Teorías Económicas Clave: Keynesianismo, Neoliberalismo e a Coordinación do Mercado

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,49 KB

A Teoría Keynesiana: Intervención Estatal e Sinais do Mercado

A 'man invisible' de Adam Smith e a 'man visible' do Estado representan formas opostas de tomar as decisións económicas. John Maynard Keynes propón utilizar os sinais do mercado e as directrices do Estado para resolver os problemas económicos.

Keynes pensaba que era necesaria a intervención estatal. As súas ideas xorden en plena crise, durante o período da Gran Depresión. Cando as expectativas empresariais son boas, os investimentos aumentan, a economía medra e xérase emprego. Nas malas expectativas, cae a demanda e as empresas non invisten, o que provoca crise económica e paro. Keynes recomenda a intervención do Estado para impedir a caída da demanda e estimular a actividade económica.

A Corrente Neoliberal: Confianza no Mercado e Crítica ao Estado

O éxito das ideas keynesianas empezou a cuestionarse, producíndose de novo a confianza no mercado e a recuperación do liberalismo, coñecida como neoliberalismo. Dentro desta corrente destacan os monetaristas, liderados por Milton Friedman, que critican o peso do Estado e propoñen alternativas baseadas na eficiencia económica do mercado. Este pensamento mantén unha controversia significativa cos keynesianos.

Especialización e Necesidade de Coordinación Económica

Un trazo fundamental das nosas sociedades actuais é a forte división do traballo e a conseguinte especialización das persoas.

Mediante o intercambio e o comercio, as persoas especializadas serven para cubrir as necesidades doutros membros da sociedade.

Consecuencias da Especialización

  • Aumenta a produtividade.
  • Fai máis complexas as nosas relacións e xera unha gran interdependencia.
  • Permítenos progresar economicamente a cambio dunha enorme dependencia duns individuos respecto a outros.

Interdependencia e Mecanismos de Coordinación

Canto máis se desenvolve a división do traballo nunha sociedade, máis complexos son os seus mecanismos de intercambio.

Estes mecanismos coordinan a produtores e consumidores para asegurar que o que uns producen coincida co que outros desexan consumir.

Por exemplo, coordinan as accións de todas as persoas que contribúen á fabricación dun produto (como un automóbil) e aseguran que os diversos compoñentes sexan os axeitados para que estea terminado no tempo e lugar precisos, de modo que cando acudamos ao concesionario, nolo poida mostrar o axente de vendas.

Entradas relacionadas: