Sócrates e os Sofistas: Fundamentos da Filosofía Grega
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,77 KB
Sócrates: Un Pilar da Filosofía Grega
Sócrates é unha figura moi importante na Filosofía Grega porque con el aparece a filosofía como un proxecto unificado. É considerado o pai da ética e da política e foi mestre de Platón.
As Ideas de Sócrates
As súas ideas son contrarias aos sofistas. O seu método coñécese como «método Socrático», e é unha maneira de ensinar que:
- IRONÍA: Comeza facendo unha pregunta aos alumnos. Eles contestan e, a través do diálogo, acaban chegando a unha contradición, que resulta ser a resposta correcta.
- MAIÉUTICA: É o proceso mediante o cal se descubre a verdade a través da introspección. Dise que se descubre porque xa está aí, só temos que atopala.
Sócrates é un dos impulsores da dialéctica, método que influirá moito en Platón, quen escribe toda a súa obra en forma de diálogo. Sócrates caracterizouse por ser:
- ANTIRRELATIVISTA: Di que hai 1 única verdade absoluta, válida para todos e para calquera cultura e época.
- ANTIESCÉPTICO: A verdade pode coñecerse, aínda que custe esforzo atopala.
- ANTICONVENCIONALISTA: As Leis e normas son universais, válidas para todos.
A Ética Socrática e o Intelectualismo Moral
A maior preocupación de Sócrates era a educación dos mozos. Para iso, o importante era o coñecemento do ben, que é o que nos leva a actuar de forma virtuosa. Segundo Sócrates, as persoas que actúan mal non o fan guiadas pola maldade, senón pola ignorancia e o descoñecemento do ben. Di que o ben é absoluto e pódese coñecer, aínda que sexa con dificultade. Se coñecemos o ben, non actuaremos mal. Esta teoría coñécese como INTELECTUALISMO MORAL. Toda a ética socrática inflúe moito en Platón.
Os Sofistas: Retórica e Relativismo
Eran persoas normalmente estranxeiras (metecos), que se adicaban a ensinar retórica e oratoria para triunfar na vida pública, na política... aínda que cobraban por elo. O seu nome vén de que se lles acusaba de usar argumentos enganosos, os sofismas.
Características dos Sofistas
Algunhas das súas características son:
- Son RELATIVISTAS: pensan que non hai unha única verdade absoluta, senón que esta pode depender da época, da cultura ou incluso da propia persoa, o que se denomina SUBXECTIVISMO, e é a forma máis radical do relativismo.
- Son ESCÉPTICOS: cren que a verdade non pode coñecerse ou que é moi difícil.
- Son CONVENCIONALISTAS: as normas, leis son elaboradas polos seres humanos e son eles quen poden cambialas.