Sociolingüística Galega: Diglosia, Normalización Lingüística e Estilo Narrativo en Álvaro Cunqueiro
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,28 KB
A Diglosia Sociolingüística e a Situación do Galego
A diglosia é unha situación sociolingüística na que os falantes empregan dúas linguas diferentes segundo a situación comunicativa ou o grupo social ao que pertencen dentro dunha sociedade determinada. En Galicia, esta realidade prodúcese entre o galego e o castelán, o que fai que cada lingua teña funcións distintas segundo o ámbito de uso. Esta é funcional.
Implantación Desigual da Normalización do Galego
A normalización do galego presenta unha implantación desigual nos distintos ámbitos sociais. A continuación, detállanse os usos por sector:
- Mundo Literario, Teatral e Cultural: Existe unha produción considerable en lingua galega.
- Ensino (Educación):
- Primario e Secundario: Arredor do 50 % do horario debe impartirse en galego, ou un 33 % nos centros con materias en inglés.
- Universitario: A súa presenza é menor, xa que só aproximadamente o 20 % das aulas se imparten en galego.
- Ámbito Público e Comercial:
- Político: O galego está moi aceptado.
- Publicidade: O seu uso aumentou notablemente desde os anos 2000, pois moitas empresas o empregan para achegarse á poboación.
- Xustiza, Empresa e Comercio: A normalización segue a ser baixa nestes ámbitos.
Por último, a normalización tamén implica o aumento do uso coloquial do galego; mais este continúa perdendo falantes debido á ruptura da transmisión interxeracional.
Características Narrativas en "Merlín e familia" de Álvaro Cunqueiro
No fragmento de Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro, pódense identificar varias características propias da súa narrativa.
Elementos Centrais da Prosa Cunqueiriana
En primeiro lugar, destaca o realismo máxico, xa que se presentan elementos fantásticos como a figura de Merlín integrados nun contexto cotián e realista, situado na Galicia rural. O mago aparece xubilado, vivindo nun pazo, o que supón unha clara humanización do mito, afastándoo da imaxe solemne tradicional e dotándoo de defectos e actitudes humanas, como a soberbia. Esta mestura de realidade e fantasía imita o funcionamento da tradición oral, un dos trazos máis característicos da obra de Cunqueiro.
Recursos Estilísticos e Perspectiva Narrativa
Está narrado por un narrador testemuña, un sirvente da casa, o que reforza a sensación de verosimilitude e proximidade. Ademais, o autor emprega:
- Linguaxe coloquial.
- Abundancia de oracións copulativas.
Tamén se aprecia o uso do anticlímax, pois o lector espera un acontecemento extraordinario que finalmente non se produce, rompendo coas expectativas narrativas tradicionais. Por outra banda, aparecen trazos de prosa poética e referencias de tipo teatral, como se os personaxes estivesen representando unha escena.
Observacións Lingüísticas Finais
Diminutivos, lucuairiense, apela aos que escoitan.