Termos Clave da Idade Media e o Islam
Clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en español con un tamaño de 4 KB
Conceptos da Idade Media
Idade Media
Período da historia entre os **séculos V** (476, caída do Imperio Romano de Occidente) e o **século XV** (caída do Imperio Bizantino, 1453; descubrimento de América, 1492; ou a invención da imprenta, 1440). Divídese en tres etapas: **Alta, Plena e Baixa Idade Media**.
Pobos Xermánicos
Conxunto de pobos orixinarios da Europa oriental e central que no século V adentráronse no Imperio Romano por medio de pactos (**foedus**) ou guerras, provocando o fin do Imperio Romano de Occidente. Destacan os suevos, visigodos, ostrogodos, francos e anglosaxóns que formarían reinos independentes en Europa.
Hunos
Pobo procedente da estepa de Asia e cuxa invasión da Europa central provocou o movemento dos pobos xermánicos que acabarían por adentrarse no Imperio Romano.
Xustiniano
Emperador do Imperio Bizantino durante o século VI que destaca por ampliar o Imperio intentando recuperar o Imperio Romano de Occidente, crear o **Código Xustiniano** e engrandecer a capital Constantinopla.
Corpus Iuris Civilis (Código de Xustiniano)
Conxunto de leis romanas recompiladas e actualizadas durante o reinado de Xustiniano.
Marcas
Provincias fronteirizas do Imperio Carolinxio cun carácter defensivo e gobernadas por un xefe político e militar chamado **marqués**.
Conceptos do Islam
Islam
Relixión monoteísta co seu deus, **Alá**. Orixinouse en Arabia e foi difundida polo profeta **Mahoma**. Os seguidores do Islam denomínanse **musulmáns**.
Corán
Libro sagrado dos musulmáns. Contén a doutrina revelada por Alá a Mahoma.
Héxira
Fuxida de Mahoma da cidade da **Meca** a **Medina** no ano 622. Este feito é considerado o inicio do **calendario musulmán**.
Kaaba
Santuario que alberga a **pedra negra** situado na cidade da Meca. Segundo a tradición foi construído por **Abrahán** e o seu fillo **Ismael** por orde de Alá. Actualmente é o lugar de **peregrinación** para os musulmáns.
Califato
Gobernador do Imperio que concentra o **poder relixioso** e o **poder político** (gobernaba, administraba a xustiza e dirixía o exército).
Medina
Parte da cidade situada dentro das murallas. Rodeada dun recinto fortificado e presenta un **plano irregular**.
Mesquita
Edificio destinado para a **oración islámica**. Dividida en dúas partes: o patio e a sala de oracións. Tamén presenta un **minarete**, torre que serve para chamar á oración.
Mahoma
Profeta da relixión islámica e fundador do Islam. Comerciante da cidade da Meca que a partir da revelación do arcanxo **Gabriel** comeza a propagar unha nova relixión monoteísta.
Outros Conceptos Medievais
Cisma de Oriente
Representa a división da Igrexa Cristiá en 1054 en **Igrexa Católica** (recoñecen a figura do **Papa** como cabeza da Igrexa) e a **Igrexa Ortodoxa ou Bizantina**, dirixida polo **Patriarca de Constantinopla**.
Icona
Imaxe relixiosa pintada sobre táboa, característica da **arte bizantina**.
Ruralización
Proceso característico da Europa medieval durante os reinos xermánicos que consiste no **predominio das actividades agrarias** e o **abandono das actividades urbanas** como a artesanía e o comercio.
Foedus ou Pacto
Acordo entre os romanos e os xermanos; a cambio de terras dentro do Imperio Romano, os xermanos debían formar parte do exército romano.
Arco de Ferradura
Arco de medio punto máis alongado e que ten forma de ferradura. Característico da **arte visigoda** e empregado tamén pola **arte islámica**.
Carlomagno
Emperador Carolinxio que intentou restaurar o Imperio Romano. Establecería a capital en **Aquisgrán** e promovería un **renacemento cultural**.
Miniaturas
Pinturas de pequeno tamaño sobre **pergameo** que ilustraban libros, como os **evanxeliarios**, característica da **arte carolinxia**.