Transformacións Clave na Europa Moderna Temperá
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 3,3 KB
Recuperación Demográfica e Económica
- Incremento da poboación
- Excedentes agrícolas
- Melloras na navegación e na produción artesanal
- Crecemento da banca
- Creación das letras de cambio
Ascenso da Burguesía
- Baseábase na posesión de capital
- Xurdiron as primeiras empresas capitalistas
- Asentáronse as bases do capitalismo comercial
O Fortalecemento da Monarquía
Os reis impóñense á nobreza feudal. Centralizaron o poder nas súas mans. Consolidouse así a monarquía autoritaria:
- (Reis Católicos de Castela)
- Estes crearon exércitos permanentes
- Instauraron unha burocracia e unha facenda para controlar a administración e finanzas do reino
- Crearon unha diplomacia para establecer relacións entre países aliados
Os Humanistas e as Academias
- Teocentrismo: situar a Deus no centro do mundo
- Antropocentrismo: situar ao ser humano no centro da natureza (idea central)
- Petrarca: italiano, primeiro gran humanista
- Erasmo de Rotterdam: o máis prestixioso e universal
- Pico della Mirandola: aspiraba a unha síntese da cultura clásica, xudía e cristiá
- Baltasar Castiglione: definiu o modelo perfecto de humanista
- Vesalio: practicou a anatomía para coñecer o funcionamento do corpo humano
- Copérnico: propuxo a teoría heliocéntrica (a Terra xira arredor do Sol)
Creáronse as academias, que se dedicaban á tradución de manuscritos e ao intercambio de coñecementos, teorías e opinións.
A Reforma Protestante
A crise espiritual da Igrexa (motivos do descontento):
- Luxo esaxerado
- Escasa cultura e relaxación dos costumes do clero
- Compravenda de cargos eclesiásticos
- Venda de bulas e indulxencias
Crítica de Martiño Lutero
En 1517, o frade agostiño alemán publicou unha lista de 95 teses contra a doutrina católica e a xerarquía eclesiástica.
Tres Principios Básicos:
- Salvación pola fe: salvación eterna por crer en Deus
- Autoridade da Biblia: debía ser lida e interpretada libremente, sen sacerdotes
- Sacerdocio universal: fai de todos os bautizados os seus propios sacerdotes
O Concilio de Trento
A Igrexa crea un proceso (Contrarreforma) para frear a expansión do protestantismo.
O Papa Paulo III convoca un concilio en Trento (Italia) para a corrección de erros da Igrexa.
O Tribunal da Inquisición
O Papa creou en 1542 a Congregación do Santo Oficio.
Tribunal encargado de perseguir e castigar a quen se desviaba dos dogmas da Igrexa.
Este sometía aos sospeitosos a un xuízo chamado auto de fe.
Fúndase a Congregación do Índice, que elaboraba e publicaba a lista de libros contrarios á doutrina católica, cuxa lectura estaba prohibida aos crentes.