Sociedades horticultoras
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,45 KB
Os transportes:Carlos III proxectou e fixo construír a maior parte dos seis camiños reais que unían Madrid con Irún (País Vasco),a Jonquera (Cataluña), Valencia, Andalucía, Estremadura e Galicia. Estas eran as únicas vías de comunicación que permitían o transporte terrestre de mercancías e persoas polo interior de España. En 1850 estableceuse o servizo de correos e en 1852 inaugu rouse o servizo de telégrafos que foi estendéndose polas principais cidades, o que permitiu un desenvolvemento importante das comunicacións e unha gran expansión da prensa diaria. Pero o reto principal no sector das comunicacións seguía sendo o transporte masivo de mercancías. Só así podían unificarse os prezos dos produtos, condición indispensable para facer funcionar un gran mercado.A ocasión chegaría co ferrocarril.A rede ferroviaria:A construción do ferrocarril experimentou un enorme impulso na segunda metade do reinado de Isabel II. Ata 1855 (Ano en que se decreta a Leí de ferrocarrís)o total de quilómetros construídos é de 440; 1.120 en 1859 e 2.729 en 1862. En 1868 quedaron xa tendidas todas as grandes liñas.Tendo un grande papel na formación do mercado nacional, como a atracción de man de obra, o efecto multiplicador nas industrias mineiras, siderúrxicas e de maquinaria. Foron os progresistas quen aprobaron en 1855 A Leí Xeral de Ferrocarrís, que fixaba condicións moi favorables para a construción:regulaba a formación das compañías de construción, garantía os investimentos estranxeiros en caso de guerra, eximía de aranceis aos materiais necesarios para tender as liñas, subvencionaba ata un terzo do coste de producíón e permitía ás compañías financiarse emitindo obrigacións.Ao amparo da Leí de Sociedades de Crédito de 1856, formáronse tres grandes grupos, maioritariamente participados polas familias Pereire, Rostchild e Prost, que fundaron as tres grandes compañías ferroviarias.-a do Norte-A MZA (Madrid, Zaragoza, Alacante)-Ferrocarrís Andaluces-Producíuse unha febre ferroviaria entre 1860 e 1865.-Importación masiva de ferros estranxeiros.-Dobre importación que producíón española-Capitalización estranxeira, protección legal ás importacións que tiveron efectos negativos no desenvolvemento da industria nacional.