Termos Esenciais do Sector Primario: Agricultura, Silvicultura e Axudas Europeas

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,3 KB

Agricultura Ecolóxica

Sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma, baseada na utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese ou organismos xeneticamente modificados —nin para fertilizantes nin para combater as pragas—, logrando deste xeito obter alimentos orgánicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio.

Denominación de Orixe

É un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola cuxa calidade ou características se deben fundamental e exclusivamente ao medio xeográfico no que se produce, transforma e elabora. Os produtores que se acollen á denominación de orixe comprométense a manter a calidade o máis alta posible e a conservar certos usos tradicionais na produción. Un consello regulador autoriza a exhibir o distintivo aos produtores da zona que cumpren as regras. Esta figura facilita o acceso dos produtores a mercados nacionais e internacionais.

Silvicultura

Actividade que trata do cultivo de montes e bosques. A práctica máis habitual da silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á produción de madeira, leña ou resinas, pero que tamén pode ter un efecto positivo en:

  • A protección de concas hidrográficas.
  • A conservación de hábitats naturais —susceptibles de integrarse en parques naturais protexidos—.
  • O desenvolvemento de espazos recreativos.

FEAGA: Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria

Serve para apoiar os agricultores da UE a través de diferentes réximes de pago, incluíndo:

  • Un réxime de pagamento básico.
  • Un pago por utilizar métodos de agricultura sostible (pagos verdes directos).
  • Un pago para agricultores mozos.

Todos os pagos están suxeitos ao cumprimento das normas da UE sobre seguridade alimentaria, protección ambiental e benestar animal. O FEAGA tamén financia medidas de apoio e estabilización dos mercados agrícolas, incluíndo, entre outras:

  • Axudas sectoriais (viño, froita, hortalizas e aceite de oliva).
  • Medidas excepcionais para as variacións do mercado.
  • O programa comunitario de froitas, hortalizas e leite nos centros escolares.

Entradas relacionadas: