Sufraxio Censitario e Estrutura Social no Liberalismo Clásico
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3 KB
A Participación Política e o Sufraxio no Liberalismo
Evitar os efectos agudos dos cambios electorais brutos. En termos de participación política, un réxime sempre se distingue polo sufraxio.
A Concepión Liberal do Voto
O liberalismo ten unha concepción do voto censatario, xa que se reserva a participación política a un número restrinxido de cidadáns iguais. Esta restrición apóiase en que o Estado está sostido polos impostos; quen os paga é o que debe decidir quen e como se goberna.
- Os que non pagan impostos ou pagan pouco, non lles corresponde, nin lles interesa o que se decida sobre o Estado.
- A acción de goberno, a política que se practique, deben de estar en mans dos que contribúen.
- Eles son os únicos que teñen capacidade económica, pero tamén intelectual, de facelo, polos seus méritos.
- Non se pode deixar o Estado en mans dos que só se dedican a traballar, e non saben facer outra cousa.
A concepción liberal do voto consiste en pensar que votar, máis que un dereito, é un servizo que o cidadán presta ao Estado, e por tanto, esta función debe de ser realizada por aqueles que saben.
Riqueza, Cultura e Desigualdade Social
No ámbito da igualdade, os criterios de diferenciación social son a riqueza e a cultura. En realidade, convén precisar que hai, entre os dous, unha especie de vínculo nunca recoñecido polo liberalismo, porque na medida que os réximes políticos liberais non favorecen o desenvolvemento de sistemas públicos, non estimulan o acceso de determinados niveis educativos a todas as persoas con capacidade, a adquisición da cultura está vinculada ás posibilidades económicas de cada familia.
En xeral, é certo que a adquisición dun determinado nivel educativo depende das posibilidades económicas de cada familia.
A Riqueza como Criterio de Diferenciación Social: Dobre Cara
A riqueza, como criterio de diferenciación social, ten unha dobre cara:
Principio de Liberación Social
Porque a utilización deste criterio como medida de estatus supón un claro avance respecto aos anteriores, na medida que este estamento definía á persoa dende o nacemento. A única vía para cambiar de clase era o clero.
Principio de Opresión
Porque todos aqueles que son incapaces de relacionarse de maneira estable co diñeiro quedan excluídos nunha situación de marxinación social e económica, incluso máis evidente que no antigo réxime, porque neste permanecían en vigor certos mecanismos de protección que os estamentos privilexiados debían a grupos menos favorecidos.
Saíde aquí, pois, unha construción social moi clara: unha igualdade xurídica pero desigualdades socioeconómicas, eixos da sociedade liberal. A democracia cuestionará en parte os presupostos liberais.