Transformación Social del Siglo XIX: El Ascenso Burgués y la Nueva Estructura de Clases

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 2,78 KB

Las Revoluciones Liberales y la Reconfiguración de la Sociedad

As revolucións liberais provocaron profundas transformacións na estrutura social herdada do Antigo Réxime. Non cabe dúbida de que o século XIX é o século do ascenso da burguesía, grupo social que acadará a hexemonía social e que impoñerá o liberalismo como novo sistema.

Os antigos grupos tradicionais perden a súa posición hexemónica ante a aparición dunha nova sociedade clasista baseada no poder económico de cada individuo. Como consecuencia, os grupos sociais incluíronse en tres clases, segundo a súa riqueza:

As Clases Altas

As clases altas eran un grupo reducido que comprendía a antiga nobreza, o clero e a burguesía.

1. A Nobreza

  • Perde os dereitos señoriais (privilexios fiscais e xudiciais).
  • Adáptase á nova situación xa que consolida a súa riqueza ó lograr a propiedade privada dos señoríos e incluso os aumenta coa compra de terra desamortizada.

Exemplo en Galicia: Non se aboliron todos os contratos forais do Antigo Réxime e en moitos casos, foron os grupos intermediarios, como a fidalguía, a que rematou comprando os bens que xa viña explotando como posuidora indirecta.

2. O Clero

Sufriu máis cos cambios:

  • Perden patrimonio coas desamortizacións e tamén os seus privilexios e decrece en número.
  • A súa resposta adaptativa foi pregarse a posturas moi conservadoras e tradicionalistas (carlismo) e tratar de manter a súa influencia nunha sociedade que, lembremos, era eminentemente católica e, polo tanto, sobre a que exercía unha grande influencia.
  • No Concordato de 1851 consegue o monopolio do ensino e da censura, así como unha forte financiación por parte do Estado.
  • Peor o pasará durante o Sexenio Democrático, coa liberdade de cultos, feito que explica a súa labor en prol da súa caída e a súa alianza co sistema fraudulento da Restauración borbónica.

3. A Alta Burguesía

Motor das revolucións liberais, estaba integrada principalmente por comerciantes, financeiros, industriais, profesionais liberais e clases propietarias en xeral.

Características en España:

En España, nun principio non era moi numerosa o cal a levou a ter un espírito pouco emprendedor tendente a imitar as formas de vida da nobreza, salvo en casos entre os que destacan a burguesía catalá e vasca, tremendamente activa no desenvolvemento industrial e financeiro.

Xunto coa nobreza rica, conformaban o que denominamos oligarquía, que detentou o poder político e social principalmente, con poucas ganas de compartilo.

Entradas relacionadas: