde xeométrica.Función e significado: a obra é un exemplo da abstracción extrema levada a cabo por Piet Mondrian, resultado dunha intensa investigación sobre a pintura que el entendeu como unha procura mística. A idea era atopar unha arte de validez universal que, reducida ao imprescindible, chegara ao esencial. Achega: Mondrian é un representante do Neoplasticismo. A orixe do movemento está na fundación en 1917 en Leiden da revista «De Stijl» (O estilo), por iniciativa de Theo van Doesburg e un grupo de artistas entre os que destacan Piet Mondrian. Esta proposta buscaba representar as verdades absolutas do universo en base a supostos estéticos dunha extraordinaria pureza. Piet Mondrian, por influencia da tradición puritana holandesa e a teosofía, deu forma a un proxecto que se estendeu máis aló do pictórico ata acabar por converterse nunha empresa ética: a arte como guía para a humanidade a través da pureza. Legado: a influencia da abstracción xeométrica terá a súa continuidade na segunda metade do século XX influíndo no Pop Art, en artistas como Roy Linchenstein ou Alexander Calder. As súas achegas están presentes en campos como a publicidade, a moda, o deseño, a arquitectura, as artes gráficas…
COntexto.As vangardas históricas son movementos artísticos que xurdiron en Europa entre 1905 e 1939, influenciados polos grandes conflitos bélicos do século XX, como a I e a II Guerra Mundial. Este período está marcado pola "Europa da Paz Armada" antes da I Guerra Mundial, a Revolución Rusa de 1917 e a crise económica do 29, que levou ao desprestixio da democracia e ao ascenso de totalitarismos, culminando na II Guerra Mundial. Tras a guerra, a nova orde mundial da Guerra Fría iniciouse en 1945.Culturalmente, os feitos históricos influíron na arte, cunha exaltación do inconsciente, a liberdade e o individualismo, baseándose en novas teorías como o marxismo, o vitalismo de Nietzsche, o psicanálise de Freud e a teoría da relatividade de Einstein. A arte tamén foi moldeada pola vida moderna e o progreso técnico, como o automóbil e o cinematógrafo. A influencia da fotografía e a obsolescencia da arte tradicional fixeron necesario un novo rumbo, inspirándose en estilos como o postimpresionismo e a arte africana.As vangardas artísticas incluíron movementos como o Fauvismo, Cubismo, Futurismo, Expresionismo, Suprematismo, Dadaísmo e Surrealismo, que buscaron renovar a arte. Os movementos racionalistas como o Cubismo e o Neoplasticismo defendían a capacidade humana, mentres que os movementos emotivos como o Expresionismo e o Surrealismo reflexionaban sobre a guerra e a destrución. As vangardas foron a base da arte postmoderna que emerxe despois de 1945.