Transformación Urbana: Expansión, Decadencia y Revitalización de las Ciudades
Clasificado en Geografía
Escrito el en español con un tamaño de 4,72 KB
Nos últimos anos producíronse cambios decisivos na morfoloxía urbana. O modelo de cidade mediterránea, compacta, foi substituído polo tipo de cidade difusa de modelo anglosaxón. A cidade difusa ou dispersa esténdese horizontalmente e está separada en áreas especializadas e monofuncionais: zonas residenciais (diferenciadas por prezos e por grupos sociais), áreas comerciais, zonas de lecer, centros de ensino, universidades, barrios administrativos e de oficinas... Ademais, diminúe aquilo que é propio da cidade: o contacto humano, os intercambios e a sociabilidade. Trátase dunha zona urbana caracterizada pola mestura de usos e de funcións e pola tendencia a ocupar un territorio moi extenso.
A dispersión ou espallamento urbano implicou unha aceleración na ocupación do espazo, xa que os modelos de urbanismo suburbano son altamente consumidores de solo. Tamén implicou unha exacerbación da mobilidade individual: as viaxes pendulares cotiás (por motivos de traballo, estudo ou lecer) aumentaron en número e distancia xa que o ámbito de relación pasou a ser o da escala rexional metropolitana.
Decadencia de los Centros Históricos
A partir da segunda metade do século XX, os centros históricos de moitas cidades españolas comezaron a sufrir unha progresiva deterioración e abandono. Xa a mediados do século XIX, coa construción dos ensanches, as clases altas comezaron a abandonar os centros históricos, e despois tamén o fixeron outros grupos sociais. Desde mediados do século XX, intensificouse a perda de poboación nestas zonas. A maior parte dos que permaneceron eran anciáns con baixos niveis de renda, polo que o centro experimentou un proceso de envellecemento e empobrecemento. Todo isto reflectiuse nunha deterioración urbana, xa que moitas vivendas quedaron baleiras, e noutras non se realizaron as obras necesarias de mantemento e renovación.
Ao mesmo tempo, a actividade económica tamén se foi desprazando cara aos ensanches, onde se podía dispoñer de edificios máis amplos e modernos para instalar os negocios. O centro histórico só foi capaz de reter algúns centros administrativos e eclesiásticos instalados en edificios monumentais, así como os comercios tradicionais, pero gran parte do emprego trasladouse a outras zonas.
Revitalización y Desafíos Actuales
Ao longo das últimas décadas (especialmente, a partir dos anos oitenta do século pasado), as tendencias anteriores vironse, en parte, compensadas por procesos de revitalización destas zonas debido a:
Pese a esta transformación dos centros históricos nos últimos anos, aínda subsisten alguns problemas; especialmente nalguns barrios onde, so envellecemento da poboación e o baixo nivel de renda, se unen a marxinación social e a conformación de áreas cunha forte concentración de imigrantes, o que dificulta a súa integración no conxunto da sociedade
Glosario de Términos Urbanos
- Área suburbana: Territorio próximo ás cidades que, polas súas características, constitúe unha zona de transición entre o núcleo urbano propiamente dito e o espazo rural adxacente.
- Área metropolitana: Unha área ou zona metropolitana é unha rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e de servizos, todo iso organizado dun xeito centralizado. Tamén se coñece como rede urbana.
- Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU): O Plan Xeral de Ordenación Urbana, (PXOU), é un instrumento de plan xeral definido na normativa urbanística de España como un instrumento básico de ordenación integral do territorio dun ou varios municipios, a través do cal se clasifica o chan, se determina o réxime aplicable a cada clase de chan, e se definen os elementos fundamentais do sistema de equipamentos do municipio en cuestión.
- Xentrificación: O aburguesamento, ou xentrificación, é un proceso de transformación urbana no que a poboación orixinal dun sector ou barrio deteriorado e con pauperismo é progresivamente desprazada por outra dun maior nivel adquisitivo á vez que se renova. O termo é un neoloxismo que procede do inglés "gentrification".
A xentrificación comeza cando un grupo de persoas de certo nivel económico descobren un barrio que, a pesar de estar degradado e descapitalizado, ofrece unha boa relación entre a calidade e o prezo e deciden instalarse nel. Estes barrios adoitan estar situados preto do centro da cidade ou contar con determinadas vantaxes, como estar situados preto de polos de emprego, etc.